Teodoro o Ateo
Nome orixinal | (grc) Θεόδωρος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 340 a. C. Cirene, Libia |
Morte | 250 a. C. (89/90 anos) Cirene, Libia |
Relixión | Ateísmo |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | filósofo |
Período de tempo | Período helenístico |
Movemento | Cirenaicos |
Profesores | Brisón, Aristipo, o Jovem (pt) , Dionysius of Chalcedon (en) , Zenón de Citio e Crates de Atenas |
Alumnos | Bión de Borístenes |
Influencias | |
Descrito pola fonte | 1870 Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en) Deipnosophistai |
- Este artigo é sobre Teodoro o Ateo, non sobre o matemático Teodoro de Cirene.
Teodoro (en grego: Θεόδωρος) o Ateo, de Cirene, foi un filósofo da escola cirenaica que viviu en Grecia e Alexandría arredor do -300. Como membro da escola cirenaica, defendía que o obxectivo da vida era procurar o gozo e evitar a pena.
Biografía
[editar | editar a fonte]Teodoro foi discípulo de Aristipo o Novo,[1] neto do máis coñecido Aristipo.[2] Asistiu ademais a lecturas doutros filósofos como Anniceris, e Dionisio o dialéctico,[1] Zenón de Citio, e de Pirro.[3]
Foi expulsado de Cirene, por unha razón descoñecida;[1] despois estivo en Atenas, de onde tamén foi expulsado. Volveu máis tarde a Cirene, onde morreu.
Pensamento
[editar | editar a fonte]Teodoro foi o fundador dunha corrente que levou o seu nome Theodorei (Θεοδώρειοι), "Teodorianos". As opinións de Teodoro, segundo se infire de Dióxenes Laercio[1], coincidían coas da escola cirenaica. Ensinaba que o obxectivo da vida era procurar o gozo, froito da prudencia, e evitar a pena, causada pola tolemia; que a prudencia e a xustiza son boas e os seus opostos malos, que o pracer e a pena son indiferentes. Non lle daba importancia á amizade ou ao patriotismo, e considerábase cidadán do mundo. Non vía nada incorrecto no roubo, no adulterio ou no sacrilexio, e pensaba que só estaban condenadas pola opinión pública para controlar aos parvos. Non está claro se era realmente ateo ou simplemente desprezaba as crenzas comúns nos deuses. "Apartouse de todas as opinións relativas aos deuses" di Dióxenes Laercio[1]. A denominación de Ateo vén das opinións de Cicerón,[4] Laercio,[1] Plutarco,[5] Sexto Empírico,[6] e algúns escritores cristiáns; mentres que outros (como Clemente de Alexandría)[7] di que só rexeitaba a teoloxía popular.
Escribiu un libro Sobre os deuses (Περὶ Θεῶν), que segundo Laercio, que o consultou[1] había que ter en conta; e engade que foi a fonte de moitas afirmacións de Epicuro. Segundo Suda[3] escribiu varios libros sobre as doutrinas do seu grupo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Diogenes Laërtius, The Lives and Opinions of Eminent Philosophers, ii Arquivado 17 de maio de 2008 en Wayback Machine..
- ↑ Suda, Aristippos.
- ↑ 3,0 3,1 Suda, Theodoros.
- ↑ Cicero, de Natura Deorum, i. 1
- ↑ Plutarch, De Placit. Philos., i. 7
- ↑ Sextus Empiricus, Pyrrhon. Hypotyp., lib. iii.
- ↑ Clemente de Alexandría, Protrept. ad Gentes