Yingluck Shinawatra
Yingluck Shinawatra (en tailandés: ยิ่งลักษณ์ ชินวัตร, Yinglak Chinnawat; AFI: [jîŋ.lák tɕʰīn.nā.wát]), alcumada Pu (en tailandés: ปู, cangrexo; AFI: [pūː]), nada en San Kamphaeng, Chiang Mai, o 21 de xuño de 1967, foi a primeira ministra de Tailandia dende o 5 de agosto de 2011 até o 7 de maio de 2014. É a líder do Pheu Thai, brazo político dos denominados Camisas Vermellas e herdeiro dos ilegalizados Thai Rak Thai e Partido do Poder do Pobo. É irmá do derrocado primeiro ministro tailandés Thaksin Shinawatra.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Yingluck Shinawatra é a máis nova dos nove fillos de Lert Shinawatra e de Yindee Ramingwong. Yingluck creceu en Chiang Mai e asistiu ao Istituto Regina Coeli, unha escola de nenas, e logo ao Yupparaj, unha escola mixta. Posteriormente foi directiva da empresa tailandesa SC Asset Co., Ltd, está licenciada en Ciencias Políticas e Administración Pública pola Universidade de Chiang Mai e ten un mestrado en Administración pola Universidade de Kentucky.
Foi nomeada líder do Puea Thai dous meses antes das eleccións xerais de 2011, onde venceu ao até entón primeiro ministro, Somchai Wongsawat, obtendo 265 escanos fronte a 159 do Partido Demócrata, cun discurso político no que apelou ao seu propio irmán Thaksin, exiliado despois do golpe de estado de 2006.[2][3][4] Foi condenada por corrupción, e no ano 2017, ano da súa sentenza, non apareceu no xuízo. Foi condenada a 5 anos de prisión. Actualmente, atópase en paradoiro descoñecido.[5] En 2019, o goberno serbio outorgoulle a nacionalidade serbia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Reinoso, José. El País, ed. "El 'clon' de Thaksin Shinawatra" (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2013.
- ↑ Yingluck Shinawatra, el 'clon' de Thaksin con una carrera fulgurante, AFP, vía Yahoo Noticias, 3 de xullo de 2011.
- ↑ Thai opposition appears set for victory. CBC News, 3 de xullo de 2011.
- ↑ Landslide victory for allies of ousted Thai leader in exit polls. Tha Daily Telegraph, 3 de xullo de 2011.
- ↑ "La ex primera ministra de Tailandia, condenada en rebeldía a cinco años de prisión". El País (en castelán). 2017-09-27. ISSN 1134-6582.