Suintila
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2013.) |
Nome orixinal | (la) Suinthila, Swinthila, Suinthilanus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 594 (Gregoriano) |
Morte | Despois de 636 Toledo, España |
Rei dos visigodos | |
621 – 631 ← Recaredo II – Sisenando → Xunto con: Recimir (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo niceno |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Rei dos visigodos (621–631) |
Cónxuxe | Theodora |
Fillos | Recimir, Liuvigoto, Agila |
Irmáns | Geila |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie |
Suintila (? - 634) foi rei dos visigodos entre os anos 621 a 631.
Combatía contra os territorios baixo poder bizantino na Península Ibérica desde o ano 620 á ordes de Sisebuto. Ao ano seguinte foi elixido rei, despois da morte de Recaredo II.
Xa rei, Suíntila proseguiu a loita contra os bizantinos que ocupaban partes da Bética desde o século VI. Conseguiu expulsalos e fortalecer o poder visigodo na Península Ibérica.
Outro proxecto do rei foi o de reforzar a autoridade da coroa fronte á nobreza e á Igrexa. Tentou trocar a sucesión electiva visigoda pola hereditaria, mais os poderes instalados reaccionaran fortemente contra tal disposición que crearía unha liña dinástica, convertendo esta tentativa no maior fracaso de Suíntila.
En 631 Sisenando, gobernador da Septimania, organizou unha conxura que puxo fin ao reinado de Suíntila. No IV Concílio de Toledo, en 633, presidido por Isidoro de Sevilla, arcebispo de Sevilla, Suíntila foi excomulgado e todos os seus bens foron confiscados. Nese mesmo concílio, Sisenando foi lexitimado como rei, restablecendo oficialmente o carácter electivo da monarquía visigoda. Suíntila morreu un ano despois.
Predecesor: Recaredo II |
Rei dos visigodos 621-631 |
Sucesor: Sisenando |