Saltar ao contido

Willem Einthoven

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWillem Einthoven

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de maio de 1860 Editar o valor en Wikidata
Semarang, Indonesia Editar o valor en Wikidata
Morte29 de setembro de 1927 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Leiden, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaOegstgeest (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rector magnificus of Leiden University (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Utrecht Editar o valor en Wikidata
Director de teseFranciscus Cornelis Donders Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFisioloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupacióninventor, fisiólogo, médico, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Leiden, Dutch ordinary professor (en) Traducir. Q65588656 Traducir (1886–1927) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeFrédérique Jeanne Louise de Vogel Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Эйнтховен Виллем)
Obálky knih,
Onze Hoogleeraren (en) Traducir, (p.19) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Einthoven-4 Find a Grave: 150677241 Editar o valor en Wikidata

Willem Einthoven, nado en Semarang, (actual Indonesia), o 21 de maio de 1860 e finado en Leiden (Países Baixos) o 28 de setembro de 1927, foi un médico neerlandés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dun médico militar, naceu na colonia holandesa de Xava, hoxe Indonesia. Trala morte do pai, a familia regresou ó seu país, onde Einthoven acabou obtendo a licenciatura en Medicina na Universidade de Utrecht.

Pronto foi nomeado profesor de fisioloxía e histoloxía na Universidade de Leiden, onde desenvolvería o seu labor investigador. Ós 26 anos de idade, era un científico de notable reputación, participaba en numerosos foros científicos internacionais e falaba varias linguas con extraordinario dominio.

En 1901, Einthoven publicou o seu primeiro artigo científico comunicando as súas experiencias co galvanómetro de corda e a súa utilidade para o rexistro dos potenciais cardíacos ("Un nouveau galvanométre. Arch Néerland Sci exactes naturelles, Serie 2, 6:625-633"). Cinco anos máis tarde, describía con detalle as aplicacións clínicas do electrocardiograma nun artigo titulado: "Le telecardiogramme (1906). Arch Int Physiol. 4:132-164". Este artigo sentou as bases para a extraordinaria avalancha informativa que se desenvolveu desde entón acerca desta imprescindible ferramenta na análise cardiolóxica.

Os seus traballos fixéronlle merecedor do Premio Nobel de Medicina en 1924.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]