Ceuta

cidade autónoma española, enclave situado na costa norte de África rodeada por Marrocos

Ceuta é unha cidade autónoma española, enclave situado na costa norte de África rodeada por Marrocos. Separada da Península Ibérica polo estreito de Xibraltar, Ceuta é o límite entre o mar Mediterráneo e o océano Atlántico.

Modelo:Xeografía políticaCeuta
Ceuta (es)
سَبْتَة (ar) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 35°53′12″N 5°18′00″O / 35.88667, -5.3
Territorio reivindicado porMarrocos Editar o valor en Wikidata
EstadoEspaña Editar o valor en Wikidata
Exclave deEspaña Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalCeuta Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación83.039 (2023) Editar o valor en Wikidata (4.488,59 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie18,5 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Altitude10 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Anyera (349 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
FundadorPúnico Editar o valor en Wikidata
Evento clave
23 de outubro de 1694Asedio de Ceuta
25 de setembro de 1790Asedio de Ceuta Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Santo padrónDaniele Fasanella Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoAsemblea de Ceuta , Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal51000–51999 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico856 e 956 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2ES-CE Editar o valor en Wikidata
Código NUTSES63 Editar o valor en Wikidata
Código INE51001 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webceuta.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4659610

Marrocos reivindicou a súa anexión como parte do seu territorio pola súa proximidade xeográfica, xunto con Melilla e outros territorios españois de menor entidade no norte de África. O Goberno de España nunca estableceu negociacións de ningún tipo, xa que é parte do reino ibérico dende o século XVII.

Ceuta, como tamén Melilla, foi un porto libre antes de que España entrara na Unión Europea. En 2008 tiña unha poboación de 75.276 habitantes, formada por cristiáns, musulmáns e pequenas minorías de xudeus.

Foi considerada como parte da provincia de Cádiz ata o 14 de marzo de 1995, cando a cidade aprobou o seu Estatuto de Autonomía e quedou constituída como cidade autónoma, aínda que a Constitución española de 1978 recoñece o seu dereito a constituírse en comunidade autónoma.

Etimoloxía

editar

A orixe do nome de Ceuta pode remontarse á designación dada polos romanos aos sete montes da rexión, Septem Fratres. De Septem > Septɘ > Sebta > Ceuta.

Os xeógrafos e historiadores da Antigüidade non citan o topónimo da poboación pero un deles, Pomponio Mela, daba noticia das peculiaridades orográficas do Oeste da Almina cos seus sete montículos simétricos cualificados como Sete Irmáns. Pola súa semellanza fonética pénsase que do numeral Septem (arabizado como Sebta) derivou o topónimo de Ceuta.

Xeografía

editar

Localízase a 35°55′ - 35°32′ Latitude Norte e 1°35′ - 1°41′ lonxitude Oeste. Ten unha superficie de 18,5 km². O principal accidente orográfico é o monte Hacho, unido ao continente africano por un istmo e coa illa de Santa Catalina.

Considerada tradicionalmente como a divisoria entre as augas do Mediterráneo e do Atlántico, Ceuta está rodeada polo mar que forma dúas baías, unha polo norte e outra polo sur.

O clima é de tipo mediterráneo, caracterizado pola suavidade nas temperaturas e a irregularidade nas precipitacións. Con todo, está matizado por dous importantes factores: o relevo e o mar que a rodea. O relevo, representado polo Yebel-Musa, actúa como pantalla ante os ventos atlánticos cargados de humidade, e a influencia marítima fai que as temperaturas sexan suaves tanto no verán como no inverno. A media anual non excede os 16,6 graos centígrados. As máximas absolutas prodúcense en xullo, mentres que as mínimas ocorren en xaneiro/febreiro, sendo anormal que descendan de 3 graos.

A diferenza de temperatura entre as augas que separan o Estreito e os ventos cargados de humidade procedentes do Atlántico fan que as choivas sexan abundantes, cun total de máis de 600 litros por metro cadrado. O réxime de precipitacións é moi irregular, cun máximo no inverno e grande aridez estendida entre os meses de maio e setembro. A humidade relativa tamén é elevada, 84% de media anual.

Historia

editar

250.000 a. C. - Primeiros vestixios da presenza humana en Ceuta.

Século VII a. C. - Ocupación fenicia do promontorio da Catedral.

A cidade foi fundada por colonos fenicios, coa denominación de"Abyla", e ocupada por gregos focenses, que a renomearon como "Hepta Adelphoi". No 319 a. C., Cartago toma a cidade, que pasaría a ser un dominio púnico.

 
Restos da basílica paleocristiá de Ceuta.

En 201 a. C., coa rendición de Cartago como final da segunda guerra púnica, a cidade é cedida ao Reino de Numidia. En 47 a. C., esta pasará a dominio mauritano. No ano 40 d. C., Calígula anexiónase o reino, que pasa a ser territorio romano e parte da provincia de Mauritania Tingitana. A rexión do norte de África e a cidade caen no 429 en poder dos vándalos.

No 534, o xeneral bizantino Belisario reconquista a cidade (campañas no norte de África baixo o emperador Xustiniano). A dominación sería breve, caendo en mans visigodas. No 709 a cidade cae en mans musulmás, debido ás disputas internas entre os visigodos. De feito, algunhas lendas falan da sublevación do conde Julián de Ceuta como a causa da súa caída.

No 788, foi invadida polo emirato Idrisí. No 931, o omeia Abd al-Rahman III conquista a cidade para o califato hispano. Non moito despois sufriría a división do Califato en Reinos de Taifas.

No 1024 Ceuta baixo a taifa de Málaga.

En 1061 Suqut al-Bargawati proclama a Señoría Independente.

En 1084 os almorábides, dirixidos por Yusuf ibn Tasufin conquistan a cidade.

En 1147 os almohades ocúpana.

En 1227 ten lugar o martirio de San Daniel e os seus compañeiros.

No ano 1232 a cidade é capturada pola Taifa de Murcia, aínda que o seu dominio sería bastante curto, xa que en 1233 Ceuta sería unha cidade independente. Tamén breve sería o período de independencia ceutí, xa que en 1236 o Reino de Fes ocúpaa, para en 1242 ser de novo conquistada, esta vez polos hafsíes.

En 1249 a dinastía dos azafíes faise co poder en Ceuta.

Segundo o Tratado de Monteagudo de las Vicarías (1291, entre Castela e Aragón), a cidade queda na zona de influencia de Castela. En 1305, sendo parte do Reino nazarí de Granada, a cidade entra no xogo da política mediterránea de Castela.

Con todo no 1309 é conquistada polo Reino de Fes con axuda aragonesa. En 1310 os azafíes volven tomar o control sobre a cidade. En 1314 o Reino de Fes a captura. En 1315 os azafíes volven tomar o control sobre a cidade. En 1327 o reino de Fes a captura. En 1384 o Reino de Granada a captura. En 1387 o Reino de Fes captúraa outra vez.

 
Azulexos conmemorativos da toma de Ceuta polo Infante Enrique na Estación de São Bento, en Porto.

O 21 de agosto de 1415 o rei de Portugal Xoán I, cos seus fillos Eduardo, Pedro e Henrique o Navegante desembarcan nas actuais praias de San Amaro e conquistan a cidade para o Reino de Portugal. Ante os despropósitos de varios capitáns para facerse cargo da cidade tras a conquista, Pedro de Meneses presentouse ante o Rei e cun pau chamado "Aleo" (co que se facía un xogo moi popular da época) promulgou tal himno: "Señor, con este pau bástome para defender a Ceuta de todos os seus inimigos" á pregunta de Xoán I de Portugal de se era o suficientemente forte para facerse cargo de tal responsabilidade. Pedro de Meneses foi designado primeiro Gobernador e Capitán Xeneral da cidade. O famoso Aleo consérvase actualmente no Santuario de Santa María de África e foi pasando de man en man a través de todos os xenerais que acceden ao mando da praza xurando defender a cidade tal como citou Pedro de Meneses. Tras un tratado co Reino de Fes, este recoñece Ceuta como portuguesa. A cidade foi recoñecida como portuguesa polo Tratado de Alcáçovas e o Tratado de Tordesillas.

Tras a morte do rei Sebastián, o Reino de Portugal incorpórase á monarquía hispánica (1580). En 1640 Ceuta non segue a Portugal na súa secesión, preferindo manterse baixo a soberanía de Filipe IV, pero decide manter as armas de Portugal no seu escudo e na súa bandeira.

En 1656 concédese á cidade Carta de Natureza e engade o título de Fidelísima aos que xa ostentaba de Nobre e Leal.

En 1668 o Tratado de Lisboa asinado entre España e Portugal recoñece a soberanía española sobre Ceuta.

En 1694-1724 prodúcese o asedio de Mulay Ismaíl, Sultán de Marrocos.

En 1704, tras ser cercada por terra, Ceuta resiste á Armada inglesa que tomou Xibraltar. Os marroquís atacan a cidade por terra mentres unha frota anglo-holandesa cañonea e intenta o desembarco na cidade. Prodúcense asedios continuos por parte de Marrocos en 1725-1728, 1732, 1757 e 1790-1791.

En 1812 a Xunta da Cidade convértese no Concello Constitucional.

 
Plano de Ceuta no século XIX.

En 1859-1860 prodúcese a guerra de África e un aumento dos límites da cidade.

En 1912 procédese á supresión do Penal e instáurase o Protectorado Español de Marrocos na súa zona norte.

En 1925, Ceuta independízase da provincia de Cádiz por Real Decreto de 4 de agosto.

En 1936 comeza a guerra civil. A sublevación, levada a cabo por tropas do tenente coronel da Lexión, Juan Yagüe, impúxose en Ceuta na madrugada do 17 ao 18 de xullo, sen atopar gran resistencia. Militares leais ao goberno e personalidades da Fronte Popular, como o alcalde, Antonio López Sánchez-Prado, foron posteriormente fusilados tras ser sometidos a simulacros de xuízos. Ceuta tivo grande importancia nos primeiros meses da contenda, como punto de paso do Exército do Norte de África na ocupación da Península.

En 1956 chega a Independencia de Marrocos (fin do Protectorado) e Ceuta serve como base de repregamento das forzas que estaban destinadas no territorio emancipado.

En 1978 a Constitución española, como outras anteriores, recoñécea como territorio compoñente da nación española, integrándoa no novo modelo de organización territorial, coa previsión da posibilidade de constituírse en Comunidade Autónoma.

En 1995 promúlgase o Estatuto de Autonomía da cidade. Ceuta, xunto con Melilla, alcanza o status de cidade autónoma.

O 5 de novembro de 2007 foi visitada por Xoán Carlos I e Sofía de Grecia. Había oitenta anos que un monarca español non visitaba oficialmente Ceuta.

Demografía

editar

Ceuta ten 74.093 habitantes actualmente, os máis son de orixe española, tamén ten poboación árabe de orixe marroquí, e dalgúns inmigrantes xibraltareños.

Linguas: O idioma oficial é o castelán, aínda que se fala tamén o árabe na súa variante marroquí; Ceuta en árabe pronúnciase Sebta, do latín Septum, sete,سبتة (o árabe non ten "p").

O seu xentilicio é ceutí.

Economía

editar

Na economía de Ceuta destaca o enorme peso que ten nela o sector terciario. Apenas existe nin agricultura nin gandería, polo que a pesca é a única actividade de importancia no sector primario. A accidentada orografía e a escaseza de auga, enerxía e materias primas impediron un maior desenvolvemento da cidade. Así mesmo, tanto o sector secundario como o da construción son moi restrinxidos debido á carestía de territorio, a pesar de que este último sector coñeceu un notable desenvolvemento durante os últimos anos. Ceuta, do mesmo xeito que Melilla, ten o status de porto franco. Así mesmo, ten unha serie de vantaxes fiscais, como bonificacións nalgúns impostos. Non está constituído o IVE, e élle devolto o 50% do capital en impostos directos.

Transporte e comunicacións

editar
 
Costa de Ceuta
 
Barco de EuroFerrys no Porto de Ceuta.

Desde a península

editar

A cidade de Ceuta está conectada co resto de España soamente a través do porto e o heliporto de Alxeciras e o aeroporto de Málaga-Costa do Sol. Desde o primeiro parten ferrys de catro empresas distintas ata o porto de Ceuta. O traxecto ten unha duración aproximada de 45 minutos e se efectúan entre 15 e 20 travesías diarias entre as 6:00 h. e as 23:00 h. Desde Málaga e Alxeciras opera un servizo de helicóptero de pasaxeiros ata o Heliporto de Ceuta. Este servizo efectúa na liña Ceuta-Málaga catro traxectos diarios en cada sentido desde as 7:15 h da mañá ata as 20:15 h., cunha duración de 35 minutos; mentres que o traxecto entre Alxeciras-Ceuta transcorre en 7 minutos. Tanto desde Málaga como desde Alxeciras parten trens e autobuses cara a diversos puntos de España, sendo posible desprazarse ata Madrid e Barcelona en tren de alta velocidade desde a malagueña Estación de Málaga - María Zambrano.[1]

Desde Marrocos

editar

Desde Marrocos, o único medio de transporte para desprazarse a Ceuta é en vehículos privados ou cruzando a pé a fronteira. As principais cidades marroquís máis próximas son Tetuán, situada a 40 km, e Tánxer, a 68 km

Desde Rabat e Casablanca a viaxe en coche ata Ceuta require ao redor de 4 h.[1]

Transporte urbano

editar

O transporte urbano está servido por 9 liñas de autobús, que realizan os seguintes percorridos:[1]

  • Liña 1: Circunvalación Bda. San Amaro
  • Liña 2: Plaza de la Constitución–Bda. Zurrón
  • Liña 3: Plaza de la Constitución–Bda. la Libertad
  • Liña 4: Plaza de la Constitución–Mutua de Ceuta
  • Liña 5: Plaza de la Constitución–Bda. Benzú
  • Liña 6: Plaza de la Constitución, circular
  • Liña 7: Plaza de la Constitución–Frontera del Tarajal
  • Liña 8: Plaza de la Constitución–Bda. Príncipe Alfonso
  • Liña 9: Plaza de la Constitución–Recinto Sur

Goberno e administración

editar

A Constitución española de 1978 recoñece a Ceuta e Melilla como cidades autónomas. É un partido xudicial de España.

A máxima autoridade política é o Alcalde-Presidente, representado dende 2001 por Juan Jesús Vivas, do PP.

Turismo

editar
 
Mesquita Muley El Mehdi.
 
Faro Punta Almina.

Deportes

editar

Fútbol

editar

A cidade de Ceuta tivo varios equipos representativos ao longo da súa historia. O primeiro en destacar foi o Ceuta Sport, fundado en 1932 e que en 1941 cambiou o seu nome a Sociedad Deportiva Ceuta. Foi o club máis laureado do Campionato Hispanomarroquí, así como o primeiro equipo ceutí en participar na Copa do Rei e en alcanzar a liga de Segunda División, chegando a disputar o ascenso a Primeira. En 1956 fusionouse co Atlético Tetuán e formou o Club Atlético de Ceuta, que tamén xogou varias tempadas na Segunda División de España, disputando nunha ocasión o ascenso a Primeira División. O equipo caeu a categorías rexionais a finais da anos 1960.

En 1970 creouse a Agrupación Deportiva Ceuta, que chegou a competir unha tempada na Segunda División de España, antes de desaparecer en 1992 por problemas económicos. En 1996 fundouse a Asociación Deportiva Ceuta, que nunca superou a Segunda División B, malia xogar en varias ocasións a promoción de ascenso. En 2012 desapareceu e parte da directiva, xogadores e equipo técnico pasaron ao Atlético Ceuta, fundado en 1956. Este último posteriormente pasou a chamarse Agrupación Deportiva Ceuta Fútbol Club e actualmente é o máximo representante da cidade, xogando na Terceira División.

Cidades irmandadas

editar

Galería de imaxes

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 O portal oficial da Cidade Autónoma de Ceuta (ed.). "Como chegar e como moverse". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2010. Consultado o 17 de marzo de 2010. 
  2. B. Atienza. "Cádiz y Ceuta unen los dos lados del Estrecho con un hermanamiento basado en su historia común". La Voz de Cádiz (en castelán). Consultado o 20/11/2007. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar