casaco
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /kaˈsako̝/ (AFI)
casaco (ms: casaco; mpl: casacos; fs: casaca; fpl: casacas)
- (Linguas do mundo) Lingua da familia de linguas túrquicas, lingua oficial en Casaquistán.
- Pobo túrquico que habita nas zonas norte de Asia central, sendo unha das etnias constituíntes de Casaquistán, e é unha das minorías principais en países como Rusia e China.
- (Xentilicio) Habitante de Casaquistán.
casaco (ms: casaco; mpl: casacos; fs: casaca; fpl: casacas)
- Relativo ou pertencente a Casaquistán, e, máis en concreto, ao pobo túrquico.