Arbo
Arbo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca da Paradanta. Segundo o INE en 2015 tiña 2846 habitantes (4121 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arbés» ou «arbense».[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra | ||||
Capital | O Pazo | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.647 (2023) (61,13 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 43,3 km² | ||||
Altitude | 257 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Horacio Gil Expósito | ||||
Eleccións municipais en Arbo | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 36430 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 36001 | ||||
Sitio web | concellodearbo.es |
Toponimia
editarUnha teoría defende que o topónimo Arbo ou Arvo ten unha orixe hidronímica prerromana. Edelmiro Bascuas sinala un diploma do rei de Galiza Afonso VII no que se mencionaría un ‘’Sanctus Petrus de Arauo’’ xa no século XII. Outras opcións falan do celta “ard bó” (alto da vaca). A última hipótese dálle unha orixe latina, de ARVUM 'campo ou rexión arable'. O lugar de Agrosagro (en Carboentes, Rodeiro) era Arvo Sagro (con similar significado) na Idade Media[2].
Xeografía
editarO concello está comprendido entre os montes da Paradanta e a ribeira do río Miño. Limita con Melgaço (Portugal) e cos concellos das Neves, A Cañiza e Crecente.
Poboación
editarCenso total | 2.846 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 268 (9.42 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1625 (57.1 %) |
Maiores de 65 anos | 953 (33.48 %) |
Historia
editarNo concello apareceu unha machada neolítica, en Cabeiras, conservada no museo de Pontevedra. En San Xoán de Arbo existe un petróglifo, preto do río Miño.
O documento escrito máis antigo sobre Arbo e as súas terras é a concesión dun privilexio por parte do rei Afonso VII, que fai ao mosteiro de Melón unha doazón deste territorio. Consérvanse numerosos documentos posteriores en relación con outros privilexios e doazóns do mesmo mosteiro.
O enclave xeográfico que ocupa a zona, fronte á vila de Melgaço á outra banda do río, provocou que se vise directa ou indirectamente afectada por diferentes conflitos bélicos. Así, durante os séculos XVI e XVII tivo lugar a guerra de sucesión trala separación de Portugal da Coroa española con Filipe IV. Xa no século XIX, durante a Guerra da Independencia, en febreiro de 1809 tivo lugar un enfrontamento entre as tropas francesas e os veciños do lugar, que non foron quen de defender a ponte de Mourentán, un paso importante.
Cultura
editarSímbolos
editarO escudo heráldico oficial do concello de Arbo foi aprobado mediante decreto en 1995, e ten o seguinte brasonamento:
[...] de azur e encima de ondas de azur e prata, unha ponte cun só ollo, de prata, sumado de dúas chaves do mesmo, postas en sotuer, e franqueadas de dous acios de uvas de ouro; bordura de ouro con dúas lampreas da súa cor. Ó timbre, coroa real pechada.[3]
Ademais, en 2002 aprobouse tamén a bandeira do concello, sobre pano azul, a lamprea de amarelo e no cantón alto, ó batente, un acio de uvas, tamén de amarelo.[4]
Patrimonio
editarA ponte de Mourentán é unha construción de cachotería do século XVIII, con arco oxival e rasante alomado. Cruza o río Deva, e formaba parte do antigo camiño real que unía Ribadavia con Salvaterra de Miño e Tui. Ten un só van, cunha luz de 12,4 m. Atópase en bo estado de conservación.
Infraestruturas
editarO concello está atravesado pola estrada PO-400, que vai de Salvaterra de Miño a Crecente. Está conectada con Portugal cunha ponte internacional sobre o río Miño que une o concello coa poboación veciña de Melgaço.
Na estación de Arbo ten parada a liña 6 de Media Distancia de Adif na conexión Vigo-León e mais o tren Intercity Madrid-Vigo.
Economía
editarNos últimos anos, a súa poboación decreceu considerabelmente a pesar de que algúns sectores económicos creceron. O máis espectacular foi o caso do cultivo e comercio de viño. Adegas sonadas teñen a súa base aquí (As Laxas, Marqués de Vizhoja, Bodegas Eidosela,...). Grazas á boa calidade do clima, conseguiuse unha variedade de albariño de alta calidade, que pertence ao Consello Regulador das Rías Baixas. Outro sector de importancia é o turismo rural. Existen tres casas de hospedaxe e unha manchea de restaurantes, especializados na lamprea, produto estelar do concello, que lle dedica a súa festa principal no mes de abril.
Evolución da poboación de Arbo Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
5.267 | 5.245 | 6.442 | 5.037 | 4.018 | 3.877 | 3.741 | ||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Arbo.
Parroquias
editarGalicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Arbo | |
---|---|
Arbo (Santa María) | Barcela (San Xoán) | Cabeiras (San Sebastián) | Cequeliños (San Miguel) | Mourentán (San Cristovo) | Sela (Santa María) |
Lugares de Arbo
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Arbo vexa: Lugares de Arbo.
Notas
editar- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 40. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ Costa, M. (31 de outubro de 2009). "Los nombres de los concellos galegos: A)". Verba escrita.
- ↑ DOG, ed. (16 de xuño de 1995). "DECRETO 196/1995, do 16 de xuño, polo que se aproba o escudo heráldico do Concello de Arbo.". Consultado o 8 de abril de 2014.
- ↑ DOG, ed. (25 de abril de 2002). "DECRETO 165/2002, do 25 de abril, polo que se aproba a bandeira do Concello de Arbo (Pontevedra).". Consultado o 8 de abril de 2014.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arbo |