Saltar ao contido

Wolfsburg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaWolfsburg
Vista nocturna
Imaxe

EpónimoWolfsburg Castle (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 52°25′23″N 10°47′14″L / 52.4231, 10.7872
EstadoAlemaña
Estado federadoBaixa Saxonia Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación127.256 (2023) Editar o valor en Wikidata (621,94 hab./km²)
Número de fogares67.975 (2019) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie204,61 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMittellandkanal (pt) Traducir, Aller e Allersee (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude63 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoAlmke (en) Traducir (140 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoIlkerbruch (54 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1938 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoDennis Weilmann (mul) Traducir (2021–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal38440, 38442, 38444, 38446 e 38448 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico05361, 05362, 05363, 05365, 05366, 05367 e 05308 Editar o valor en Wikidata
Código NUTSDE913 Editar o valor en Wikidata
Número de municipio alemán03103000 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Herzogenaurach (pt) Traducir
Luton (pt) Traducir (1950–2004)
Marignane (1963–)
Provincia de Pesaro e Urbino (1975–)
Saraxevo (1985–)
Halberstadt (1989–)
Tolyatti (1991–)
Bielsko-Biała (1998–)
Changchun (2006–)
Puebla de Zaragoza (2010–)
Dalian (2010–)
Toyohashi (2011–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webwolfsburg.de Editar o valor en Wikidata
Facebook: stadtwolfsburg Instagram: stadt_wolfsburg Youtube: UCe4FObRhV8AtUDk1WBn0Kag Editar o valor en Wikidata

Wolfsburg é unha cidade alemá situada no estado federado da Baixa Saxonia, ao sur do río Aller e parte do canal máis largo de Alemaña, o Mittellandkanal.

A cidade está situada a 200 km de Berlín (unha hora en InterCityExpress), a 80 km de Hannover e na contorna da veciña Brunswick, cos que conforma a supra-rexión metropolitana de Hannover-Braunschweig-Göttingen-Wolfsburg. Ten unha poboación superior aos 127.000 habitantes distribuidos ao redor de 40 distritos, urbanos e rurais, é a quinta cidade en tamaño da Baixa Saxonia. [1]

Historia e características

[editar | editar a fonte]

A cidade foi fundada en 1938 co nome de Stadt des KdF-Wagens (Cidade do Coche-KdF), siglas da organización nazi para o deporte e o lecer "Kraft durch Freude" (forza a través da alegría).[2] Ao remate da segunda guerra mundial, Wolfsburg toma o seu nome actual dun castelo próximo e a urbe experimenta unha explosión industrial e económica coa reapertura da sede central da compañía Volkswagen na cidade debido ao impulso de oficiais británicos, dado que a cidade permaneceu baixo a división da Alemaña occidental, en zona de ocupación británica. Foi entón cando se comezou a fabricar en serie o modelo escaravello, emblema da clase media alemá durante os tempos da República Federal de Alemaña (RFA).[3]

A partir dos anos cincuenta, en paralelo ao crecemento industrial e económico erguéronse edificiones notábeis hoxe na cidade como a Kulturhaus Alvar Aalto –centro cultural deseñado polo arquitecto finés e inaugurado en 1962–, o teatro concibido polo arquitecto alemán Hans Scharoun, aberto en 1973. O planetario e o Kunstmuseum, museo de arte contemporánea, obra dun estudo de arquitectura de Hamburgo.

Máis recientemente, a inicios deste século, abriuse o Autostadt, complexo recreativo que celebra o universo Volkswagen e recibe ao ano 2,2 millóns de visitantes[4]. Xa no 2005 o Phaeno, museo científico con aspecto de astronave, proxectado pola arquitecta angloiraquí Zaha Hadid. Co lema Da staunst du (“Asombrarate”), propón ao público 350 estacións interactivas sobre ciencia e técnica.[5]

A cidade conta cun estadio de fútbol, o VW Arena, sede do equipo local VfL Wolfsburg, campión da Bundesliga no ano 2009.

Cidades irmás

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]