Saltar ao contido

Terra Nova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo refírese á illa no Océano Atlántico. Para a provincia canadense antigamente (e aínda coloquialmente) coñecida como Terra Nova, vexa Terra Nova e Labrador.
Modelo:Xeografía políticaTerra Nova
Ktaqmkuk (mic) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 48°33′59″N 55°46′38″O / 48.5664, -55.7772
EstadoCanadá
ProvinciaTerra Nova e Labrador Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación479.538 (2016) Editar o valor en Wikidata (4,41 hab./km²)
Lingua oficialinglés de Terra Nova
francés de Terra Nova
lingua irlandesa de Terra Nova Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie108.860 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porGolfo de San Lourenzo Editar o valor en Wikidata
Altitude814 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoThe Cabox (814 m) Editar o valor en Wikidata
MoedaDólar canadense Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Terra Nova[1][2][3] (en inglés: Newfoundland; en francés: Terre-Neuve; en irlandés: Talamh an Éisc; latín: Terra Nova) é unha grande illa situada na costa nororiental de Norteamérica, e a parte máis poboada da provincia Canadense de Terra Nova e Labrador. A illa de Newfoundland (orixinalmente chamada Terra Nova) foi máis probablemente nomeada por primeira vez polo italiano John Cabot (Giovanni Caboto) en 1497, o que o convertería no máis antigo nome de orixe europea en Norteamérica. A provincia na que a illa está situada chamábase tamén Terra Nova ata o ano 2001, cando o seu nome foi cambiado por Terra Nova e Labrador.

Terra Nova está separada da Península do Labrador polo Estreito de Belle Isle e polo Estreito Cabot. Bloquea a entrada do río Saint Lawrence, creando o golfo de Saint Lawrence, o máis grande estuario do mundo.

Ten 111,390 km² de superficie, o que a converte na décimo quinta illa en tamaño do mundo. A capital da provincia, St. John's, está situada no extremo sueste da illa. O Cabo Spear, ó sur da capital, é o punto máis oriental do Canadá. A illa de Terra Nova ten unha poboación aproximada de 485,000 habitantes.

Pequena comunidade pesqueira de Terra Nova
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para terranovense.
  2. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 122. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014. 
  3. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1445. ISBN 9788482893419. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]