Saltar ao contido

Tórax

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tórax humano nunha vista anterior: diante e no centro, o esterno. Nos lados vense as costelas e detrás, en segundo plano, a columna vertebral dorsal.

O tórax é a parte do corpo humano que está entre a base do pescozo e o diafragma. Contén os pulmóns, o corazón, grandes vasos sanguíneos como a arteria aorta (ascendente, arco e descendente), a vea cava inferior, a cadea ganglionar simpática de onde saen os esplácnicos, a vea ácigos maior e menor, o esófago, o conduto torácico e a súa división é o mediastino.

Ten a forma de cono truncado ou pirámide cuadrangular e a súa parede está formada polas costelas e os músculos intercostais polos lados, que se unen por diante ao óso esterno por medio das cartilaxes costais, e por detrás á columna vertebral dorsal. A función desta "caixa" é a de protexer os órganos internos de traumatismos mecánicos.

A caixa torácica ten a particularidade de ensancharse para permitir a inspiración. Ademais, o último par de costelas denomínase flotante, xa que só está unido ás vértebras na parte posterior. Anteriormente, este par é libre: isto permite o seu ensanchamento no embarazo.