Sudán Anglo-Exipcio
Aparencia
Himno | God Save the King | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Khartún | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua árabe | ||||
Relixión | Islam, Animismo e cristianismo | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1899 | ||||
Disolución | 1 de xaneiro de 1956 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | colonia condominio | ||||
Moeda | Libra exipcia | ||||
O Sudán Anglo-Exipcio, refírese á maneira na que o Sudán foi administrado entre os anos 1899 e 1956, cando era cogobernado polo Reino de Exipto e o Reino Unido.
O norte do Sudán sempre tivo lazos lingüísticos, culturais, relixiosos e económicos con Exipto e tiña pertencido parcialmente ao mesmo en periódos intermitentes dende os tempos dos faraóns. Tendo en conta isto, no ano 1820, o wali Muhammad Ali Pasha segue unha política de expansión do reino exipcio moi agresiva invadindo o norte do Sudán. Esta campaña de expansión que buscaba a Unidade do val do Nilo, durará xeracións, sendo o neto de wali Ismail Pasha quen conquistaría a maior parte do resto do actual Sudán.