Saltar ao contido

Stella Hackel Sims

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaStella Hackel Sims

Stella Hackel Sims
Directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos
(1977-1981)

Biografía
Nacemento(en) Stella Bloomberg Editar o valor en Wikidata
27 de decembro de 1926
. Burlington.
Vermont.
State treasurer (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Estadounidense
Educación Universidade de Vermont.
Universidade de Boston.
Actividade
OcupaciónXurista, política e alta funcionaria.
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata


Stella Bloomberg —de solteira— ou Stella Hackel Sims, nada en Burlington, Vermont, o 27 de decembro de 1926, é unha xurista, política e alta funcionaria estadounidense que ocupou o cargo de directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1977 e 1981.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Stella Bloomberg naceu en 1926 en Burlington, Vermont, e logo de recibir a primeira educación na súa localidade, cursou estudos superiores na Universidade de Vermont, onde se graduou en 1945, e posterormente acadou o seu doutoramento en Dereito na Universidade de Boston, en 1948.[1][2]

Carreira pública

[editar | editar a fonte]

En 1956 foi elixida fiscal do tribunal da cidade de Rutland, en Vermont, cargo que ocupou ata 1963. Entre 1963 e 1973 foi comisionada do Departamento de Seguridade Laboral de Vermont, e no bienio 1971-1972 compaxinou este cargo coa presidencia da Conferencia Interestatal de Axencias de Seguridade Laboral.[1][2]

En 1974 foi designada como candidata polo Partido Demócrata para tesoureira do Estado de Vermont, cargo que desempeñou durante un mandato, de 1975 a 1977, logo do cal regresou a Rutland como fiscal. Tamén foi a candidata demócrata nas eleccións a gobernadora de Vermont de 1976, mais perdeu ante o republicano Richard A. Snelling.[1][2]

En 1977, o presidente Jimmy Carter nomeouna directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos e exerceu este cargo entre novembro dese mesmo ano e abril de 1981. Como feito máis relevante neste período pódese destacar o seu labor de supervisión no lanzamento do coñecido como dólar Susan B. Anthony, en 1979.[1][2][3]

En 1978 atraeu a controversia tanto dos numismáticos como dos historiadores ao ordenar a destrución dos rexistros da Casa da Moeda.[4][5]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Stella Bloomberg casou o 14 de agosto de 1949 con Donald Herman Hackel, con quen tivo dúas fillas. Logo do falecemento deste, casou en segundas nupcias o 28 de agosto de 1980 con Arthur Sims (finado en 2006).[6] Logo dos seus matrimonios, colleu os apelidos dos seus maridos e pasou a ser coñecida inicialmente como Stella Hackel e despois Stella Hackel Sims.[1]

Sims retirouse en 1988 e trasladouse a vivir ao condado de Arlington, en Virxinia, e a Naples en Florida.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Stella Bloomberg Hackel-Sims". Prabook.com
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Hackel-Sims, Stella". En Duffy, J. et al. (ed). (2003). Páxina 148.
  3. McPike, S. (2015).
  4. "Why did Stella Hackel Sims Destroy Valuable Mint Records?". En Montgomery, P. et al. (2005). Million Dollar Nickels: Mysteries of the Illicit 1913 Liberty Head Nickels Revealed. Zyrus Press. Páxina 47. ISBN 978-0-9742371-8-3
  5. Julian, R. W. (2001). "Hackel's Mint Record Destruction". En The E-Sylum. Volume 4. Nº 22. 27 de maio.
  6. "Obituary: Arthur I. Sims M.D.". En The Washington Post. 15 de xaneiro de 2006.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Mary Brooks

Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

1977 - 1981
Sucesor:
Donna Pope