Yukimura Sanada
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Nome orixinal | (ja) 真田 信繁 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1567 (Gregoriano) Xapón |
Morte | 3 de xuño de 1615 (47/48 anos) Yasui Shrine, Xapón (en) |
Causa da morte | morte en combate |
Daimiô (pt) | |
Actividade | |
Ocupación | comandante |
Carreira militar | |
Conflito | Cerco de Ueda (pt) Cerco de Osaka (pt) |
Familia | |
Familia | Clã Sanada (pt) |
Cónxuxe | Chikurin-in |
Fillos | Akuri, Okane, Oshobu, Sanada Daisuke, Oume, Sanada Morinobu, Miyoshi Yukinobu |
Pais | Sanada Masayuki e Yamanote-dono |
Irmáns | Sanada Nobuyuki Muramatsu-dono Sanada Nobukatsu |
Parentes | Komatsuhime, cuñada Ōtani Yoshitsugu, sogro Toyotomi Hideyoshi, sogro |
Sanada Yukimura (真田 幸村?, 1567 – 3 de xuño de 1615), nome actual: Sanada Nobushige (真田 信繁?), foi un guerreiro samurai xaponés do período Sengoku. Foi especialmente coñecido como o xeneral líder do lado defensor do Cerco de Osaka.
Yukimura foi chamado "O heroe que aparece unha vez en cen anos", "Demo escarlata da guerra" e "O derradeiro heroe do Sengoku." Shimazu Tadatsune chamouno o "Guerreiro número un do Xapón"|日本一の兵}}.[Cómpre referencia]
Primeiros pasos
[editar | editar a fonte]Sanada Yukimura foi o segundo fillo de Sanada Masayuki e a súa muller (Kanshô-in 寒松院); sendo Nobuyuki o seu irmán maior. Os Sanada foron leais vasalos de Takeda Shingen, daimyo da provincia de Kai.
En 1585 a disputa entre o seu pai, Masayuki, e Hôjô Ujimasa sobre o Castelo Numata chegou a un punto crítico e Tokugawa Ieyasu fixo plans para atacar o Castelo Ueda, construído por Masayuki e en posesión dos Sanada. En resposta, Masayuki fixo proposicións a Uesugi Kagekatsu da provincia de Echigo e enviou a Yukimura como refén, onde foi intensamente vixiado polo xeneral de Uesugi, Suda Mitsuchika. Unha carta súa datada o 29 de agosto menciona a chegada de Yukimura e di que, a cambio, un exército será enviado para axudar ao clan Sanada na súa querela contra os Tokugawa provocando que o ataque de Ieyasu no Castelo Ueda fora un fracaso absoluto. Cara ao fin do ano Masayuki negociou con Toyotomi Hideyoshi garantindo un rápido fin á disputa con Ieyasu. Quizais se someteu a Hideyoshi porque Yukimura puido saír do control dos Uesugi, quen tamén se aliara cos Hideyoshi.
Yukimura serviu a Hideyoshi e casou coa filla de Ôtani Yoshitsugu, servo de Toyotomi. En 1594 baixo as ordes de Hideyoshi, Yukimura, xunto co seu pai e co seu irmán, tivo que prover de homes para a construción do Castelo Fushimi.
Batalla de Sekigahara e exilio
[editar | editar a fonte]En 1600, no preludio da batalla de Sekigahara, o clan Sanada, agora aliados dos Tokugawa, comezaron o seu avance contra os Uesugi (que foran recolocados en Aizu). Porén, o 17 de xullo Ishida Mitsunari dirixiu unha acusación de 13 cargos a Ieyasu, respaldada por tres dos rexentes bugyô que gobernaban no nome do herdeiro de Hideyoshi, Toyotomi Hideyori. Ieyasu converteuse no inimigo do Estado e Mitsunari enviou unha invitación aos Sanada para repensar o seu actual apoio a Ieyasu e unirse ás forzas do oeste, a coalición anti-Tokugawa. Ante un dilema complexo na véspera do enfrontamento entre Ieyasu e Mitsunari, Masayuki cumpriu cos desexos de Mitsunari e retirou inmediatamente as súas forzas do campo de batalla e enviounas a Ueda, levando a Yukimura con el. Deixou ao seu fillo maior con Ieyasu, presumiblemente para asegurar a supervivencia do Clan Sanada independentemente do bando gañador (Yukimura era o xenro Ôtani Yoshitsugu quen ía apoiar a Mitsunari mentres que Nobuyuki casara coa filla biolóxica de Honda Tadakatsu, poderoso guerreiro moi próximo a Ieyasu).
Tras cambiar de bando, Tokugawa Hidetada, fillo de Ieyasu, atacou a pai e fillo no Castelo Ueda (Segundo Cerco de Ueda) no seu camiño a Sekigahara a dar apoio ao seu pai. O Cerco de Ueda finalizou en 8 días coa derrota de Hidetada, cuxa forza de 38.000 homes chegou demasiado tarde poñendo en perigo a vitoria do seu pai.
A vitoria de Ieyasu converteuno no dono e señor do reino e, por suposto, de Masayuki e Yukimura, quen se atopaban nunha precaria situación por terse oposto a el. Afortunadamente, Nobuyuki intercedeu no seu nome evitando as mortes do seu pai e do seu irmán. Porén, cara o final do 1600, Masayuki e Yukimura foron exiliados a Kudoyama no Monte Koya (provincia de Kii). Yukimura tiña daquela 32 anos.
Existen cartas de Yukimura da súa época en Kudoyama, escritas ao seu irmán ou a serventes da familia. Entre outras cousas, dicía que estaba aprendendo a gozar do renga, se ben era complicado xa que el comezara tarde. O seu pai Masayuki morrera en Kudoyama en 1611.
Unha vida dedicada ao lecer no exilio non satisfacía a Yukimura. En 1614 Toyotomi Hideyori comezou a reunir ronin para apoialo en contra do inminente ataque que Ieyasu planeaba e Yukimura respondeu. Fuxiu de Kudoyama no décimo mes e partiu para o Castelo de Ôsaka, onde se convertería nun dos comandantes principais de Hideyori. É aquí, no Castelo de Ôsaka, onde Yukimura forxaría un lugar na historia do Xapón como unha das figuras máis afoutas e adorábeis do Período Sengoku.
Cerco de Osaka
[editar | editar a fonte]Cerco de inverno (1614)
[editar | editar a fonte]As forzas de Toyotomi non estableceron nin unha estrutura nin unha estratexia sólidas. No canto de interceptar a Tokugawa no seu traxecto cara a Ôsaka, Hideyori decidiu permanecer dentro da cidadela do Castelo de Ôsaka poñéndose, así, á defensiva. Yukimura traballou no trazado dunha estratexia defensiva que empregara os seus talentos que lle permitiran aguantar cercos cunha forza similar á que tivera no Castelo Ueda xunto ao seu pai. As forzas de Tokugawa eran considerablemente superiores (uns 194.000 soldados fronte aos 113.000 samurais e ronin do bando de Toyotomi.
Amplamente protexido por ríos e canais polo norte, o leste e o oeste, o castelo de Ôsaka era máis vulnerábel aos ataques polo sur. Sendo consciente disto, as forzas de Toyotomi cavaron unha foxa que foi fortificada con cercas de madeira. No interior construíron foxas para dificultar o paso polas vías máis importantes. No linde oriental, aproximadamente un quilómetro ao sur da entrada ao castelo de Tamatsukuriguchi, construíuse un castelo auxiliar con forma de media lúa reforzado con muros de madeira. Dende esta posición Yukimura valentemente comandaría 5.000 homes contra as forzas de Tokugawa, recibindo a barbacá o nome de "Sanada-maru" (hoxe en día coñecida como "Sanada-yama Park").
A mediados de undécimo mes de 1614, as forzas de Tokugawa comezaron a atacar o Castelo de Osaka. Como sinalamos anteriormente, o flanco sur do castelo era o máis feble polo que Tokugawa fixo un asalto total en Sanada-maru o cuarto día do duodécimo mes (3 de xaneiro de 1615). O primeiro asalto foi liderado por Maeda Toshitsune (1593-1658) que comandou 12.000 soldados que se retiraron despois de que moitos foran liquidados nun tiroteo mortal de arcabuces de fogo e fuxiran dos muros de Sanada-maru. Unha segunda tentativa con 10.000 soldados baixo as ordes do neto de Ieyasu, Matsudaira Tadanao (1595-1650) xunto con outros 10.000 portando as famosas armaduras vermellas do clan Ii, comandados por Ii Naotaka (1590-1659) foi recibida por unha chuvia de balas por parte dos defensores de Sanada-maru. Porén, a forza Matsudaira-Ii logrou soportar o aluvión de disparos o suficiente como para romper a porta do Castelo Hachomeguchi, onde se toparon con 8.000 soldados de Toyotomi liderados por Kimura Shigenari (1593-1615). Presionados polas forzas de Kimura e polo constante tiroteo dos soldados de Sanada, a forza Matsudaira-Ii non tardou en retirarse ás súas liñas. A tropa de Kimura deulles caza, e procederon a derrotar polo camiño unha forza adicional de Tokugawa de 700 soldados dirixidos por Matsukura Shigemasa (1574-1630) e Terazawa Hirotaka (1563-1633).
O seguinte día, o quinto do duodécimo mes (4 de xaneiro), Tokugawa continuou co seu ataque en Sanada-maru e unha forza de 4.000 homes baixo as ordes de Tôdô Takatora (1556-1630) correu para a porta Tanimachiguchi (谷町口門), ao oeste da porta Hachomeguchi. Tôdô rapidamente conseguiu destruír o muro do castelo, mais un feroz contraataque de 5.000 homes de Chôsokabe Morichika (1575-1615), obrigou a Tôdô a retirarse.
Debido á resistente defensa de Sanada-maru, fíxose evidente para os Tokugawa que o Castelo de Osaka non podía ser tomada enviando fato tras fato de soldados ao castelo. Cumpría un cambio táctico e Ieyasu escolleu traer artillaría. Malia que a cortina de fogo da artillaría que comezou o noveno día do duodécimo mes (8 de xaneiro) non tivo un efecto destrutivo abafador, provocou o efecto psicolóxico desexado. Incapaz de soportar o bombardeo, a nai de Hideyori, Yodo-gimi, exerceu presión sobre o seu fillo para alcanzar un acordo de paz con Ieyasu. As murallas do Castelo de Osaka foron máis fortes que a a súa vontade e Hideyori finalmente cedeu aos degoiros da súa nai e negociou un armisticio 10 días despois do comezo do bombardeo. O vixésimo segundo día do duodécimo mes (21 de xaneiro) o cerco de inverno de Osaka rematou oficialmente.
Cerco de verán (1615)
[editar | editar a fonte]Sen sequera dar tempo a que a tinta do acordo se secara, o Shôgun Tokugawa Hidetada baixo as ordes do seu pai comezou a demoler as defensas externas do Castelo de Ôsaka. Hideyori protestou pero os seus rogos foron fútiles. Ieyasu empregou como pretexto o intento de Hideyori de reconstruír as súas murallas e foxas para aniquilalo dunha vez por todas. Alegando que Hideyori fora incapaz de cumprir o acordo de paz reforzando o castelo e levantando un exército de rônin, Tokugawa recompuxera as súas forzas en Kyoto preparándose para marchar de novo a Ôsaka.
Sabendo que era inútil permanecer detrás dos muros da debilitada cidadela agardando a que a tropa de Tokugawa se amosara, as forzas de Toyotomi decidiron ir á ofensiva. O primeiro enfrontamento notable do cerco de verán ocorreu o vixésimo sétimo día do cuarto mes (24 de maio) en Kashii, onde 5.000 soldados de Tokugawa baixo as ordes de Asano Nagaakira (1586-1632) derrotaron a 3.000 homes liderados por Ono Harufusa mentres se dirixían cara ao forte pro-Tokugawa do Castelo de Wakayama (和歌山).
A seguinte disputa importante produciuse na brétema a primeira hora do sexto día do quinto mes (2 de xuño) en Dômyô-ji (道明寺), preto das kobun (sepulturas) imperiais xaponesas. As tropas de Yukimura e Tokugawa pugnaban por terreo na aba de Komatsuyama (小松山). Aquí, os soldados de Yukimura (ao redor de 3.000) enfrontáronse a 10.000 homes comandados polo afamado “Dragón dun só ollo de Sendai”, Date Masamune (1567-1636) preto do santuario de Hachiman na aldea de Konda (誉田八幡神社). Co luscofusco preto, Sanada deuse conta que combater máis era inútil e decidiu retirarse cara ao Castelo de Ôsaka. Tokugawa Tadateru, sexto fillo se Ieyasu, ordenou perseguilos. Pero os seus 9.000 homes estaban tamén exhaustos pola abrupta marcha para reforzar as posicións en Dômyô-ji e botouse para atrás, permitindo a Yukimura fuxir un día máis.
O sétimo día do quinto mes (3 de xuño) tivo lugar unha das batallas máis dramáticas e feroces, a batalla de Tennô-ji (天王寺). Despois da airosa retirada ao Castelo de Ôsaka, Yukimura atopouse cunha forza masiva de 150.000 preparando o asalto final ao castelo. Como as unidades de Ieyasu aínda estaban mudando de formación, os soldados de Toyotomi lanzaron unha ofensiva desesperada cunha forza de, aproximadamente, entre 54.000 a 60.000 que esperaban toparse cos homes de Tokugawa coa garda baixa. Como a vangarda do flanco esquerdo de Tokugawa baixo as ordes de Matsudaira Tadanao partiu ás súas posicións, as unidades de Yukimura cargaron dende Chausuyama (茶臼山) e loitaron con destemperanza co continxente de Mori Katsunaga. Como a liña de Matsudaira comezou a derrubarse, o exército personal de Ieyasu irrompeu para apoiar a Matsudaira, Yukimura viu a súa oportunidade para arrasar o centro. Se era capaz de manter ocupado ao centro da forza de Tokugawa suficiente tempo, Hideyori podería saír do castelo e liderar un exército que cargara contra o flanco desprotexido de Tokugawa, o exército de Toyotomi podería, quizais, ter unha oportunidade de vitoria. Por conseguinte, Yukimura enviou ao seu fillo, Sanada Daisuke, de volta ao castelo para instar a Hideyori a aproveitar o momento e saír. Mais Hideyori tardou demasiado. Como a batalla se propagaba en torno a el, Yukimura, agotado, colapsou. Nishio Nizaemon, un samurai de Tokugawa, recoñeceu a Yukimura e retouno. Incapaz de recobrar a forza suficiente para combater, Yukimura admitiu quen era e sacou o seu helmo. Segundos máis tarde, a súa vida chegou a unha abrupta fin.
A morte de Yukimura sucedeu á vista de moitos dos seus homes. As novas da súa morte propagáronse entre os seus soldados e o ataque minguou. Eles tamén estaban cansos pola batalla do día anterior en Dômyô-ji e o elevado ritmo da súa retirada a Ôsaka. Para cando Hideyori saíu, os estandartes de Tokugawa xa ondeaban dende as foxas externas do Castelo de Ôsaka ata a porta Sakura.
Ao día seguinte, o castelo de Ôsaka estaba en chamas e Hideyori e Yodo-gimi suicidáronse. A eliminación dos Toyotomi e das posibles ameazas á dinastía Tokugawa estaba agora completa, iniciando a longa era do Shogunato Tokugawa que duraría ata 1868.
Lendas e representación popular
[editar | editar a fonte]De acordo a fontes históricas primarias e cartas persoais, el nunca se referiu como Yukimura. Ese nome xurdiu nunha novela militar escrita durante o Período Edo e popularizouse en xogos modernos, libros, novelas, e diferentes medios de comunicación de entretemento. Os documentos históricos empregan o seu nome histórico “Nobushige". Unha teoría é que o nome “Yukimura” é unha amálgama de Masayuki (o seu pai) e Date Tsunamura.
Unha lenda di que Yukimura liderou dez heroes que exerceron un papel activo nas batallas do Castelo de Ôsaka, estes foron chamados os Dez Afoutos de Sanada, Era un grupo de ninja, comprendido por:
- Sarutobi Sasuke (猿飛 佐助?)
- Kirigakure Saizō (霧隠 才蔵?)
- Miyoshi Seikai (三好 清海?)
- Miyoshi Isa (三好 伊三?)
- Anayama Kosuke (穴山 小助?)
- Unno Rokurō (海野 六郎?)
- Kakei Jūzō (筧 十蔵?)
- Nezu Jinpachi (根津 甚八?)
- Mochizuki Rokurō (望月 六郎?)
- Yuri Kamanosuke (由利 鎌之助?)
Outro mito di que el logrou asasinar a Ieyasu, pero o Ogoshō foi reemplazado por un kagemusha chamado Ogasawara Hidemasa aos ollos do mundo. O mito é unha testemuña do actual respecto que os xaponeses teñen polas habilidades de Yukimura como comandante militar.
Cultura popular
[editar | editar a fonte]No manga popular Tenisu no Ōjisama o seu nome foi usado en dous personaxes pertencentes ao mesmo equipo, Rikkaidai: Genchiro Sanada e Seichii Yukimura. Na versión anime desta obra de Konomi Takeshi tamén aparecen ditos personaxes.
Yukimura xoga un papel relevante e carismático no manga e anime Samurai Dīpā Kyō.
Yukimura é o personaxe principal de Hyakka Ryouran.
É un personaxe utilizábel en:
- Pokémon + Nobunaga's Ambition sendo os Pokémon Rizādo e Rizādon os seus enlaces perfectos.
- Nos xogos de Koei Sengoku Musō e Musō Orochi así como ten un papel importante na versión animada do primeiro.
- Ídem no caso da serie de videoxogos Sengoku Basara, así como na súa versión anime. No anime, Yukimura se nomea a si mesmo como: "Sanada Genjiro Yukimura".
No xogo de Tecmo Koei para PlayStation Vita, Tōkiden, Sanada Yukimura pode obterse como mitama.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bryant, Anthony J. Sekigahara 1600, Osprey Publishing Ltd., 1995.
- Sanada Family Materials
- Sengoku Biographical Dictionary (Samurai-archives.com) FWSeal & CEWest, 2005
- Turnbull, Stephen. Osaka 1615, Osprey Publishing Ltd., 2006.
- Shin Rekishi Gunzo Series No. 2: Sanada Yukimura to Osaka no Jin, Gakken, 2006.
- Shin Rekishi Gunzo Series No. 10: Sanada San Dai, Gakken, 2007.
- Bessa Rekishi Dokuhon Sanada San Dai, Jinbutsu, 2007.