Saltar ao contido

Stenella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Stenella

Stenella coeruleoalba
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Superfamilia: Delphinoidea
Familia: Delphinidae
Subfamilia: Delphininae
Xénero: Stenella
Gray, 1866 [1]
Especies
Véxase o texto
Sinonimia
Referencia:[1]
  • Clymene Gray, 1864
  • Euphrosyne Gray, 1866
  • Fretidelphis Iredale e Troughton, 1934
  • Micropia Gray, 1868
  • Prodelphinus Gervais in P.-J. van Bénéden and Gervais, 1880

Stenella é un xénero de cetáceos odontocetos da familia dos delfínidos que reúne cinco especies que se encontran en mares temperados e tropicais de todo o mundo.

Son dos golfiños oceánicos máis coñecidos e máis difundidos, xunto coa especie Tursiops truncatus, en particular porque adoitan nadar axilmente diante da proa das embarcacións.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O nome deste xénero foi creado por John Edward Gray en 1866, que o tomou do diminutivo latinizado da palabra do grego antigo στενός stenós, "estreito", en alusión ao bico e a que inicialmente se pensou que era un subxénero do xénero Steno.

O xénero comprende cinco especies:[1]

Características

[editar | editar a fonte]

As principais características das especies do xénero Stenella son:[2]

  • Corpo parecido ao do arroaz, do que se distinguen porque non presenta manchas no corpo, ou ás veces só unhas poucas.
  • Coloración gris, máis ou menos escura, na rexión dorsal, máis clara na ventral que, nalgunhas especies, chega a ser branca ou case branca.
  • Case todas as especies presentan manchas escuras, tanto no dorso como no ventre, cando son adultos.
  • Bico estreito e acabado en punta.
  1. 1,0 1,1 1,2 Stenella Gray, 1866 en ITIS.
  2. Carwradine, M. (1995), pp. 180-189.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]