Vía de Wood-Ljungdahl
A vía de Wood–Ljungdahl ou ruta de Wood-Ljungdahl ou vía do acetil-CoA redutiva é unha vía metabólica utilizada por algunhas bacterias e arqueas.[1] Esta vía permite que certos organismos usen o hidróxeno como un doante de electróns e o dióxido de carbono como un aceptor de electróns e como material para as biosínteses.
Nesta vía o dióxido de carbono é reducido a monóxido de carbono, o cal despois se converte en acetil coencima A. Nestas reaccións participan dous encimas, a monóxido de carbono deshidroxenase e a acetil-CoA sintase. A primeira cataliza a redución do CO2 e a segunda combina o CO resultante cun grupo metilo para dar o acetilo co que se formará acetil-CoA.[1][2]
A vía é propia de bacterias e arqueas, por exemplo en metanóxenos[3] e en bacterias acetóxenas como Clostridium. A diferenza do ciclo de Krebs inverso e do ciclo de Calvin, este proceso non é cíclico.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Stephen W. Ragsdale "Metals and Their Scaffolds To Promote Difficult Enzymatic Reactions" Chem. Rev. 2006, 106, 3317–3337. doi 10.1021/cr0503153
- ↑ Paul A. Lindahl "Nickel-Carbon Bonds in Acetyl-Coenzyme A Synthases/Carbon Monoxide Dehydrogenases" Met. Ions Life Sci. 2009, volume 6, pp. 133–150. doi 10.1039/9781847559159-00133
- ↑ Matschiavelli N, Oelgeschläger E, Cocchiararo B, Finke J, Rother M. Function and regulation of isoforms of carbon monoxide dehydrogenase/acetyl coenzyme A synthase in Methanosarcina acetivorans. J Bacteriol. 2012 Oct;194(19):5377-87. doi: 10.1128/JB.00881-12. Epub 2012 Aug 3. PMID 22865842
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Wood HG (February 1991). "Life with CO or CO2 and H2 as a source of carbon and energy". FASEB J. 5 (2): 156–63. PMID 1900793.
- Diekert G, Wohlfarth G (1994). "Metabolism of homoacetogens". Antonie Van Leeuwenhoek 66 (1–3): 209–21. PMID 7747932. doi:10.1007/BF00871640.