Voo 981 de Flydubai
Voo 981 de Flydubai | |
---|---|
A6-FDN, o avión accidentado
nunha imaxe de 2013. | |
Resumo | |
Data | 19 de marzo de 2016 |
Causa | Esnafrado durante a aterraxe. |
Lugar | Rostov do Don, Rusia |
Coordenadas | |
Orixe | Aeroporto Internacional de Dubai |
Destino | Aeroporto de Rostov |
Finados | 62 (todos) |
Feridos | 0 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Boeing 737 |
Operador | Flydubai |
Rexistro | A6-FDN |
Pasaxeiros | 55 |
Tripulación | 7 |
Superviventes | 0 |
O voo 981 de Flydubai foi un voo regular internacional entre o Aeroporto Internacional de Dubai e o Aeroporto de Rostov, operado por Flydubai, aeroliña de baixo custo dos Emiratos Árabes Unidos. O día 19 de marzo de 2016 o avión que realizaba a ruta, un Boeing 737, esnafrouse nos arredores de Rostov do Don, en Rusia, cando este se atopaba na súa segunda tentativa de aterraxe, tras un primeiro intento abortado.
No momento en que a aeronave chegou a Rostov do Don as condicións meteorolóxicas non eran óptimas, e o avión estivo máis de dúas horas no aire agardando a aterrar, segundo os relatorios preliminares. O avión non se esnafrou no momento de aterrar, senón cando se atopaba dando outro xiro de espera[1]. O impacto aconteceu arredor das 3:40, hora local, e non deixou sobreviventes.
Avión
[editar | editar a fonte]O aparello accidentado era un Boeing 737-8KN de cinco anos de idade, con rexistro A6-FDN[2] e número de serie 40241, equipado con dous motores CFM International CFM56.[3] O seu primeiro voo fora o 21 de decembro de 2010, e entregouse a Flydubai o 24 de xaneiro de 2011.[3] O avión pasara unha revisión de mantemento de tipo C o 21 de xaneiro de 2016, dous meses antes do sinistro.[4]
O voo 981 levaba combustible suficiente para 8,5 horas de voo e no momento do accidente levaba voadas 6 horas dende a engalaxe en Dubai.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Euronews. (ed.). "El avión que se estrelló en el sur de Rusia no estaba intentando aterrizar.". Consultado o 22 de marzo de 2016.
- ↑ "Aircraft accident investigation". mak-iac.org. Consultado o 2021-11-25.
- ↑ 3,0 3,1 "FlyDubai A6-FDN (Boeing 737 NG / Max - MSN 40241)". www.airfleets.net. Consultado o 2021-11-25.
- ↑ CNN, Matthew Chance, Susannah Cullinane and Greg Botelho. "Flydubai plane crashes in Russia; 62 dead". CNN. Consultado o 2021-11-25.
- ↑ "Crash: Flydubai B738 at Rostov on Don on Mar 19th 2016, lost height on go around after stabilizer moved nose down following holding for 2 hours". avherald.com. Consultado o 2021-11-25.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Voo 981 de Flydubai |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Official statements". Flydubai airline. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2016. Consultado o 07 de decembro de 2018.(en inglés)/(en árabe)/(en ruso)