Xosé Caveda y Nava
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Caveda y Nava 1796 Villaviciosa, España |
Morte | 1882 (85/86 anos) |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, escritor, historiador da arte |
Membro de | |
Familia | |
Pai | Francisco de Paula Caveda y Solares |
Parentes | Rita Caveda y Solares, tía |
Premios | |
Xosé Caveda y Nava, nado en Villaviciosa en 1796 e finado en Xixón en 1882, foi un escritor asturiano, un dos iniciadores da escrita en lingua asturiana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Francisco de Paula Caveda y Solares, amigo de Gaspar Melchor de Jovellanos. Membro da Xunta Xeral do Principado de Asturias en 1834, cando desaparece substituída pola deputación provincial). Militou no Partido Moderado e foi deputado en Cortes en 1837.
Escribiu unha Memoria histórica sobre la Junta General del Principado (1834) e Colección de poesías en dialecto asturiano (1839) que foi o primeiro libro impreso en asturiano, unha escolma de poesía, con algunhas propias que se vai converter no modelo literario para os escritores en asturiano do século XIX, e a imaxe rural que reflectiu nas súas obras converteuse nun tópico, a súa visión do asturiano como unha forma de castelán antigo que non evolucionara.