Viño de Acerbaixán
O viño de Acerbaixán é producido en varias rexións do país. Antés do goberno comunista do século XX, Acerbaixán tivo unha próspera industria do viño que se remonta ó segundo milenio a.C.[1] A longa historia de produción de viño no país foi redescuberta polas investigacións arqueolóxicas levadas a cabo en Kültəpə, Qarabağlar[2] e Galajig, onde os arqueólogos descubriron recipientes de almacenamento e fermentación que contiñan residuos e sementes de uva do segundo milenio a.C. Os antigos gregos eran coñecidos pola súa produción de viño na área no século -VII, segundo Heródoto. Estrabón comentou no século -I century BC sobre un viño azarí coñecido como Albania. Os historiadores e xeógrafos árabes, principalmente Abu'l-Fida, Al-Masudi, Ibn Hawqal e Al-Muqaddasi, describiron a viticultura extensiva arredor de Ganja e Barda que tivo lugar despois da conquista islámica da área.[1]