Zeami Motokiyo
Nome orixinal | (ja) 世阿弥 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1363 Provincia de Iga, Xapón |
Morte | 1 de setembro de 1443 (79/80 anos) Xapón |
Actividade | |
Campo de traballo | Teatro e estética |
Ocupación | actor, actor de teatro, Intendente, compositor, escritor, dramaturgo, filósofo, esteticista |
Familia | |
Fillos | iníon Zeami Motokiyo, Motomasa Jūrō |
Pai | Kan’ami |
Parentes | Komparu Zenchiku, mukoyōshi |
Descrito pola fonte | Literary Encyclopedia 1929—1939 (en) , |
Zeami Motokiyo (世阿弥), tamén chamado Kanze Motokiyo, nado en 1363 e finado en 1443, foi un actor e dramaturgo xaponés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zeami Motokiyo |
Alén de ter escrito cerca de duascentas pezas Noh (xénero teatral que logrou estabelecer como forma artística prestixiada) deixou un conxunto de instrucións escritas para actores, de forma a transmitir a súa propia concepción da súa arte dramática. Os seus textos son vistos por moitos xaponeses como unha base fundamental das ideas nacionais sobre estética e cultura.
O seu pai, Kan'ami, tamén foi actor e educou a Zeami. Os dous son, sen dúbida, os maiores responsábeis polo estabelecemento do xénero dramático Noh no Xapón e da importancia que lle é hoxe concedido.
Cando a compañía de Kan'ami's actuou para Ashikaga Yoshimitsu, o Xogún do Xapón, este implorou a Zeami que o ensinase nesta arte. Despois de Zeami sucederlle ao seu pai, continuou a actuar e a adaptar o seu estilo até, sensibelmente, a forma que o teatro Noh ten actualmente.