Válvula mitral
A válvula mitral (que tamén posúe a denominación de válvula bicúspide, por ter dúas valvas), é unha das catro válvulas que separan os catro condutos ou cavidades cardíacas. É a válvula que separa a aurícula esquerda do ventrículo esquerdo, impedindo que o sangue recúe para a aurícula após ser bombeado desta para o ventrículo. En condicións de normalidade, esta válvula ten un diámetro de entre 4 e 6 cm cadrados. Así pois, diámetros inferiores constitúen unha patoloxía cardíaca coñecida como estenose mitral.
Anatomía
[editar | editar a fonte]A válvula mitral consta de dúas subpezas ou valvas: unha anteroseptal e outra posterolateral ou posterior. Está formada por diferentes estruturas, coma o anel fibroso mitral, as cordas tendinosas e os músculos papilares. Ámbolos dous teñen como función fixar as valvas ao ventrículo, evitando así que na diástole se desplacen do seu sitio.
Ciclo cardíaco
[editar | editar a fonte]Esta valva, xuntamente coa válvula tricúspide, do lado dereito do corazón, féchase cando acontece a sístole ventricular, facendo que o sangue continúe o seu percorrido unidirecional seguindo pola arteria aorta e non recuando cara á aurícula. Esta valva ábrese novamente cando se produce a sístole auricular, de xeito que o sangue pasa cara ao ventrículo.