Xoán Bello Mallou
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1925 Santiago de Compostela, España |
Morte | 12 de xaneiro de 2014 (88/89 anos) |
Xoán Bello Mallou, chamado simplemente Mallou, nado nas Casas Novas (Santiago de Compostela) en 1925 e finado o 12 de xaneiro de 2014 en Santiago de Compostela, foi un gaiteiro galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciuse como instrumentista de gaita co mestre Alfredo O Ferrador e comeza a tocar en festas e romarías dende a primeira mocidade. En 1939 toca cos Enxebres por primeira vez nas festas de Grixoa. Seis anos máis tarde ingresou na Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, da que formou parte durante máis de medio século ata que se retirou completamente en 2001. En Cantigas e Agarimos fixo dúo estable con Basilio Carril e coincidiu con outros destacados gaiteiros da posguerra.
Como gaiteiro fixo xiras polas comunidades galegas de Europa e América, e obtivo a Medalla Marcial del Adalid da Real Academia de Belas Artes. A súa peza máis coñecida é o pasodobre de Mallou, que ten sido gravada por varios conxuntos tradicionais, como Durindaina.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vídeo de diversas interpretacións de Xoán Bello Mallou, xa nos últimos anos da súa vida.
- MALLOU (O gaiteiro de Casas Novas) - Documental de Xosé Bocixa (11/07/2019).