Viva o domingo
Aparencia
Viva o domingo | |
---|---|
Duración | 3h 30m |
Presentado por | Fidel Fernán |
Día(s) de emisión | Domingo |
Horario de emisión | 15:35 |
Localización(s) | San Marcos |
Cadea | TVG |
Na rede
| |
http://25anos.crtvg.es/tvg25/anoaano/1987/210 |
Viva o domingo foi un programa de entretemento da Televisión de Galicia que se emitiu na tempada 1987-1988
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Dirixido e presentado por Fidel Fernán botábase nas tardes do domingo como un programa magazine e contedor, no que tiñan cabida actuacións musicais, humorísticas e de maxia, concursos telefónicos, sorteos, entrevistas ou o seguimento do marcador futbolístico. Con público en directo tiña a súa propia orquestra e tamén emitía para os máis novos debuxos animados como A banda de Ovidio ou Kidd Video e series de humor como Cincinnati.