Ty Lawson
(2011) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 3 de novembro de 1987 (37 anos) Clinton, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Bishop McNamara High School (en) Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 180 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 88 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2009 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | National Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 10 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Minnesota Timberwolves | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Tywon "Ty" Ronell Lawson, nado o 3 de novembro de 1987 en Clinton, Maryland, é un xogador profesional americano de baloncesto que xoga no Kolossos Rodou B.C. da A1 Ethniki.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]NBA
[editar | editar a fonte]Lawson foi elixido na 18ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Minnesota Timberwolves. Porén, Minnesota elixira a outros dous bases no Draft, e quixeron desfacerse del. Isto deu aos Nuggets a oportunidade de conseguir a un xogador de calidade, e traspasaron a unha futura elección do Draft a Minnesota a cambio de Lawson.[1][2] Lawson tivo unha mellor oportunidade en Denver, xa que era o suplente de Chauncey Billups.
Tras o traspaso que mandou a Billups aos New York Knicks o 22 de febreiro de 2011, o mesmo que mandou a Carmelo Anthony aos Knicks, Lawson converteuse no base titular dos Nuggets. O 9 de abril de 2011, Lawson converteuse no primeiro xogador da historia da NBA en anotar os seus primeiros 10 intentos de tres puntos.
Europa
[editar | editar a fonte]O 15 de agosto de 2011, asinou un contrato dun ano co BC Žalgiris. O acordo incluía unha cláusula que lle permitía volver aos Denver Nuggets unha vez rematara o lockout de 2011.[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Stapleton, Arnie. Wolves trade Lawson to Denver, USA Today, 25 de xuño de 2009.
- ↑ Taylor, Nate. Last first-round pick delivers guard only sweep Arquivado 05 de xullo de 2009 en Wayback Machine., Minneapolis Star-Tribune, 26 de xuño de 2009.
- ↑ "ZALGIRIS inks playmaker Ty Lawson". Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2013. Consultado o 24 de febreiro de 2012.
- ↑ "Ty Lawson taking his game to Lithuania". ESPN.com. ESPN Internet Ventures. 16 de agosto de 2011. Consultado o 16 de agosto de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 20 de abril de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1987
- Nados en Maryland
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Bases de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Minnesota Timberwolves
- Xogadores dos Denver Nuggets
- Xogadores do BC Žalgiris Kaunas
- Xogadores dos Houston Rockets
- Xogadores dos Indiana Pacers
- Xogadores dos Sacramento Kings
- Xogadores dos Shandong Heroes
- Xogadores dos Washington Wizards
- Xogadores dos Fujian Sturgeons
- Xogadores do Kolossos Rodou BC