Saltar ao contido

Xerardo de Cremona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXerardo de Cremona

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Gerardus Cremonensis Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1114 Editar o valor en Wikidata
Cremona, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte1187 Editar o valor en Wikidata (72/73 anos)
Toledo (Reino de Castela) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista, escritor, tradutor, astrónomo, astrólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorEscola de Tradutores de Toledo Editar o valor en Wikidata
MovementoEscola de Tradutores de Toledo Editar o valor en Wikidata
AlumnosDaniel de Morley (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Obálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX882143

Xerardo de Cremona (en latín, Gherardo Cremonensis, en italiano Gerardo da Cremona), nado en Cremona, Italia ca. 1114 e finado posibelmente en Toledo en 1187, foi un dos tradutores máis prolíficos da Idade Media, con case cerca de 70 obras traducidas do árabe ao grego e ao latín.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pouco se coñece dos detalles da vida de Xerardo, só se pode deducir algo dos traballos que realizou dos lugares nos que estivo. Pouco antes do seu nacemento, a cidade de Toledo foi tomada en 1085 aos musulmáns polo rei Afonso VI de Castela e pronto se convertería na capital de Castela.

Tras a conquista da cidade, créase unha comunidade que se encarga de realizar traducións do árabe ao latín, comunidade que se coñece como Escola de tradutores de Toledo.

Baixo o patrocinio de Raimundo de Toledo estivo Xerardo traballando en labores de tradución xunto a Juan de Sevilla. Aínda que é incerta a data exacta da chegada de Xerardo a esta cidade, é moi probábel que fora antes de 1144 cando o tradutor tiña a idade de 30 anos.

A escola de Toledo, ao igual que o resto doutras que puideron existir, consistía nun conxunto de asesores en lingüística, tradución de idiomas e buscadores de manuscritos árabes.

Xerardo de Cremona é famoso tamén por unha tradución errónea: traduciu "números irracionais" en vez de "inconmesurábeis", erro que se difundiu na Idade Media até os nosos días e, por iso, chámase así ao conxunto dos números irracionais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]