Saltar ao contido

Teide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaTeide
(es) No ponen es tado del volcan csmr Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipovolcán
punto de referencia Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaMacaronesia Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaParque Nacional do Teide Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaProvincia de Santa Cruz de Tenerife, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 28°16′22″N 16°38′37″O / 28.27264, -16.64361
Características
Altitude3.715 m Editar o valor en Wikidata
Prominencia topográfica3.715 m Editar o valor en Wikidata
Illamento topográfico893 km Editar o valor en Wikidata
Material usadobasalto
fonólito (pt) Traducir
Traquibasalto (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

O Teide é un volcán situado na illa de Tenerife (Illas Canarias). Cunha altura de 3.718 m sobre o nivel do mar e uns 7.000 m sobre o fondo oceánico, é o cume máis alto de España, así como de calquera das illas atlánticas, sendo o terceiro volcán da Terra en altura, medindo dende a súa base, despois do Mauna Loa e o Mauna Kea, ambos na illa de Hawai. O Teide é un estrato-volcán do tipo estromboliano.

Para os guanches este volcán recibía o nome de Echeyde (que tras unha castelanización do nome derivou no nome actual), que significaba inferno. Segundo as súas crenzas, nel vivía Guayota,o demo do mal.

En 1954 o Teide e todo o circo do seu arredor foi englobado no Parque Nacional das Cañadas del Teide. Actualmente utilízase o nome de Parque Nacional do Teide e, como celebración do 50 aniversario da súa transformación en Parque Nacional, estanse recollendo sinaturas para que a Unesco o declare Patrimonio da Humanidade. En 2007 foi nomeado Patrimonio da Humanidade.

No mesmo Teide está situado o Refuxio de Montaña de Altavista e un teleférico que ascende desde a súa aba a uns 2.350 m até A Rambleta, a uns 3.555 m, en moi poucos minutos. O ascenso até o cume está prohibido, mais pódese obter un permiso especial nas oficinas do Parque Nacional en Santa Cruz de Tenerife.

Os romanos denominaban a illa co nome de Nivaria, pola neve do volcán. O nome actual da illa tamén garda relación co volcán, xa que llo puxeron os benehaoritas (os guanches da Palma). O nome formouse a partir de "Tene-" (montaña) e "-ife" (branca), engadíndose un -r para unir ambas as palabras, quedando Tenerife.

No caderno de bitácora de Cristovo Colón aparece unha referencia ao Teide en erupción. En 2004, unha serie de pequenos tremores no norte da illa provocou un grande interese de xeólogos e vulcanólogos.

Localización

[editar | editar a fonte]

Está situado dentro do Parque Nacional do Teide no centro xeográfico da illa de Tenerife e conforma un elemento moi emblemático, destacando as súas características xeomorfológicas específicas que definen a súa paisaxe convérteno no símbolo natural máis emblemático da illa de Tenerife e do arquipélago canario.

Cunha de extensión 3.606,7 hectáreas áchase dentro dos límites municipais de La Orotava, Santiago del Teide, Guía de Isora, Vilaflor de Chasna, Fasnia e Icod de los Vinos.

Panorama desde Los Roques de García
Teide 3D