Saltar ao contido

Follas novas/Tecin soya á miña tea

En Galifontes, o Wikisource en galego.


Alguns din, ¡miña terra!

Tecin soya á miña tea,
Sembrey soya o meu nabal,
Soya vou por leña ô monte,
Soya á veẍo arder n'o lar.
Nin n'a fonte nin n'o prado
Asi morra c'o á carráx
El non ha de virm' á erguer,
El ẍa non me pousará
¿Que tristeza! ó vento soa,
Canta ó grilo ô seu compás...
Ferbe o pote... mais, meu caldo,
Soiña t'hey de cear.
Cala rula, os teus arrulos
Ganas de morrer me dan,
Cala, grilo, que si cantas
Sinto negras soïdás.
O meu homiño perdeuse,
Ninguen sabe en onde vay...
Anduriña que pasache
Con él as ondas dó mar,
Anduriña, voa, voa,
Ven e dime en ond'está.

Anterior:
Terra a nosa
Tecin soya á miña tea Seguinte:
Os manantiales sécanse

Fonte : V. As viudas d'os vivos e as viudas d'os mortos. páxina 224