Vilariño de Conso
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | Vilariño de Conso | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 521 (2023) (2,6 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 200,23 km² | ||||
Altitude | 740 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Melisa Macía Domínguez (2017–) | ||||
Eleccións municipais en Vilariño de Conso | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32... | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32092 | ||||
Páxina web | vilarinodeconso.es… | ||||
Vilariño de Conso é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o IGE en 2019 tiña unha poboación de 519 persoas (771 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é vilariñés.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello, de Vilariño de Conso, con 200,2 km², abrangue dez parroquias. Está situado no sueste da provincia de Ourense, nas abas orientais da serra da Queixa e O Invernadeiro, entre os 630 e os 1.500 m de altitude.
Polo municipio discorren os ríos Camba, Conso e Cenza, e no seu territorio hai cinco encoros. Deles o das Portas, no río Camba, é o de maior capacidade da provincia ourensá, con 536 hm³[1], e o de Cenza é un dos de maior altitude de España, a 1345 metros de altitude. A fervenza do Cenza ten unha caída vertical de 105 metros. Outros saltos de auga destacados son os de Suacenza, Galianda, Dona Loba e Cenza de San Mamede. O val do Cenza é de orixe glaciar, formado na era cuaternaria. As Morrenas de Chaguazoso é unha paisaxe granítica de interese paisaxística.
Abundan os soutos de castiñeiros, destacando o castiñeiro da Corredoira. Entre a fauna salvaxe destacan os cervos, xabaríns, corzos, a cabra montesa, rebecos e o lobo.
Demografía
[editar | editar a fonte]Evolución da poboación de Vilariño de Conso Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
2.256 | 2.252 | 2.172 | 1.222 | 749 | 700 | 673 | 632 | 660 | 633 | 615 | 586 | 558 | 535 | 524 | 519 | 513 | 505 | |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Censo total | 519 (2019) |
---|---|
Menores de 15 anos | 21 (4.08 %) |
Entre 15 e 64 anos | 302 (58.64 %) |
Maiores de 65 anos | 196 (38.05 %) |
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Consérvanse restos de poboados castrexos en Pradoalbar, Entrecinsa e Sabuguido. Da romanización de Galicia son os restos da calzada romana, vía secundaria da Vía Nova do itinerario de Antonino, e pola que se levaba o ouro extraído nas proximidades. Desa mesma época consérvase un pontón.
O castelo de Cerveira é un recinto fortificado, situado nun cumio a 1.550 metros de altitude. Ten un perímetro de 430 m, con 250 m de murallas, principalmente nas orientacións sur (150 metros, cunha porta ou abertura no medio), oeste (cunha pequena abertura que puidera ser un derrube) e outro de 30 m cara ao noroeste. Consérvanse cabanas feitas coa mesma pedra do monte, na súa maioría pegadas á muralla, e cunha superficie rectangular de 20 x 4 metros[2].
En San Mamede hai tumbas antropomórficas. De épocas máis recentes son o pazo de Conso e Entrecinsa, e a casa grande de Mormentelos. Entre a arquitectura relixiosa destaca a igrexa parroquial de Sabuguido.
O concello está atravesado pola Vía da Prata do camiño de Santiago. No ano 2009 homologouse a ruta de sendeirismo PR-G 118 Ruta dos Soutos, apta para o turismo de natureza. É un percorrido circular duns 8 km que parte de preto do edificio do Concello cunha derivación de 3,5 km ata a central eléctrica. No ano 2018 creouse tamén a ruta de sendeirismo PR-G 146 Ruta Castelo de Cerveira, que parte de Pradoalbar, pasa pola ponte de Pradoalbar[3] e remata próxima á corga do Berganzo. Dende alí, por un camiño sinalizado pero non homologado ascéndese ata o castelo de Cerveira.
Gastronomía
[editar | editar a fonte]Dentro da gastronomía local destacan as troitas e anguías dos ríos Cenza e Conso, amais dos chourizos, androllas e xamóns. O domingo de entroido celébrase unha festa de exaltación do cabrito. Entre as sobremesas sobresaen a bica e o montonico. O museo etnográfico de Vilariño de Conso conta cun centro de interpretación do cogumelo.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Vilariño de Conso.
-
Casa do concello.
-
Placa altimétrica na casa do concello.
Parroquias
[editar | editar a fonte]
Lugares de Vilariño de Conso
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilariño de Conso vexa: Lugares de Vilariño de Conso.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Embalse: Las Portas". Embalses (en castelán). Consultado o 13 de marzo de 2010.
- ↑ Castelo de Cerveira na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Ponte de Pradoalbar na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vilariño de Conso |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do Concello de Vilariño de Conso
- Vicente Feijoo en "O Seminario de Onomástica responde (Real Academia Galega, 1.12.2023)
- Ruta sendeirista homologada: PR-G 118 Ruta dos Soutos - SEGATUR
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |