Conversa usuario:Prevert
Nova secciónIsto comeza a ferver, había tempo que non había tanta edición. Banjo pediu User:BanjoBot. Se me ensinases pediría eu un e non vos daría a lata: User:Prebot/lista (por que espero que non sexa tan liante -conceptualmente- como xuntar historiais). Agora tamén tes un tempo que non tiñas antes ;) --Sobreira 16:26, 30 outubro 2007 (UTC)
- Re: Ola Sobreira, en canto teña un momento xa che aprendo a usar o bot. Grazas por axudar a revivir o Galizionario. Un cordial saúdo. --Prevert 20:41, 30 outubro 2007 (UTC)
- Python (verbenero) 2.5.1 installed. Teño accesos a IDLE (Python GUI), Module Docs & Python (command line). Comecei a ler Python Manuals e facéndome unha idea, pero creo que é mellor coller o atallo dos teus coñecementos ;) Só hai que ver a miña páxina de usuario, moito hai que facer antes do GReLO... Sobreira (parlez) 12:48, 1 novembro 2007 (UTC)
- Reformulei un pouco a orde da Portada e quiteille información duplicada. Hai que pensar en quitarlle cores vermellas e deixalas como a bandeira galega. Tes algún modelo para benvidas? Sobreira (parlez) 20:08, 1 novembro 2007 (UTC)
Saúdos
[editar]Ola Prevert, non sei se participarei moito, mais agardo facer algunha entrada. saúdos.--Aricum 10:14, 31 outubro 2007 (UTC)
- Re: :Desculpa, esquecera asinar. Todo o que fagas, pouco ou moito, será moi útil para revitalizar o proxecto. Co traballo que está facendo Sobreira axiña imos conseguir que o wiki volva medrar. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:21, 2 novembro 2007 (UTC)
- Hostiax en wínegar! Non fai falla? Entón por que tiña a idea e mesmo o instalei? Ou queres dicir que non fai falla aprender aínda que si telo? E grazas polo cumplido de arriba. You know how to make people enjoy working here. Sobreira (parlez) 19:13, 2 novembro 2007 (UTC)
SINCERELY, THANKS FOR ALL. --Botsobreira 22:24, 2 novembro 2007 (UTC)
RE:Benvida
[editar]Moitas grazas pola benvida, Prevert. Un saúdo.--Fryant 17:26, 3 novembro 2007 (UTC)
- Nada, ho. A mandar. --Albert galiza 21:54, 3 novembro 2007 (UTC)
- Xa vin. Tíñao contemplado na miña lista persoal. A lista de Wiktionary Apéndice de zooloxía e Category:Botánica é un comezo. Xa redactei tamén algunhas das ideas que falamos onte sobre redireccións e remisións. O que vexo que me esquecín foi dos superíndices. Vouno poñer. Sobreira (parlez) 00:17, 4 novembro 2007 (UTC)
- Re: Sorry, non o vira. Quedo á espera do tema dos superíndices —un bo descubrimento—. Greetings to Botsobreira. Un cordial saúdo. --Prevertgl 01:33, 4 novembro 2007 (UTC)
- Atopeina por fin: en vez do que buscaba puñan Trésor. Busca BDLP. Sobreira (parlez) 02:39, 4 novembro 2007 (UTC)
- :'( Vaia home. Sorry, I wasn't aware. Baixei un seguidor de RC, a verdade é que é bastante útil. Xa vin os teus lugares. Estiven confeccionando unha lista cos artigos onde cómpre {'{-gl-}'} e onde non, para facelo artesanalmente, sen parsefunctions. Seleccionei os artigos que había ata hoxe pola noite. Teño unha lista de menos de 2300 (faltame revisar o 5 de w:User:Sobreira/Galizionario) onde si lles cómpre a frase "Vexa o artigo da Galipedia sobre {'{PAGENAME}'}" (é dicir, cambiarlle o modelo a {'{-galegorefGalip}'}) e o resto faríase cambiando {'{-gl-}'}. Seguirás co que estabas ou forzamos un bot? (teu, meu ou de quen o teña operativo) Mañá hai que verse. Sobreira (parlez) 00:07, 5 novembro 2007 (UTC)
bot
[editar]ola Prevert, perdoa por non contestache antes pero eran horas de ir durmir :). Xa tes o teu bot dado de alta, a ver que cousas nos tes preparadas para facer automáticamente. Un saúdo.--Aricum 10:22, 16 novembro 2007 (UTC)
- Re: Perdoa agora ti polo retraso. Teño pensado comezar creando entradas sobre nomes de parroquias. Por certo, mudaron os espazos de nomes e agora están en galego. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:50, 20 novembro 2007 (UTC)
cambios de cores
[editar]Non notei a diferenza, mais se ti ves que queda mellor, estou dacordo contigo.Un saúdo.Aricum 13:38, 20 novembro 2007 (UTC)
- Re: Supoño que non o ves porque hai que borrar a caché do navegador. Eu creo que é útil, vese en verde ou vermello o número de bytes segundo se engada información ou se elimine. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:22, 20 novembro 2007 (UTC)
Benvida recibida
[editar]Vendo o marabilloso traballo que estades facendo co Galizionario, entendo o atraso, e recibo a benvida cos brazos abertos. A ver se vou metendo algunha palabra que outra para colaborar no contido, xa que as templates non son o meu. Moitas grazas, e seguide así. --Gallaecio 19:09, 21 novembro 2007 (UTC)
Non hai de qué
[editar]O bot está que bota fume! :D. Cambiei os espazos de nomes aquí, igual me faltou algunha páxina protexida, pero a maior parte do chollo xa ta feita :). Estivo dende onte dándo unha pasada para as interwikis, xa que aquí ao contrario da gali non hai unha pila de bots cambiando interwikis, e de vez en cando non ven mal actualizalos. Moitas grazas por todo, outra vez :D --BaNjO tell me 19:32, 27 novembro 2007 (UTC)
Aricumbot
[editar]Ola, Prevert, Si que fun eu quen creou a conta Aricumbot. non te preocupes. Cando queiras podes dar de alta o bot. grazas. Un saúdo.--Aricumbot 23:10, 28 novembro 2007 (UTC)
- Re: Perdoa, pero se foches ti por precaución prefiro que mo confirmes desde este nome de usuario. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:13, 28 novembro 2007 (UTC)
- Ola, Prevert, son eu, o verdadeiro Aricum, non sei confirmarcho :). Home precavido, vale por dous.Aricum 23:19, 28 novembro 2007 (UTC)
- Re: Coa mensaxe que me deixaches desde a conta Aricum está confirmado que eres o mesmo. Desculpa pero tiña que confirmalo. Paso a dalo de alta. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:25, 28 novembro 2007 (UTC)
- xa teño o bot. Grazas Prevert.Aricum 23:30, 28 novembro 2007 (UTC)
Xa sei que non che gusta, pero prefiro a it:italiana ou a hu:magyar. Así a xente tamén se internacionaliza un pouco e se anima a meter máis linguas (e a nosa en pé de igualdade). Sobreira (parlez) 19:19, 29 novembro 2007 (UTC)
- Re: :-) Non o dixen porque non me gustara, dixeno porque estaba vendo uns interwikis e paréceume boa idea que a lingua funcione como un separador, máis nada. Por iso preguntaba, non para que desfixeras o traballo que levas feito que me parece moi bo, non fai falta dicilo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:27, 29 novembro 2007 (UTC)
- os veciños (pt:surat) tamén usan bandeirolas cando lles cadra, pero cunha solución máis intermedia entre nolos dous. ;) Sobreira (parlez) 21:41, 11 decembro 2007 (UTC)
Maiúscula ou minúscula?
[editar]Boas, estaba escribindo un par de artigos de termos en inglés, e quedei cunha dúbida: Nunha definición sempre se empeza con maiúscula? É que como a definición dos termos consisten en traduccións ao galego, e as ligazóns internas do Galizionario escríbense con minúscula, teño que facer [[exemplo|Exemplo]]. Fágoo así, ou deixo [[exemplo]] ao empezar as definicións? --Gallaecio 18:49, 11 decembro 2007 (UTC)
- Re: Nas definicións dunha palabra galega a solución é [[minúscula|Maiúscula]]. Nas remisión dunha palabra doutra lingua ao galego nas entradas que estiven facendo cos nomes latinos dos paxaros usei a mesma solución pero ao recibir a túa consulta decateime de que posiblemente estivera facendo mal e sexa preferible poñer a minúscula como fan noutras linguas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 00:53, 12 decembro 2007 (UTC)
Uncategorized & bot
[editar]Hai unha páxina languageGl.php. Que é isto? Pódese borrar? Pódese categorizar?
Creei Wiktionary:Glosario para entendérmonos.
Agora sobre botear.
- Mensaxe que atopo:
Logging in to wiktionary:gl as Botsobreira There is a CAPTCHA in the server's response. Please wait a while or log in using a graphical web browser to reset the request and try again. Log in failed. Wrong password? Password for user Botsobreira on wiktionary:gl:
Sabes como salta-lo CAPTCHA? Estou dado de alta?
- Re: Ola Sobreira. O de languageGl.php xa está arranxado. Con respecto ao CAPTCHA é un sistema para restrinxir o uso de sistemas automáticos. Cando fas o rexistro do bot no navegador aparece unha palabra que tes que poñer na ventá coa que estás traballando co bot, iso permíteche acceder ao sistema. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:47, 22 decembro 2007 (UTC)
- Moitas grazas. A miña primeira edición bot!!. Desta vez non me saltou o de CAPTCHA coma onte. O que non sei é porque isto meteu a liña de ' ' ' Agardar' ' ':
{{-start-}} '''Agardar''' #redirect [[agardar]] {{-stop-}}
--Botsobreira 18:11, 22 decembro 2007 (UTC)
- Re: Tes que poñer o parámetro notitle para que non ocorra iso. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:15, 22 decembro 2007 (UTC)
Balance do ano
[editar]Ola, Prevert. Grazas polos ánimos. E grazas por seres un compañeiro tan estimábel. Espero que non nos abandones, ultimamente non te vexo tanto coma antes pola Galipedia. Que teñas un vindeiro ano cheo de contribucións ao proxecto :). Un saúdo.Aricum 18:38, 22 decembro 2007 (UTC)
- Re: Non sin tempo quero agradecerche a túa mensaxe. Feliz ano. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:35, 7 xaneiro 2008 (UTC)
- Feliz ano e que se vaian facendo os teus proxectos, na vida real e na virtual. Sobreira (parlez) 21:31, 7 xaneiro 2008 (UTC)
- Re: Moitas grazas pola túa mensaxe e polo teu aprecio. Tamén espero que todos os teus proxectos vaian ben este ano. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:57, 10 xaneiro 2008 (UTC)
Technika
[editar]Como fas para reverter o movido a minúscula sen borrar a redirección? [1] Conversa_Usuario:Sobreira
- Por qué aquí é Conversa e na Galipedia Discusión? Non cambia os dous igual? Agora me decato que é o nome do separador, pero o da páxina é igual nas dúas. Xa o trocarei en Mensaxes do sistema. (bis)
- e o -notitle non me funcionou! Menos mal que só fixera 3.
Probas
[editar]Ola Prevert ! O Galizionario é outra mundo de "gramatica" pa mín. Fixen esto : [2]. Si esta mal borra. Sinon dime si camiño ben. Pa aprender é mais facil pa mín de levar do diccionario galego ao francès. Si dou aprendido o xeito, logo tratarei de traer do frances ao galego. Pero teño que aprender con probas e ir de bagar. E alguen ten que axudarme, tamen pidolle a Sobreira. Saudos Elvire 00:06, 11 xaneiro 2008 (UTC)
útil ou necesario?? --Botsobreira 23:04, 17 xaneiro 2008 (UTC)
- Asumo que si por que está en Especial:Allsystemmessages. Outra cousa:
detalles
[editar]- ó usar "delete.py" pide un bot administrador: modificando user-config segue sen deixarme. Alguén que o teña para a próxima vez non ter que borrar a man 109 páxinas, as orixes da redirección de latín (creei categoría:Nome científico)? E algún método para mover páxinas dende un file.txt? Por certo, mirei que na inglesa teñen :cat:Affixes e :cat:Phrasebook: algún día tocaranos... Sobreira (parlez) 22:41, 8 abril 2008 (UTC)
- algún xeito de unificar o uso dos modelos modelo:-glref- e modelo:Galipedia nos topónimos? --Botsobreira 13:18, 19 abril 2008 (UTC)
topo
[editar]Vou cambiar a machete modelo:-nomep- por modelo:topon e logo corrixir as 5 excepcións. A túa páxina está entre elas, espero que non che importe. --Botsobreira 13:36, 21 abril 2008 (UTC) :: creo que logrei evitalo.
- Xa está. Agora se podes nun futuro utiliza modelo:-topon- ou modelo:topon para a sección.
- E creei unha categoría Categoría:Toponimia de Galicia para usar con modelo:sem. --Botsobreira 21:32, 21 abril 2008 (UTC)
Université !
[editar]Ola Prevert ! É unha sorte que sexa unha palabra tan bonita que leve o cargo ise ! Ando un pouco espantada de ver que motissimas palabras francesas con maiuscula estan enchendo a cifra ! Conto irlas botando a lixo pouco a pouco, tratando ser cando engado páxinas novas para que non se baixe dos 18 000 ! (lol). Non esquezas en decirme ó que non esta ben feito para que corrixa. E polo demais non te preocupes, xa sabes ben que só fago ó que me fai prazer, sabendo que unha cousa mal feita non me fai prazer. Saudós Prevert Elvire 15:36, 10 maio 2008 (UTC)
- Re: Concordo contigo é unha bonita palabra para chegar a esa cifra. Unha cousa máis o sistema non contabiliza as redireccións como entradas, cantas máis entradas fagas mellor :-) pero non te preocupes por marcar as que haxa que borrar porque o número non vai baixar por borrar redireccións. Un cordial saúdo. --Prevert 15:45, 10 maio 2008 (UTC)
Sobre borrar
[editar]Tes toda a razón, mil desculpas. Poñereille o marcador sen borrar o contido. Neste momento estaba revisando entradas traídas da Galipedia, xa que hai algunhas repetidas (con maiúscula e con minúscula); se lles queres dar ti un repaso para acabar antes... Eu polo momento vounas deixar quedar. E por certo, nin conta me dera de que estaba de aniversario, grazas. Un saúdo.
Furagaitas 09:35, 16 maio 2008 (UTC)
Topónimos
[editar]Moi agradecido! Andei a buscalo e non o daba encontrado. Por certo, teño unha dúbida, a ver se ma resolves ti. ¿Os modelos entran no cómputo de artigos? Porque de ser así estaría un pouco falseado o número de artigos, ¿non? Furagaitas* 14:02, 23 maio 2008 (UTC)
- Re: Só contan no cómputo as entradas do espazo de nomes principal (os espazos de nomes veñen determinados polos prefixos: Modelo, Categoría, Imaxe, Conversa, etc..., o espazo de nomes principal non leva prefixo), as redireccións tampouco contan. Nas estatísticas en crú podes ver a diferenza entre o número de páxinas e as que se consideran entradas reais, neste preciso momento total=38284;good=18359. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:44, 23 maio 2008 (UTC)
- Graciñas de novo. A dúbida xurdiume hai uns días despois de crear un modelo homo, pereceume que contador subira, pero non debeu ser así. Furagaitas* 14:59, 23 maio 2008 (UTC)
- Re: Ás veces o sistema pode presentar algún problema puntual, puidera ser esa a explicación non o podo afirmar con seguridade. Hai algúns días semella que os programadores estiveron facendo algunha tarefa de mantemento que se notou no wiki. A ver se conseguimos chegar a 20.000 entradas axiña. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:14, 23 maio 2008 (UTC)
- Moitissimas gracias a Furagaitas e a Prevert. Se non vos parece mal :
- Re: Ás veces o sistema pode presentar algún problema puntual, puidera ser esa a explicación non o podo afirmar con seguridade. Hai algúns días semella que os programadores estiveron facendo algunha tarefa de mantemento que se notou no wiki. A ver se conseguimos chegar a 20.000 entradas axiña. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:14, 23 maio 2008 (UTC)
- Graciñas de novo. A dúbida xurdiume hai uns días despois de crear un modelo homo, pereceume que contador subira, pero non debeu ser así. Furagaitas* 14:59, 23 maio 2008 (UTC)
- vou traballar co listaxe de Furagaitas é mais facil para mín, e por demaís sabemos todos donde collo a fonte, para clarificar erros entre nós.
- grabai na miña computadora a páxina que da Prevert para consultala. Para traballar directamente con ela ten o inconvéniente que non se poden facer de copiar/pegar, e eu abuso diste tipo de escritura para evitar os problemas dos acentos.
Concordo con 20 000 para principios de xuño !!!Saúdos Elvire 16:50, 23 maio 2008 (UTC)
birn e Birn
[editar]Ola!! Realmente quería marcar para borrar as dúas, porque polo que puiden ver no Wikiwörterbuch e nun tradutor en papel, non existen Birnen (=pereira) nin Birn (=pera). birnen movina a Birnbaum e marqueina para borrar (xa a borraches). Como o equivalente de pera (Birne) xa existía, non tiven que mover birn, pero tampouco non quixen ser eu o que borrase o seu contido, xa que non coñezo a fonte da que saíu. E finalmente, como Birn só tiña unha redirección cara un artigo que non sei se é correcto, marqueino para borrar. Quizá debese limitarme a facer un comentario na páxina de discusión... Furagaitas* 22:05, 28 maio 2008 (UTC)
Comestíbel
[editar]Boas! Pois adiante, xa o dou por feito. Vouno borrar da miña lista de traballos pendentes. Moitas grazas. A ver se chegamos hoxe ás 19000 ;) Furagaitas* 14:56, 7 xuño 2008 (UTC)
- Re: Penso que si. De feito houbo un problema co contador que restou unhas redireccións que borrei, se non fora iso xa teríamos chegado ou faltarian un ou dos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:02, 7 xuño 2008 (UTC)
As listaxes contan?
[editar]Ola Prevert. Hoxe que andamos pendentes do contador de artigos xurdiume unha dúbida. ¿As listaxes de vocabulario básico (p.ex. a listaxe en alemán) entran no cómputo de artigos? Supoño que si; ¿non sería conveniente movelas por exemplo a Wiktionary:? Furagaitas* 17:58, 7 xuño 2008 (UTC) Por certo: ¿seguiuse algún criterio para facer estas listaxes? Furagaitas* 18:03, 7 xuño 2008 (UTC)
- Re: Ola Furagaitas. Si que contan. En canto ao de movelas ao espazo Wiktionary penso que é mellor falalo con Sobreira porque el andivo traballando nese tema. Tocante aos criterios non podo achegar ningún dato, creo que se comezou na tirada inicial o Galizionario (daquela estaban Aricum e Rabalde practicamente sós) e non lembro ter visto o que se falou sobre o tema. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:52, 9 xuño 2008 (UTC)
- Ok, xa vin que llo comentaches a Sobreira, a ver que opina el. De non existir un criterio coido que sería bo establecelo... Furagaitas* 19:51, 9 xuño 2008 (UTC)
Artigos para borrar
[editar]Que hai Prevert! Tráioche traballo xD. Na miña sección de palabras para revisar recollín unha lista de palabras que nas súas respectivas entradas figuran como verbos, cando realmente son adxectivos e substantivos. Están todas marcadas como páxinas para completar. Eu dicía de borralas... Furagaitas* 00:05, 12 xuño 2008 (UTC)
- Re: Ola Furagaitas. De acordo, irei borrando aos poucos para non baixar de súpeto en número de artigos. Segundo vaiamos aumentando eliminarei uns cantos. Grazas polo aviso. Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:44, 12 xuño 2008 (UTC)
- Re: Feito. Cando vin o número de páxinas que quedaban por completar (preto de 7.000) mudei de idea e borrei todas as entradas trabucadas da lista. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:06, 12 xuño 2008 (UTC)
- O certo é que tantas páxinas por completar desvirtúan as case 20.000 que levamos. Eu vou completando algunha de cando en cando pero a verdade é que me resulta unha tarefa pouco reconfortante. Afortunadamente o seu número vai minguando pouco e pouco. A ver se nos quitamos de riba este lastre, que xa o vimos arrastrando desde hai demasiado tempo. Furagaitas* 16:44, 12 xuño 2008 (UTC)
- Re: Certo. Haberá que poñerse como obxectivo baixar as que quedan por completar a 5.000 como primeiro paso para mellorar o wiki. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:25, 12 xuño 2008 (UTC)
- Boa tarde. Vexo que restauraches algunha das palabras que che comentei, en concreto apendicular e armilar. A primeira aparece no Houaiss como verbo, pero non aparece ningunha das dúas con esta categoría gramatical nin no VOLG nin no DRAE. ¿A que se debeu a restauración? Por outro lado, ¿que che parece a miña proposta para a sección Índice no Proxecto de Portada? Penso que ten a mesma funcionalidade que a actual e non se fai tan cargada. Furagaitas* 15:03, 16 xuño 2008 (UTC)
- Re: Ola Furagaitas. O borrado ás veces faise moi duro e hoxe ía a toda présa. Cando vin que a maiúscula enlazaba cunha páxina que non existía pensei que me trabucara, sintoo nin me parei a pensar na palabra. Volvo a borralas. O mellor sería pasarlle ao bot ese traballo, pero hai que asignarlle os permisos de administración e teño que escribir unha proposta razoada. Aínda que melloramos moito ultimamente queda moito traballo por facer e como ti mesmo dixeches con respecto ás páxinas por completar non é moi agradecido andar borrando páxinas de aí que en ocasións cometa algún erro. En canto ao do índice a min paréceme ben, aproveito para engadir que se non chego a intervir nalgunha proposta ou me retraso ao comentar algo non é porque non me pareza ben ou estea en contra débese a que moitas veces entro no wiki a escape e comezo a facer algunha das tarefas pendentes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:19, 16 xuño 2008 (UTC)
- Boa tarde. Vexo que restauraches algunha das palabras que che comentei, en concreto apendicular e armilar. A primeira aparece no Houaiss como verbo, pero non aparece ningunha das dúas con esta categoría gramatical nin no VOLG nin no DRAE. ¿A que se debeu a restauración? Por outro lado, ¿que che parece a miña proposta para a sección Índice no Proxecto de Portada? Penso que ten a mesma funcionalidade que a actual e non se fai tan cargada. Furagaitas* 15:03, 16 xuño 2008 (UTC)
- Re: Certo. Haberá que poñerse como obxectivo baixar as que quedan por completar a 5.000 como primeiro paso para mellorar o wiki. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:25, 12 xuño 2008 (UTC)
- O certo é que tantas páxinas por completar desvirtúan as case 20.000 que levamos. Eu vou completando algunha de cando en cando pero a verdade é que me resulta unha tarefa pouco reconfortante. Afortunadamente o seu número vai minguando pouco e pouco. A ver se nos quitamos de riba este lastre, que xa o vimos arrastrando desde hai demasiado tempo. Furagaitas* 16:44, 12 xuño 2008 (UTC)
- Re: Feito. Cando vin o número de páxinas que quedaban por completar (preto de 7.000) mudei de idea e borrei todas as entradas trabucadas da lista. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:06, 12 xuño 2008 (UTC)
lixo
[editar]Ola Prevert ! Dinme conta onte ou nantronte que andas limpando as redireccións innecesarias das maiuscúlas. Paro de meterme nelas cando as atopo porque penso que sera tempo perdido para ti de borrar as miñas pedidas tedo ti un programa nesto. Si concordas, non perdas tempo para contestarme. O dos 20 000 non foi posible para inicios de xuño pero vaise vencer ... pronto. Eu confío. Saúdos. Elvire 11:39, 17 xuño 2008 (UTC)
traducciones
[editar]Hola Prevert, no sé si lo conozcas, hay el proyecto betawiki: para traducir los mensajes MediaWiki, las traducciones allí son disponibles en todos los proyectos wikimedia :)
Si quieres ayudarnos, por favor registra una cuenta betawiki:special:userlogin y deja un mensaje en betawiki:Betawiki:Translators para obtener flag de traductor.
Muchas gracias, --paxaro (:> )=| 13:51, 17 xuño 2008 (UTC)
- Muchas gracias por tu respuesta, me alegro verte por allí, no te preocupes no tener tanto tiempo para esto lo entiendo :) Un saludo cordial :) --paxaro (:> )=| 16:22, 17 xuño 2008 (UTC)
ayuda
[editar]Hola Prevert, por favor podrías bloquear este usuario. Lo hace en todas partes: añade interwikis buenos y luego algo así, para más información ve esta página por favor, muchas gracias, un saludo, --paxaro (:> )=| 21:32, 24 xuño 2008 (UTC)
Re: Petición de aprobación
[editar]Grazas pola información. Se non votei ata o de agora foi por un lado porque non sabía que podía facelo e por outro porque non teño moi clara a función dos bots. Conta co meu voto. Furagaitas* 14:11, 27 xuño 2008 (UTC)
- Re: Os bots son programas que automatizan certas tarefas como por exemplo inserir interwikis, mudar categorías, corrixir erros ortográficos,... Os que se usan nos wikis Wikimedia adoitan usar Pywikipedia. Debido a que os bots poden facer numerosas edicións as votacións realízanse para outorgar o status de bot e dese xeito agochar as edicións do bot nos cambios recentes (poden visulizarse premendo en mostrar bots) para que así non resulten asolagados polas edicións dos bots. Nas votacións para outorgar o status de bot normalmente avalíase a experiencia do operador do bot, as funcións que vai realizar o devandito bot, a confianza que merece (por causa de que ao agochar as edicións dos bots a revisión non é tan minuciosa coma o resto das edicións) entre outras cuestións. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:27, 27 xuño 2008 (UTC) Engadido: escribín a mensaxe antes de ver que tiñas votado. --Prevertgl 14:29, 27 xuño 2008 (UTC)
Boas, compañeiro. Quería marcar para borrar Conversa:Aviar (que ademais de estar orfa non tén un contido de moita utilidade) pero preferín comentarcho a ti por se querías facer algo con ela. Furagaitas* 00:48, 4 setembro 2008 (UTC)
- O mesmo digo para Conversa:Bazofia, Conversa:Cadela e Conversa:circunstancial. Furagaitas* 02:25, 4 setembro 2008 (UTC)
- Re: Ola Furagaitas. Grazas polo aviso, xa está amañado. Engadín unha explicación para que se comprenda o sentido desas páxinas. Non se deben borrar porque corresponden ao historial orixinal da páxina. Desde hai algún tempo a importación de páxinas desde a Galipedia pódese facer automaticamente e xa non é preciso recurrir ao sistema de copiar e pegar o historial na páxina de conversa. Aproveito para agradecerche que sigas aí a ti e ao resto de compañeiros que hai actualmente no Galizionario. Bo traballo o que fixestes no verán. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:06, 4 setembro 2008 (UTC)
Petición
[editar]¿Sería moito pedir un modelo para asinar comentarios a posteriori como o {{Sensinatura}} da Galipedia? Furagaitas* 15:03, 4 setembro 2008 (UTC)
- Re: Vaia! Estaba pensando niso mesmo. Non o fixen hoxe porque quería incluír unha pequena variación que permita engadir o campo data. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:08, 4 setembro 2008 (UTC)
- ¿Coa data do comentario? ¡Boa idea! Poderei agardar xD Furagaitas* 15:11, 4 setembro 2008 (UTC)
- Re: Si, porque ese dato é importante para o seguimento das conversas. Na Galipedia acostumo poñer a data de xeito manual pero é mellor que haxa un campo para facelo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:14, 4 setembro 2008 (UTC)
- Re: Xa temos o Modelo:Sensinatura. Non houbo que facerlle ningún cambio, non me lembraba que xa o tiña creado na Galipedia co campo para poñer a data. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:20, 4 setembro 2008 (UTC)
- Ok, grazas. Xa o probei. Por certo, decateime de que a Páxina Principal está no espazo de nomes de artigo e aparece listada como un artigo máis. ¿Non sería conveniente movela para Wiktionary:Portada ou Wiktionary:Páxina Principal, como a teñen na versión en inglés? ¿Entra no cómputo de artigos? Furagaitas* 17:03, 4 setembro 2008 (UTC)
- Re: Xa temos o Modelo:Sensinatura. Non houbo que facerlle ningún cambio, non me lembraba que xa o tiña creado na Galipedia co campo para poñer a data. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:20, 4 setembro 2008 (UTC)
- Re: Si, porque ese dato é importante para o seguimento das conversas. Na Galipedia acostumo poñer a data de xeito manual pero é mellor que haxa un campo para facelo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:14, 4 setembro 2008 (UTC)
- ¿Coa data do comentario? ¡Boa idea! Poderei agardar xD Furagaitas* 15:11, 4 setembro 2008 (UTC)
- Re: Penso que no Wiktionary en inglés e noutras Wiktionaries usan o espazo de nomes Wiktionary para deixar libre a palabra para a entrada que lle corresponde. Aquí hai tempo trocaron o contido da páxina portada da portada á entrada sobre ese termo e crearon a Páxina Principal, por iso paréceme que non é preciso facer o outra vez o cambio. Canto máis sinxelo sexa o enderezo para quen queira enlazar connosco mellor. De todos os xeitos se entre todos se acorda facer o cambio por min non hai problema. (Nunca fixen a comprobación pero en teoría si que conta para o número de artigos, é así en todos os proxectos.) Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:40, 4 setembro 2008 (UTC)
Nome de usuario
[editar]Ola Prevert. Bota, por favor, un vistazo ó que lle explico a Elvire [3], sobre o conflito co nome a as posibles solucións. Saúdos, Pedro --Lameiro 22:37, 4 setembro 2008 (UTC)
Moitas grazias
[editar]Hola Prevert, muchas gracias por el mensaje de bienvenida bilingüe pero ya había entendido tu frase galega (puedes hacer la comparación con la en siciliano que es muy similar):
- Galego: "Ola Sarvaturi benvido ao Galizionario, a versión en galego do Wiktionary."
- Sicilianu: "Ohe Sarvaturi binvinudu au Galizziunariu, 'a virsioni 'n gallegu do Wiktionary."
Ambos idiomas tienen unas semejanzas... ¿No te parece?
Saúdos atentos :-)
--Sarvaturi 19:43, 23 setembro 2008 (UTC)
espadela e espadelar
[editar]Xa fixen estes dous artigos. Espadela non existe xa na Galipedia, pero espadelar si, e marqueina como lixo. Terás que trae-lo historial desde alí á entrada do galizionario. Saúdos, Pedro --Lameiro 21:49, 27 setembro 2008 (UTC)
- Re: Ola Lameiro. Xa importei o historial. Na túa páxina de conversa da Galipedia deixeiche a lista das páxinas que xa importei e que marquei como eliminación rápida. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:42, 30 setembro 2008 (UTC)
Plaxio
[editar]Ola. Pásate por aquí, porfa. Furagaitas* 19:51, 20 outubro 2008 (UTC)
- Ola Prevert. Atopei algún caso novo de plaxio. Trátase das entradas significante e sección, nas que parte da información é "copy-paste" doutro dicionario. E por certo: grazas por non esquecernos. [ Furagaitas * ] 20:11, 23 maio 2009 (UTC)
- Ola novamente. Na miña páxina de conversa hai unha nova violación dos dereitos de autor. Alí e mais aquí atoparás todos os datos nos que me baseo. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 02:56, 27 maio 2009 (UTC)
21000
[editar]Boas. Xa pasamos dos 21.000 artigos. Coméntocho principalmente por se queres reflexalo nos taboleiros de Actualidade. Non estiven moi pendente e non sei seguro cal foi a entrada 21.000. O 8/11/08 ás 21:28 (UTC) había 20.997, polo que o 21.000 debe ser o artigo quatre-vingts, creado o 9/11/08 á 1:00 (UTC); pero agora mesmo, cuns 37 novos artigos desde a última vez que mirei o contador, hai 21.015. Parece que non funciona moi ben este contador... Un saúdo. Furagaitas* 19:08, 9 novembro 2008 (UTC)
- Re: Ola Furagaitas. Grazas novamente polo aviso. Xa puxen a mensaxe, non engadín o nome da entrada porque non me sae a conta. Revisando cara atrás a min o que me sae é pet, en ambolos dous casos creados por Elvire. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:52, 10 novembro 2008 (UTC)
Boas. Non sei se o viches, temos unha nova petición de aprobación de bot. Furagaitas* 11:19, 26 novembro 2008 (UTC)
- Re: Ola Furagaitas. Grazas por avisares, si que o vin pero aínda non teño claro a miña postura. Polo que vin é un bot recente e hai uns días só tiña dúas edición en pt.wikt, tentarei facer unha comprobación polo miúdo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:58, 26 novembro 2008 (UTC)
Grazas
[editar]Grazas por todo Prevert. Unha aperta. --Norrin strange 21:12, 10 decembro 2008 (UTC)
Re: Comentario
[editar]Boas. Perde coidado, a miña colaboración non está condicionada. Se nalgún momento non estiven de acordo con algún tema, non calei. Por outro lado, o que veño chamando Megavotación, pretende ser, máis que unha votación, unha sondaxe, unha recollida de opinión sobre un conxunto de temas que debatilos un e un resultaría moi custoso en tempo e pouco produtivo, polo que este é un xeito de abrevialo. De todas formas, procurarei non levar á comunidade por un camiño que o conxunto non acepte. Un saúdo. Furagaitas* 22:41, 10 decembro 2008 (UTC)
Pregunta
[editar]Unha preguntiña. ¿Sabes se se poden usar exemplos como os que puxen en sangue frío e a sangue frío? (Dígoo no referente a dereitos de autor) Furagaitas* 03:23, 11 decembro 2008 (UTC)
Interwicket
[editar]Bot flag please? Per discussion. Cheers, Robert Ullmann 13:37, 12 marzo 2009 (UTC)
Galego-Aragonés
[editar]Boas Prevert ! Penso ca automatización pola cal o bot retirou o interwiki é porque os artigos deben respectar a grafía perfectamente identica, occureme tardar en atopar unha palabra por culpa de enganarme co tipo dun acento ! Penso que este tipo de entradas habria que mudalas con un nome que comeza por wikialgo ou categoría ou por unha palabra que identifique esa páxina como diferente dunha entrada "normal" do Galizionario. De non ser asi penso que o problema volva polo mismo bot ou por outro. Saúdos Elvire 20:08, 30 marzo 2009 (UTC)
- Bueno o asunto merece que se amañe para outras páxinas. Vouno pensar e mirar como se pasa nos outros wikidicionarios antes de propor ou facer algo. Grazas por darme a túa opinion Elvire 22:40, 31 marzo 2009 (UTC)
Plurais, femininos, etc.
[editar]Ou sexa, que as distintas formas das palabras non terían artigo propio? Só a "neutra"? Por que se decidiu tal? Faise o mesmo coas palabras doutras linguas? --Gallaecio 10:44, 16 maio 2009 (UTC)
Agradecería que, cando tiveses tempo, pasases pola Taberna a dar a túa opinión. Intento que vaiamos chegando todos a un consenso e ir plasmándoo nunha completa páxina de axuda ao estilo da da Wikipedia. Un saúdo! -Gallaecio 16:13, 16 maio 2009 (UTC)
- Desculpa, estou afeito ás listas de correo. Agora mesmo o modifico. --Gallaecio 17:46, 16 maio 2009 (UTC)
Ía crear a páxina, pero vin que xa a borraras previamente. Imaxino que o motivo é que a súa utilidade queda diminuída ante a da Taberna. Cres que paga a pena creala (aínda que non sería tan completa como a da Galipedia, claro)? --GallaecioE logo? 07:04, 17 maio 2009 (UTC)
- Ben pensado, mellor deixalo para discusión máis adiante na Taberna (aínda que tampouco sexa algo de moita importancia). --GallaecioE logo? 07:16, 17 maio 2009 (UTC)
Perdoa
[editar]En serio, perdoa. Perdoade. Sei que non che gusta meterte porque se non xa o terías feito. Acudín á Galipedia inconsciente do dano que podía ocasinar na busca dun apoio que ata o de agora non atopei. E entendo que o mellor para o proxecto é que ese apoio non me chegue, porque creo que sería contraproducente para os usuarios (e en definitiva para o propio proxecto) casar con algunha das partes. Polo tanto, non quero que ti perdas de facer o teu magnífico traballo por resolver o irresoluble. Á falta dese apoio, e tendo contra min acusacións e valoracións moi negativas, creo que o traballo que poida realizar no Galizionario se vería depreciado, polo que sinto que o máis conveniente é que deixe de colaborar no Galizionario. Ademais retractarme do feito nos últimos meses sería imposible, porque fixen en todo momento o que crin máis correcto, intentando perxudicar o mínimo o proxecto. Desgraciadamente, se o fixen mal non tiven a ninguén que me tutelase. Por todo o dito comunícoche que seguramente me comece a desvincular do Galizionario. Quero agradecerche a axuda prestada ata o momento e o feito de servirme como modelo (seguramente fun un pésimo aprendiz). Pediríache un favor: hai tempo pregunteiche isto. Gustaríame saber a resposta, e se non a tes gustaríame saber a quen llo podo preguntar ou que documentación consultar. E o mesmo para as ¿pseudo?copyvios de Raspiñeiro. Un cordial saúdo. [ Furagaitas * ] 05:07, 24 xuño 2009 (UTC)
Toponimia
[editar]Boas. Retomei a creación de entradas da toponimia parroquial. Se che interesa o seu estado vou ir anotando aquí os concellos feitos. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 18:25, 19 de xuño de 2010 (UTC)
Pregunta
[editar]Ola Prevert. Son Xoio. Pregaria que me explicases o por que da eliminacion da entrada “aglutinar”. Por incorrecta? por innecesaria? --Xoio 21:54, 18 de outubro de 2010 (UTC)