Saltar ao contido

Toñi Vicente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaToñi Vicente
Biografía
Nacemento12 de xaneiro de 1953 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Tomiño, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncociñeira Editar o valor en Wikidata
Premios

Antonia Vicente Rodríguez, chamada Toñi Vicente, nada en Tomiño o 12 de xaneiro de 1953[1], é unha restauradora e hostaleira galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Os seus pais tiñan un restaurante en Tomiño, onde comezou traballando na cociña. Despois dunha bolsa para estudar en Francia co cociñeiro Michel Guérard, abriu en 1982 en Vigo o restaurante Síbaris, que lle deu ampla sona, e que colleitou a segunda estrela Michelin da historia de Galicia para unha cociñeira en 1989. En 1990 dirixiu e presentou o programa gastronómico da TVG Artesa.

En 1992 abriu en Santiago de Compostela o restaurante Toñi Vicente, que recibiu a estrela Michelín en 1993, galardón que mantivo ata o ano 2008. En 1997 recibiu o Premio Nacional de Gastronomía.

En agosto de 2008 foi detida para prestar declaración[2] en relación cunha rede de distribución de vieira contaminada. En 2008, uns meses despois deste suceso, perdeu a estrela Michelin, pero mantivo un sol na Guía Repsol[3], ata que a comezos de 2009 anunciou o peche da actividade do seu restaurante[4].

Posteriormente abriu restaurantes en Ribeira, Cambados e Vigo.[Cómpre referencia].Retirouse da vida profesional na cociña en 2018[5].

  • Toñi Vicente. A miña cociña (Teófilo Edicións, 2021).

Galardóns

[editar | editar a fonte]