Saltar ao contido

Superbatalla na Terra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Superbatalla na Terra
Ficha técnica
Título orixinalDoragon Bōru Zetto: Chikyū Marugoto Chōkessen
DirectorDaisuke Nishio
ProdutorChiaki Imada
Tamio Kojima
GuiónTakao Koyama
Baseado enDragon Ball de Akira Toriyama
MúsicaShunsuke Kikuchi
DistribuidoraToei Animation
Estrea1990
Duración60 minutos
Orixe Xapón
XéneroAnimación
Filme anteriorO máis forte do mundo
Filme seguinteSon Goku superguerreiro
Na rede
IMDB: tt0142233 Filmaffinity: 730948 Allocine: 147994 Rottentomatoes: m/dragon_ball_z_tree_of_might Allmovie: v176866 Netlix: 7773605 Editar o valor en Wikidata

Superbatalla na Terra (ドラゴンボールZ この世で一番強いヤツ Doragon Bōru Zetto: Chikyū Marugoto Chōkessen?) é un filme de animación xaponesa dirixido por Daisuke Nishio que se estreou en 1990. Sexto filme baseada no manga e anime Dragon Ball creado por Akira Toriyama e terceiro da etapa Dragon Ball Z.

Oolong, Son Gohanda, Bulma e Krilín gozan dunha acampada, ata que unha nave espacial aterra perigosamente no bosque onde estaban e ocasiona un incendio. Por sorte Krilín e Son Gohanda conseguen apagalo incendio. Aquí Son Gohanda coñece á súa mascota preferida, o dragón voador, a quen salvou da catástrofe que ameazaba o bosque onde vivía. Deciden reunir as Bólas do Dragón para restaurar o bosque por completo. De volta a casa, Chichi non está satisfeita con Gohan, pois quere que continúe cos seus estudos e estea menos tempo cos amigos de Goku.

Daquela nave espacial saen Turles, un dos guerreiros do espazo que sobreviviu á destrución que Freezer ocasionou ó Planeta Vexeta; moi semellante a Goku, conta cunhas curiosas forzas especiais: Rakasei, Cacao, Lesn, Amond e Daizu. Turles sabe que Goku está na Terra grazas ó seu rastrexador e fai medrar unha semente da Árbore do zume sagrado (神精樹 Shinseiju?), que segundo os seus propósitos absorberá a enerxía da Terra. Ademais, o froito da árbore aumenta a enerxía de quen se alimente del. Kaiō do norte avisa a Goku da aparición deste saiyan, así Son Goku, Son Gohanda, Krilín, Piccoro, Yamcha, Ten Shin Han e Chaoz derrotan ós secuaces de Turles non sen certas dificultades.

Tras unha difícil batalla, Goku destrúe a Turles e á árbore cunha Genkidama e a Terra recupera toda a súa enerxía.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Personaxes exclusivos do filme

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Turles.
Seiyū: Masako Nozawa

É un membro dos Guerreiros do espazo que traballa pola súa conta conquistando planetas. Ten unha aparencia case igual á de Goku pero cunha pel máis escura. Isto débese, segundo explica el mesmo, a que ambos son guerreiros de clase baixa, os cales contan con poucos fenotipos. En cada planeta que conquistaba plantaba unha semente da devandita árbore, e ó comer o seu froito o seu poder de pelexa foi aumentando notablemente.

O seu nome é un anagrama da palabra en inglés para leituga, Lettuce (レタス Letasu?).

Seiyū: Banjō Ginga.

Amond (アモンド Amondo?) é un alieníxena baixo o mando de Turles, parece un humano alto e moi musculoso pero con pel de cor laranxa, ten cabelo cor viño. Pelexa e vence a Krilín pero logo é vencido por Goku. O seu nome é unha deformación da palabra en inglés para Améndoa, Almond (アーモンド Āmondo?).

Seiyū: Yūji Machi.

Daizu (ダイーズ Daīzu?) é un alieníxena baixo o mando de Turles, ten a aparencia dun humano musculoso, ten o cabelo azul amarrado nunha cola de cabalo. Pelexa dúas veces contra Goku, quen o vence ambas. O seu nome é unha deformación da palabra en xaponés para Soia, Daizu (大豆?).

Seiyū: Nobuo Satouchi.

Cacao (カカオ Kakao?) é un alieníxena baixo o mando de Turles, é un Cyborg, o seu corpo é de cor rosa cunha armadura prateada. Pelexa e vence a Yamcha pero logo é vencido por Goku. O seu nome provén de Cacao.

Lesn & Rakasei

[editar | editar a fonte]
Seiyū: Kenji Utsumi.

Lesn (レズン Lezun?) e Rakasei (ラカセイ?) son dous alieníxenas baixo o mando de Turles, son dous xemelgos pequenos que poden xuntarse nun só corpo, parécense a Gurd pero sen ollos extra. Pelexan e vencen a Ten Shin Han e Chaoz pero logo son vencidos por Goku. O nome de Lesn é un anagrama da palabra en inglés para lentella, Lens (レンズ豆 Lenzu?), o de seu xemelgo é unha deformación da palabra en xaponés para maní, Rakkasei (落花生?).

Tema de apertura CHA-LA HEAD-CHA-LA - Hironobu Kageyama

Tema de peche "Marugoto" (まるごと?) - Hironobu Kageyama e Ammy

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]