Vicente Ferrer
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de abril de 1920 Barcelona, España |
Morte | 19 de xuño de 2009 (89 anos) Anantapur, India (pt) |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | misioneiro, filántropo, empresario |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Orde relixiosa | Compañía de Xesús |
Familia | |
Cónxuxe | Anna Ferrer (1970–) |
Premios | |
| |
Vicente Ferrer i Moncho, nado en Barcelona o 5 de maio de 1920 e finado en Anantapur, Andhra Pradesh (India), o 19 de xuño de 2009, foi un misioneiro laico español, considerado unha das persoas máis activas na axuda, solidariedade e cooperación coas persoas desfavorecidas nos países máis empobrecidos do mundo. A súa actividade desenvolveuse principalmente na India, onde chegou en 1952 como misioneiro xesuíta.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Infancia e mocidade
[editar | editar a fonte]Na súa xuventude afiliouse ó POUM e ós 16 anos foi chamado ás filas, durante a guerra civil española. Participou na batalla do Ebro (1938) e na retirada do exército republicano a Francia despois da caída da fronte de Cataluña. Foi brevemente internado no campo de concentración de Agelès-sur-Mer. Ó non ter cometido delitos, optou por volver a España, sendo entregado polas autoridades francesas ás franquistas en Hendaia e internado no campo de concentración de Betanzos en 1939.
Foi finalmente liberado pero tivo que cumprir de novo o servizo militar. Puido licenciarse despois de sete anos de mobilización contando os anos da guerra, reclusión e novo servizo militar. En 1944 abandonou os seus estudos de Dereito e ingresou na Compañía de Xesús [1].
Misioneiro
[editar | editar a fonte]En 1970 deixou a Compañía de Xesús, casou coa periodista inglesa Anne Perry e fundou a organización Rural Development Trust (Fondo de Desenvolvemento Rural). Dende o principio do seu labor despertou grandes simpatías entre os campesiños indios, pero non entre as clases dirixentes, económicas e políticas, que vían no seu labor unha ameaza. Aínda así puido seguir adiante cos seus proxectos grazas ó apoio de Indira Gāndhi, que sempre recoñeceu o seu labor.
Dende 1996 conta coa súa propia fundación, a Fundación Vicente Ferrer, a través da cal organiza toda a súa actividade.
Distincións recibidas
[editar | editar a fonte]- Premio Príncipe de Asturias da Concordia, en 1998.[2]
- Español Universal, en 1998.
- Membro da Comisión de Erradicación da Pobreza, do Goberno de Andhra Pradesh, en 2000.
- Creu de Sant Jordi, da Generalitat de Cataluña, en 2000.
- Premio Dereitos Humanos do Consello Xeral da Avogacía Española, en 2000.
- Personaxe destacado da historia do século XX pola UNESCO, en 2001.
- Gran Cruz da Orde Civil da Solidariedade Social, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais de España, en 2002.
- Premio ó Espírito Olímpico, do Comité Olímpico Español, en 2002.
- Doutor honoris causa pola Universidade Politécnica de Valencia en 2000 e a Universidade de Huelva en 2001.
- A Rural Development Trust obtivo diferentes distincións entre os que destacan:
- Mellor Proxecto Ecolóxico, outorgado polo goberno de Holanda, en 1994.
- Medalla de Ouro do Traballo, concedida polo Estado de Andhra Pradesh, en 2000.
- Recoñecemento da Comisión Europea (institución da Unión Europea) como a mellor ONG participante nas tarefas de rescate e reconstrución despois do terremoto de Guyarat en 2001.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Un recluso en Betanzos, chamado Vicente Ferrer
- ↑ "Premio Príncipe de Asturias da Concordia 1998". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2008. Consultado o 10 de decembro de 2008.