Virtuosismo
O virtuosismo (do latín virtus, que significa: virtude, habilidade, excelencia) é a habilidade fóra do común dunha persoa á hora de empregar un instrumento musical.[1] Durante a época da música barroca, moitos, se non todos os compositores, eran tamén virtuosos nos seus respectivos instrumentos.
Historia
[editar | editar a fonte]O termo ten a súa orixe na Italia dos séculos XVI e XVII, unha honra reservada ás persoas distinguidas nalgún área intelectual ou artística, que foi outorgada a un gran número de músicos. O termo evolucionou co tempo, alargando e simultaneamente estreitando as interpretacións que tiveron máis ou menos uso. Orixinalmente un músico era honrado coa distinción sendo compositor, teórico ou un famoso director de orquestra, e o máis importante de todo, sendo un artista de grandes cualidades.[2]
Sebastien de Brossard no seu Dictionaire de Musique aborda a palabra virtuoso pola súa orixe latina virtu, enfatizando a formación excepcional, especialmente a parte teórica.[3] Esta posición foi tamén defendida por Johann Gottfried Walther en Musicalisches Lexicon (1732), dando máis valor ao teórico que ao intérprete. En Der brauchbare Virtuoso (1720) Johan Matthenson mantén o respecto polo tradicional "theoretische Virtuosen" (virtuoso teórico), mais tamén presta tributo ao "virtuosi prattici" (virtuoso práctico).[4] Mais a énfase ao virtuoso teórico tamén foi defendida por Johann Kuhnau no seu libro Der musikalische Quack-Salber (1700), onde define "músico altamente dotado" ou "virtuoso práctico" como nada máis que unha persoa con gran práctica.
Máis tarde, no século XVIII, o termo comezou a ser empregado para describir o músico, instrumentista ou vocalista que tiña unha carreira como solista.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de virtuoso Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine..
- ↑ Grove Music Online (14 de marzo de 2006). "Grove Music Online".
- ↑ Sebastien, de Brossard (1703). Christophe Ballard, ed. Dictionaire de Musique (PDF) (2ª Edición ed.). París. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de abril de 2018. Consultado o 13 de abril de 2018.
- ↑ Mattheson, Johann (1720). Der brauchbare Virtuoso (en alemán). Hamburgo. p. 2.