Vaqueros de Bayamón
Aparencia
Vaqueros de Bayamón | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | BSN |
Fundación | 1930 |
Historia | Vaqueros de Bayamón (1930–presente) |
Cores | Azul mariño, laranxa e branco |
Adestrador | Nelson Colón |
Localización | |
Cidade | Bayamón, Porto Rico |
Pavillón | Coliseo Rubén Rodríguez |
Capacidade | 12.000 |
Inauguración | 1988 |
Campionatos | |
Liga | 15 (1933, 1935, 1967, 1969, 1971, 1972, 1973, 1974, 1975, 1981, 1988, 1995, 1996, 2009, 2020) |
vaquerosbsn.net |
Os Vaqueros de Bayamón son un equipo de baloncesto profesional da cidade de Bayamón en Porto Rico. Son membros do Baloncesto Superior Nacional (BSN), a liga de Porto Rico. O equipo foi fundado en 1930 e son o equipo con máis éxito na historia da liga con 15 títulos conseguidos, o máis recente deles acadado no ano 2020.
Pavillón
[editar | editar a fonte]Os Vaqueros de Bayamón xogan os seus partidos como locais no Coliseo Rubén Rodríguez, nomeado así polo xogador de baloncesto de Rubén Rodríguez, que xogou 23 tempadas nos Vaqueros, nas que conseguiu 9 campionatos e numerosos récords da competición. O Coliseo inaugurouse en 1988 e é o terceiro recinto cuberto con maior capacidade de Porto Rico, xa que pode albergar ata a 13.000 espectadores.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial dos Vaqueros de Bayamón Arquivado 07 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine. (en castelán)