Urraca Froilaz de Traba
Biografía | |
---|---|
Morte | 1102 |
Familia | |
Familia | Liñaxe Traba[1] Familia Froilaz-Traba |
Cónxuxe | Pedro Froilaz |
Fillos | Vermudo Pérez Fernán Pérez Lupa Pérez Ximena Pérez Froila Pérez |
Pais | Froila Arias e Ardiu Díaz[2] |
Urraca Froilaz (Urraca Froile) foi unha nobre galega de finais do século XI, filla do conde Froila Arias de Traba e Ardiu Díaz de Aranga.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi unha importante aristócrata, descendente dalgunha das mais antigas liñaxes nobiliarias galegas. A súa nai Ardiu Díaz (Ardiu Diat), proviña da familia dos condes de Présaras[4], fundadores do Mosteiro de Sobrado dos Monxes[5], foi filla do conde Diego Gutérrez, mordomo regis do rei Fernando I e da nobre Acenda Seriz. O seu pai o conde Froila Arias, foi señor da terra de Traba[6], nas bisbarras de Soneira e Bergantiños[7], e irmán do bispo Cresconio de Iria, tutor do rei García II.
De ambos proxenitores herdou importantes dominios territoriais[8] e outras posesións. Entre estas últimas, un palacio en Compostela, situado entre o Mosteiro de San Martiño Pinario e a igrexa de Santiago[3], e o Mosteiro de San Xoán de Sabardes, que restaurou e dotou de importantes bens[9]. Por parte da súa nai Acenda, Urraca herdou tamén a reclamación da propiedade do mosteiro de Sobrado dos Monxes. Este mosteiro, pasara á propiedade real após a fracasada revolta de Sexeredo, visabó de Urraca contra o rei Fernando I no ano 1050. Baseándose nesta reclamación, no ano 1118, a raíña Urraca e o seu fillo Afonso VII restituiron o mosteiro aos seus fillos Vermudo e Fernán[10].
Urraca casou no ano 1088 con Pedro Froilaz[11], herdeiro como ela de extensos territorios situados na área noroccidental do reino galego, a unión das pertenzas dos cónxuxes abranguían a maior parte da actual provincia da Coruña, desde o río Tambre até o Mar Cantábrico e desde as terras de Aranga até o océano Atlántico, e conformaron o Condado de Trastámara, cuxo primeiro posesor coñecido foi o propio Pedro Froilaz (in Trastamar comite Petrus Froyle)[12].
Urraca Froilaz faleceu no ano 1102 deixando cinco fillos do seu casamento con Pedro Froilaz[13]:
- Vermudo Pérez de Traba (Vermudo Petriz Galleciae), señor de Faro e Caamouco.
- Fernán Pérez de Traba (Fernandus Petri de Trava), príncipe de Galiza e Conde de Trastámara.
- Lupa Pérez de Traba (comitissa domina loba), condesa de Monterroso.
- Ximena Pérez, da que só se coñece unha doazón do ano 1114.
- Froila Perez, morto prematuramente no ano 1102.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Liñaxe Traba S.X". Xenealoxias do Ortegal. Arquivado dende o orixinal o 16/10/2020. Consultado o 10/12/2018.
- ↑ "Liñaxe Aloitiz S.IX-XI". Xenealoxias do Ortegal. Arquivado dende o orixinal o 28/12/2019. Consultado o 10/12/2018.
- ↑ 3,0 3,1 LÓPEZ SANGIL 2005. p. 22
- ↑ "Liñaxe Aloitiz, s. IX - XI". www.xenealoxiasdoortegal.net. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2019. Consultado o 2018-12-19.
- ↑ López Sangil, Jose Luis (2001). "La fundación del monasterio de san Salvador de Cines" (PDF). Anuario Brigantino (24): 144.
- ↑ "Tenencia Traba". www.xenealoxiasdoortegal.net. Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-19.
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquia galega. Toxos Outos. p. 24. ISBN 978-84-15400-78-3.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1900). Historia de la Santa a.m. iglesia de Santiago de Compostela 3. p. 323.
- ↑ López Morán, Enriqueta (2004). "El Monacato Femenino Gallego en la Alta Edad Media" (PDF). Nalgures (1): 140.
- ↑ López Teixeira, Xosé Antonio (2013). Rex et Regina. Urraca, Afonso Raimúndez e a monarquía galega. Toxos Outos. p. 16. ISBN 978-84-15400-78-3.
- ↑ Barton, Simon (2002-07-18). The Aristocracy in Twelfth-Century León and Castile (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 9780521894067.
- ↑ "Tenencia do condado de Trastámara nos reinados de Urraca I (1109-1126), e Afonso VII (1111 - 1157)". www.xenealoxiasdoortegal.net. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 2018-12-19.
- ↑ LÓPEZ SANGIL 2005. p. 53
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- López Sangil, Jose Luis - A Nobreza altomedieval galega. A familia Froilaz-Traba. Toxosoutos. 2005