Willard Van Orman Quine
Willard Van Orman Quine, nado en Akron (Ohio) o 25 de xuño de 1908 e finado en Boston (Massachusetts) o 25 de decembro de 2000, foi un filósofo estadounidense, recoñecido polo seu traballo en lóxica matemática e ás súas contribucións ao pragmatismo como unha teoría do coñecemento.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Educouse no Oberlin College e na Universidade Harvard, onde foi discípulo de Whitehead e da que chegou a ser profesor en 1936. Tamén realizou estudos en Viena, Varsovia e Praga.
Quine é coñecido pola súa afirmación de que o modo en que o individuo usa a linguaxe determina que clase de cousas está comprometido a dicir que existen. Ademais, a xustificación para falar dunha maneira en lugar doutra, ao igual que a xustificación de adoptar un sistema conceptual e non outro, é para Quine unha manifestación absolutamente pragmática.
Tamén é coñecido pola súa crítica a certas doutrinas do empirismo lóxco e a distinción tradicional entre afirmacións sintéticas (proposicións empíricas ou baseadas en feitos) e afirmacións analíticas (proposicións necesariamente verdadeiras), ao poñer en dúbida a distinción analítico-sintético, propón un holismo semántico no cal as proposicións teñen significado en conxunto e non por separado cada unha. Quine realizou ás súas principais contribucións á teoría de conxuntos, unha rama da lóxica matemática que ten que ver coa relación entre os conxuntos.
Quine tamén realizou unha achega fundamental á lingüística teórica, ao propoñer métodos recursivos para construír gramáticas que describan a linguaxe humana, separando así as clases K de secuencias significativas idiomaticamente das asignificativas idiomaticamente, método formal que inspiraría ao seu alumno Noam Chomsky a estudar en profundidade as estruturas sintácticas das linguas naturais. En lingüística, Quine tivo posturas próximas ao condutismo, aínda que en ocasións declarou nos seus escritos que hai certa predisposición a adquirir a linguaxe por parte do neno.
Obra
[editar | editar a fonte]- Un sistema de loxística (A System of Logistic). 1934.
- Lóxica matemática (Mathematical Logic). 1940.
- Lóxica elemental (Elementary Logic). 1941.
- O sentido da nova lóxica (O Sentido da Nova Lógica). 1944.
- Os métodos da lóxica (Methods of Logic). 1950.
- Desde un punto de vista lóxico (From a Logical Point of View). 1953.
- Palabra e obxecto (Word and Object). 1960.
- La teoría de conxuntos e a súa lóxica (Set Theory and Its Logic). 1963.
- Os camiños do paradoxo e outros ensaios (The Ways of Paradox and Other Essays). 1966.
- Traballos de lócica selectos (Selected Logic Papers). 1966.
- A relatividade ontolóxica e outros ensaios (Ontological Relativity and Other Essays). 1969.
- A rede de crenzas (The Web of Belief). 1970.
- Filosofía da lóxica (Philosophy of Logic). 1970.
- A lóxica alxébrica e os functores de predicado (Algebraic Logic and Predicate Functors). 1971.
- As raíces da referencia (The Roots of Reference). 1974.
- Teorías e cousas (Theories and Things). 1981.
- O tempo da miña vida: unha autobiografía (The Time of My Life: An Autobiography). 1985.
- Quididades: un dicionario filosófico intermitente (Quiddities: An Intermittently Philosophical Dictionary)). 1987.
- A ciencia e os datos dos sentidos (La Scienza e i Dati di Senso). 1987.
- A busca da verdade (Pursuit of Truth). 1990.
- A lóxica das secuencias: unha xeneralización dos Principia Mathematica (The Logic of Sequences: A Generalization of Principia Mathematica). 1990.
- Estimado Carnap, estimado Van: a correspondencia Quine-Carnap e traballos relacionados (Dear Carnap, Dear Van: The Quine Carnap Correspondence and Related Work). 1991.
- Do estímulo á ciencia (From Stimulus to Science). 1995.
Artigos importantes
[editar | editar a fonte]- "A concatenación como base da aritmética (Concatenation as a basis for arithmetic)". 1941. Artigo incluído en Relatividade ontolóxica e outros ensaios.
- "Acerca do que hai (About What There Is)". Review of Metaphysics. 1948. Artigo incluído en Desde un punto de vista lóxico.
- "Dous dogmas do empirismo (Two Dogmas of Empiricism)". The Philosophical Review 60: 20–43. 1951. Artigoo incluído en Desde un punto de vista lóxico.
- "Cuantificadores e actitudes proposicionais (Quantifiers and Propositional Attitudes)". Journal of Philosophy 53: 185–196. 1956. Artigo incluído en Os camiños do paradojo e outros ensaios.
- "Epistemoloxía naturalizada (Epistemology Naturalized)". 1969. Artigo incluído en Relatividade ontolóxica e outros ensaios.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Chamorro Calzón, José María (2006): Lenguaje, mente y sociedad. Hacia una teoría materialista del sujeto. La Laguna: Universidad de La Laguna. ISBN 978-84-7756-674-8
- Gibson, Roger (1988): Enlightened Empiricism. Tampa: University of South Florida Press.
- Gibson, Roger (1988): "Radical translation and radical interpretation" en E. Craig (dir.) Routledge Encyclopedia of Philosophy. Londres: Routledge.
- Gochet, Paul (1978): Quine en perspective: essai de philosophie comparée. París: Flammarion,
- Gochet, Paul (1982): Ascent to truth. A critical examination of Quine's philosophy. München: Philosophia Verlag.
- Hookway, Christopher (1988): Quine. Cambridge: Polity Press.
- Laugier,Sandra (1992): L'apprentissage de l'obvie. L'anthropologie logique de Quine. París: Vrin.
- Nubiola Aguilar, Jaime (1991): El compromiso esencialista de la lógica modal: estudio de Quine y Kripke. Pamplona: Ediciones Universidad de Navarra S.A. (Eunsa). ISBN 978-84-313-0867-4
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ¿Cuál es el lugar de la filosofía? Consideraciones a partir del relativismo ontológico y epistemología naturalizada de Quine Arquivado 04 de xuño de 2007 en Wayback Machine. (en castelán)
- Home page de Quine (en inglés)
- Texto orixinal de Two Dogmas of Empiricism (en inglés)
- Texto orixinal de On Simple Theories Of A Complex World (en inglés)