Saltar ao contido

luz

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «luz».
  • Pronuncia: /ˈluθ/ (AFI)

Substantivo feminino

luz (sg: luz; pl: luces)

  1. (Astronomía) Porción da radiación electromagnética visible ao ollo humano e que, en termos xerais, está comprendida entre as lonxitudes de onda de 4.000 A (luz violeta) e 7.000 A (luz vermella).
  2. Esa mesma enerxía cando ilumina as cousas.
    • Exemplo: Só poderás ve-los detalles a plena luz.

  3. Punto desde o que se emite esa enerxía.
    • Exemplo: Case é noite, pon as luces.

  4. Ventá na parede dun edificio.
    • Exemplo: Non podes abrir luces aí porque esa parede é medianeira.

  5. (Figurado) Persoa ou cousa que ilustra e guía os demais.
    • Exemplo: O teu exemplo servirá de luz para tódolos demais.

Sinónimos

Locucións

Locucións substantivas

Locucións verbais

  • Botar ou dar luz (sobre algo): aclarar un asunto, dar máis información. O achado pode dar novas luces sobre a biografía de Sarmiento.
  • Dar a luz: parir. ¿E ti, cando dás a luz?.
  • Sacar algo á luz: descubrir algo oculto, poñelo en coñecemento dos máis. O artigo aquel sacou á luz tódolos trapos sucios do concelleiro. Pode completarse como Sacar algo á luz pública.
  • Ter ou dar luz verde: ter ou outorgar cos permisos necesarios para levar algo adiante. Só cando o concello che dea luz verde podes empeza-las obras.
  • Ter poucas luces: ser de pouca intelixencia, de reducida capacidade mental. Mágoa que o rapaz ese teña tan poucas luces. Pode usarse tamén a forma Non ter luces.
  • Ve-la luz:
  1. Ser publicado ou coñecido. A súa novela tardou moitos anos en ve-la luz.
  2. Nacer.

Locucións de modo

  • Á luz de algo: iluminado por algo. Lía con dificultade á luz dos cirios.
  • A media luz: con pouca luz. Bailar a media luz.
  • A todas luces: resultar evidente unha cousa. A todas luces, non vas ser quen de rematalo a tempo.

Traducións

Véxase tamén