Teresa Orjales Vidal
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de marzo de 1964 (60 anos) A Coruña, España |
Embaixador de Espanha em Moçambique (pt) | |
28 de novembro de 2023 – ← Alberto Cerezo Sobrino (en) | |
Ambassador of Spain to Estonia (en) | |
2017 – 2021 ← Fernando García Casas (en) – Guillermo Corral van Damme (en) → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | diplomática , avogada |
Período de actividade | 1991 - |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Mario Orjales Pita |
Teresa Orjales Vidal, nada na Coruña o 16 de marzo de 1964, é unha diplomática e avogada galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Dereito en 1991 e axiña ingresou na carreira diplomática. Como diplomática, os seus primeiros destinos foron nas representacións españolas en Finlandia, Turquía e ante a Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) situada en Bruxelas (Bélxica).
Logo durante estes anos foi xefa de servizo, xefa de área e subdirectora de Comunicación Exterior na Oficina de Información Diplomática; voceira asesora no Gabinete da ministra e do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación; en 2011 pasou a ser directora do gabinete da Presidencia do Congreso dos Deputados, ata que posteriormente exerceu de voceira asesora na Dirección Xeral de Asuntos Europeos e Cooperación co Estado.
Dende o mes de febreiro de 2017, trala aprobación por parte do Consello de Ministros, foi nomeada como a nova Embaixadora do Reino de España na República de Estonia.[1][2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ministerio de Asuntos Exteriores y de Cooperación. "Real Decreto 58/2017, de 3 de febrero, por el que se designa Embajadora de España en la República de Estonia a doña Teresa Orjales Vidal.".
- ↑ Redacción. "TERESA ORJALES, NUEVA EMBAJADORA DE ESPAÑA EN ESTONIA".
- ↑ Europa Press. "Las diplomáticas María Teresa Orjales y María Isabel Vicandi, nuevas embajadoras en Estonia y Noruega". Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2018. Consultado o 26 de marzo de 2018.