Teodebaldo, rei dos francos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 534 valor descoñecido |
Morte | 555 (Gregoriano) (20/21 anos) valor descoñecido |
Rei dos francos | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Rei dos francos (547–555) |
Familia | Dinastía Merovinxia |
Cónxuxe | Waldrada |
Pais | Teodeberto I e Deuteria |
Irmáns | Bertoara |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie |
Teobaldo (en latín Theobaldus, de theut "pobo",[1] e bald "ousado" "atrevido"[2]; en francés Thibaut ou Théobald), nado conrtra 535 e finado en 555 foi o quinto rei franco de Metz.
Así mesmo, foi correi dos burgundios, con Clotario I e Childeberto I.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Teobaldo era fillo de Teodeberto I e da súa esposa Deuteria,[3] e converteuse en rei de Metz en 548 á morte de seu pai,[4] sendo aínda menor de idade (tiña uns 13 anos).[5] Un gobernador asegurou a dirección do reino na súa minorfdade.[5]
Os alamáns, que estiveran sometidos ao reino de Metz desde o reinado de seu pai, seguiron sendo leais a Teobaldo.[5]
Contra 552 Teodebaldo casou con Waldrada, filla do rei longobardo Wacho e irmá da raíña Wisigarda, segunda esposa de seu pai.[6] Este matrimonio permitiu estreitar os lazos cos seus aliados longobardos.
Porén, Teodebaldo non foi capaz de conservar as conquistas territoriais de seu pai no norte de Italia. Unha embaixada dos ostrogodos pediulle o apoio dos francos contra os bizantinos, pero Teodealdo, ao igual que fixera o seu pai, evitou o confrontamento directo cos bizantinos, e rexeitou apoiar aos ostrogodos. Porén, Leutario e o seu irmán Bucelino, de orixe alamá, que foran nomeados comandantes dos exércitos por Teodeberto I, aceptaron loitar canda os ostrogodos,[7] e levantaron un exército formado por setenta e cinco mil homes de orixe franca e alamá.[8] Este exército franco apoderouse de Parma, e Bucelino fixo retroceder aos bizantinos, comandados polo xeneral hérulo Fulcaris, e así puideron ocupar todas as cidades dos ostrogodos.[9] A continuación saquearon todo o país, aínda que respectaron as igrexas, respecto que os alamáns, de relixión pagá, non compartían. Así, violaron sistematicamente os lugares sagrados.[10] Leutario, finalmente, decidir regresar á Galia, deixando ao seu irmán Bucelino, que fixo un xuramento aos ostrogodos para loitaren contra os bizantinos.[11]
Pero o emperador Xustiniano I foi quen soubo minar a alianza franco-longobarda e, en 552, enviou un exército, comandado polo xeneral Narsés á conquista da península. Como consecuencia, Italia quedou baixo o dominio do Imperio bizantino.
Teobaldo, que sufría unha discapacidade física, incluso dexenerativa,[12] empeorou até o punto de quedar completamente incapacitado e, finalmente, morreu en 555, antes de cuplrir os 20 anos, e sen ter deixado descendencia.[13] O reino de Metz pasou a mans do seu tío avó Clotario I, que casou coa súa viúva,[6] logrando así reunificar o antigo Reino Franco, que fora dividido por Clodoveo I.
Predecesor: Teodeberto I |
Rei dos francos de Metz 524 – 558 |
Sucesor: Clotario I (Soissons) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ivan Gobry: Clotaire II, collection " Histoire des rois de France", éditions Pygmalion, p. 11.
- ↑ Stéphane Lebecq (1990): Les origines franques, Ve – IXe siècle, "Nouvelle histoire de la France médiévale, 1", pp. 108-109.
- ↑ Gregorio de Tours, Histoire des Francs, libro III, 27.
- ↑ Marius d'Avenches Chronique, a. 548.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Agatías. Histoires, libro I, III, 6.
- ↑ 6,0 6,1 Gregorio de Tours. Histoire des Francs, libro IV, 9.
- ↑ Agatías. Histoires, libro I, IV, 3.
- ↑ Agatías. Histoires, libro I, VI, 1.
- ↑ Agatías. Histoires, libro II, I, 2.
- ↑ Agathias, Histoires, libro II, I, 3.
- ↑ Agatías. Histoires, libro II, II, 1.
- ↑ Ferdinand Lot (1948): Naissance de la France, Fayard, p. 52.
- ↑ Marius d'Avenches. Chronique, a. 555.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gregorio de Tours: Histoire des Francs, (trad. por Robert Latouche), col. "Les Classiques de l'histoire au Moyen Âge, 27-28", Pasís: Les Belles Lettres, 2 tomos, reedición en 1995. ISBN 2-2513-4047-5.
- Marius d'Avenches (2006): Chronique, colección "Sources de l'Histoire", éditions Paléo. ISBN 2-8490-9207-X.
- Agatías: Histoires, Guerres et malheurs du temps sous Justinien (trad. de Pierre Maraval) París: Les Belles Lettres, 2007. ISBN 2-2513-3950-7.