Vostok 5
Vostok 5 | |
---|---|
Cápsula de retorno da Vostok 5 | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 14 de xuño de 1963, 11:58 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Vostok 8K72K[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 4,96 días[2][6] |
Obxectivo da misión | Voo en formación coa Vostok 6.[2][6] |
Regreso | 19 de xuño de 1963[1][6] |
NSSDC ID | 1963-020A |
Masa | 4720,0 kg[2][5][6] |
Vostok 5 foi o nome da quinta misión tripulada da Historia, con Valeri Bikovski a bordo. Foi lanzada pola Unión Soviética o 14 de xuño de 1963 mediante un foguete Vostok 8K72K desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Características
[editar | editar a fonte]A misión de Vostok 5 foi realizar a quinta misión orbital tripulada da Historia e o segundo voo en formación xunto coa Vostok 6. A Vostok 5 foi lanzada en primeiro lugar, e a 6 dous días máis tarde para atoparse en órbita e achegarse a tan só uns quilómetros unha da outra. Os obxectivos da misión foron estudar a capacidade do corpo humano para traballar en microgravedade, facer experimentos científicos e mellorar os sistemas das naves espaciais. No momento da inserción orbital da Vostok 6 as naves estaban a menos de 5 km de distancia. Os dous cosmonautas, Bykovskiy na Vostok 5 e Valentina Tereshkova (a primeira muller no espazo) na 6, chegaron a contactar por radio, pero dado que as naves Vostok non tiñan capacidade de manobra, empezaron a alonxarse sen posibilidade de reunirse de novo. A nave regresou á Terra o 19 de xuño de 1963 ás 11:06 GMT, varios días antes do planificado debido varios problemas menores, na rexión de Karaganda.[2][3][4][5]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vostok 5 |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "VOSTOK 5" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (21 de marzo de 2017). "Vostok 5" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Letter dated 10 July 1963 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF) (63-15160). 11 de xullo de 1963: 2. Consultado o 27 de marzo de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 Claude Lafleur (2017). "Vostok 5" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Vostok-3K" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Vostok 5" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2018.