Vitixes
Biografía | |
---|---|
Nacemento | década de 470 Constantinopla, Turquía |
Morte | 542 (57/67 anos) Constantinopla, Turquía |
Rei de Italia | |
536 – maio de 540 ← Teodato – Hildibaldo → | |
Rei dos ostrogodos | |
536 – 540 ← Teodato – Hildibaldo → | |
Datos persoais | |
Relixión | Arianismo |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Cónxuxe | Matasunta |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Vitixes (morto en 540) foi un xeneral do exército ostrogodo e rei dos ostrogodos do 536 ao 540.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era o xeneral de Teodato e foi nomeado rei polos seus soldados[1] no curso das guerras contra o Imperio Bizantino, a Guerra gótica de Italia (535-554),[2] tras o asasinato de Teodato, sobriño de Teodorico o Grande. Para lexitima-la súa posición como rei, no 536, marchou a Rávena e repudiou a súa muller para casar con Matasunta, a única filla de Amalasunta, e así unirse á liñaxe dos Amalos.[3]
No 535, o exército de Xustiniano I conquistara Sicilia ao mando do xeneral bizantino Belisario, que naquel momento estaba no sur de Italia. Vitixes reorganizou o exército e no 537 asediou Roma, facendo cortar todos os acuedutos que levaban auga á cidade. En marzo de 538 foi obrigado a interromper o asedio para retomar as operacións militares no norte de Italia, onde o xeneral Xoán estaba aproximándose rapidamente a Rávena.
No 540 Belisario atacou a capital dos ostrogodos. Vitixes foi feito prisioneiro e levado xunto coa súa esposa a Constantinopla, onde morreu sen herdeiros.[4] Logo da súa morte, Matasunta casou con Xermano, un curmán do Emperador.
Predecesor: Teodato |
Rei dos ostrogodos 536 – 540 |
Sucesor: Hildibaldo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Le Beau (1827), p. 470
- ↑ Sirago (1999), p. 11
- ↑ Le Beau (1827), p. 471
- ↑ Chastagnol (1996)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Chastagnol, André (1996). La fin du monde antique (en francés). París: Nouvelles Editions Latines. ISBN 9782723305266.
- Le Beau, Charles (1827). Histoire du Bas-Empire (en francés) VIII. París: Imprimerie de Firmin Didot.
- Sirago, Vito Antonio (1999). Amalasunta: la regina. Colección Donne d'Oriente e d'Occidente (en italiano). Milán: Jaca Book. ISBN 88-16-43509-7.