Bruxas
Brugge (nl) Brugge (vls) | |||||
Himno | 'k En Brugge in m'n herte (en) (xuño de 2021) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Bélxica | ||||
Rexión | Rexión Flamenga | ||||
Provincia | Flandres Occidental | ||||
Distrito | Arrondissement of Bruges (en) | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 118.509 (2022) (840,55 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua neerlandesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 140,99 km² | ||||
Bañado por | Mar do Norte, Boudewijnkanaal (en) e Reie (en) | ||||
Altitude | 2 m-4 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Donatien de Reims (mul) | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Dirk De fauw (2019–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 8000, 8380, 8310 e 8200 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 050 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | brugge.be | ||||
Bruxas[1][2] (Brugge en flamengo, Bruges en francés; provén do noruegués antigo "Bryggia", ponte ou peirao) é unha cidade do noroeste de Bélxica, capital da rexión de Flandres Occidental. Atópase a 90 quilómetros da capital Bruxelas, conta no seu núcleo urbano cunha poboación de 117.000 habitantes.
Características
[editar | editar a fonte]O maior atractivo da cidade e o seu centro histórico, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2000. Aínda que parte está reconstruído , o dito centro urbano é un dos máis grandes atractivos turísticos centroeuropeos, xa que mantén intactas as estruturas arquitectónicas medievais. Ó igual que Ámsterdam e Estocolmo, entre outras, Bruxas é coñecida como a Venecia do norte debido á gran cantidade de canles que atravesan a cidade, e á beleza dos mesmos.
Bruxas foi Capital europea da cultura no 2002, xunto á cidade de Salamanca.
Historia
[editar | editar a fonte]Bruxas foi cidade desde o século XI. Cara ao 1050, a constante sedimentación foi pechando a importante saída ao mar da cidade. Por sorte, unha tormenta en 1134 creou unha canle natural de saída ao mar. Este feito e a importante e emerxente industria da la, fixo que a cidade crecese enormemente, construíndose as súas murallas baixo o padroado dos condes de Flandres. O Condado de Flandres fora unha entidade feudal fundada a finais do século IX como dependencia do Reino da Francia Occidental (Francia Occidentalis) ou Reino dos Francos occidentais (Regnum Francorum occidentalium), que constituíu a etapa inicial do Reino de Francia (843-987).
A entrada da cidade na Liga Hanseática, unha federación de comercio de cidades dos Países Baixos, Alemaña e Escandinavia, só trouxo máis beneficio a unha cidade que se estaba convertendo nunha das máis ricas de Europa. Esta liga creárase a mediados do século XIII como unha alianza entre Hamburgo e Lübeck, para protexer os seus intereses comerciais e compartir o control das rotas comerciais. Esta primitiva Hansa firmou, en 1252, uns acordos con Flandres, coa cidade de Bruxas, a maior deste país, e entraba a formar parte da unión de Hamburgo e Bremen.
A entrada de Flandres como parte do Reino de Francia en 1297, e a resistencia a aceptar as políticas provenientes da coroa por parte dos flamengos, resultou nun aumento das tensións sociais, as cales empeoraron co encarceramento por parte de Filipe IV de Francia do conde de Flandres e o nomeamento dun novo gobernador.
O 18 de maio de 1302, tras seren expulsados dos seus fogares para poder acoller as tropas do exército francés, o pobo de Bruxas volveu á cidade, instigados por Jan Breydel e Pieter de Coninck, e asasinou a calquera francés que lograron atopar.
Conta a lenda que identificaban aos franceses facéndolles pronunciar a frase schild ende vriend (escudo e amigo), unha frase moi identificadora pola pronuncia dos habitantes da rexión. Ao parecer, os franceses tiñan moitas dificultades en pronunciar o son [sx] de schild. Devandita masacre é coñecida como as matinas de Bruxas.
Filipe IV de Francia mandou unha forza para acabar cos insurrectos, enfrontándose a eles e ás forzas do conde de Flandres na batalla das Esporas de Ouro, na que os franceses sufriron unha tremenda derrota.
Independizada do Reino de Francia en 1302, uniuse ao Ducado de Borgoña en 1384. O establecemento en 1419 de Filipe III, o bo, conde de Borgoña, coa súa corte en Bruxas, trouxo unha prosperidade cultural importante á cidade, baixo o mando dos Habsburgo, que se estendeeu durante todo o século XV. Nesta época estiveron no exilio na cidade Ricardo III e Eduardo IV de Inglaterra. Tamén nesta época William Caxton imprimiu en Bruxas o primeiro libro en inglés.
En 1512 integrouse nos Países Baixos españois, pasando a formar parte das Dezasete Provincias en 1549.
Desde 1713 a 1790 foi unha posesión do Imperio austríaco e, en 1790, formou parte dos efémeros Estados Unidos de Bélxica, desaparecendo definitivamente en 1795 coa invasión francesa.
A partir do século XVI, os sedimentos pecharan sensiblemente a canle aberta, polo que o poder económico da cidade sufriu un serio revés.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]O centro histórico de Bruxas é peonil, e ten diversos monumentos góticos. Destacan a igrexa da Nosa Señora, a catedral de San Salvador, a praza do Burg -onde están a casa consistorial e a basílica do Santo Sangue-, o Rozenhoedkaai, a praza Maior (Grote Markt), cun campanario gótico (Belfort) de 83 metros de altura e máis de 300 chanzos. O Begijnhof ou beaterio é un tranquilo xardín que destaca pola súa beleza, especialmente se se visita na primavera. A cidade alberga unha das sedes do Colexio de Europa. O Museo comunal de Belas Artes é o Museo Groeninge, onde poden verse obras de flamengos primitivos como Jan Van Eyck, Gerard David ou Hugo van der Goes.
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Porto Rotterdam |
Capital Europea da cultura xunto con Salamanca 2002 |
Sucesor: Graz |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8.
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). ISBN 84-8158-266-2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bruxas |