Fatah
Fatah (en árabe فتح), tamén coñecido como Al-Fatah, é unha organización político-militar palestina, fundada en 1959 en Kuwait, por Yasser Arafat. É un dos principais compoñentes da Organización para a Liberación de Palestina (OLP), que se creou en 1964, e é membro observador da Internacional Socialista, creada en 1951.
Fatah فتح | |
---|---|
Partido político de Palestina | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Mahmoud Abbas |
Mocidades | Mocidades de Fatha |
Filiación internacional | Internacional Socialista (membro observador) |
Historia | |
Fundación | 1959 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo de esquerda Secularismo Socialismo |
Representación | |
Consello Lexislativo | 45 / 132 |
Outros datos | |
Sede | Ramala - Palestina |
Na rede | |
www.fateh.ps | |
O nome é o acrónimo en árabe de "Movemiento Nacional de Liberación de Palestina" (Harakat Al-Tahrir Al-Watani Al-Falastini, حركة التحرير الوطني الفلسطيني). O artigo "al" non forma parte da sigla oficial, pero utilízase frecuentemente en ambientes xornalísticos ou coloquiais.
Fundación
editarDende o fin da segunda guerra mundial formárase un movemento palestino, que aspiraba a construír un estado árabe independente sobre o entón Mandato británico de Palestina, o cal ía contra as aspiracións sionistas sobre o mesmo territorio.
Trala creación de Israel en 1948, un grupos de estudantes palestinos reuníronse, convencidos de que a mellor forma de defender a integridade e a soberanía do pobo palestino era organizar un gran movemento de resistencia, baixo a forma dun movemento revolucionario autónomo, secular e de carácter nacional, é dicir un movemento independente dos países árabes e de calquera outro poder estranxeiro ou relixioso. Desta forma, Yaser Arafat fundou a organización, xunto con Salah Khalaf e Khalil al-Wazir, que residían en Kuwait, co obxectivo de combater a Israel para conseguir a liberación de Palestina,[1] facendo un chamamento a todos os palestinos a loitar contra o Estado de Israel.
O conflito con Israel
editarFatah instalouse na Franxa de Gaza a comezos de 1960. Cinco anos máis tarde o movemento comezou a súa loita armada contra Israel, o 1 de xaneiro de 1965, a través dunha ampla operación militar, co nome do seu brazo armado, al-Assifa (a tempestade).
Trala derrota árabe na Guerra dos Seis Días de 1967, que provocou a ocupación israelí da Franxa de Gaza e Cisxordania, o movemento incrementou a súa importancia entre os palestinos. A partir dese momento, comezou a etapa de loita interior, na cal o grupo radicalizou as súas accións.
Durante o ano 1967 Fatah realizou 2.432 ataques contra Israel,[2] pero as forzas de seguridade israelí frustraron a maioría destes atentados. Nestas operacións detiveron a cerca dun millar de milicianos palestinos e morreron case 200. Desta forma, o intento de levantamento popular nos territorios ocupados fracasou. En xaneiro de 1968, rexistróronse soamente 6 intentos de ataques[3]
Cambio de política
editarTralo impacto mundial causado por numerosos ataques terroristas contra civís, e en particular o asasinato de 11 deportistas israelís durante os Xogos Olímpicos de Múnic, Fatah e a OLP decidiron reorientar a súa política, buscando o recoñecemento internacional da causa palestina.
En 1983, o movemento sufriu unha seria crise interna, trala invasión israelí do Líbano. Produciuse unha escisión dentro do movemento, debido ás profundas discrepancias que provocaba a política do diálogo seguida por Yasser Arafat. Desta crise Arafat saíu fortalecido e o seu movemento consolidou o seu dominio da OLP.
En 1985, a sede central da OLP bombardearona as forzas israelís, o que debilitou a súa dirección dentro da organización. Porén, logrou reverter a situación ao levar a cabo a Intifada nos territorios ocupados, en 1987.
Durante os Acordos de Oslo, en 1993, Yasser Arafat recoñeceuse como representante do pobo palestino, firmou a Declaración de Principios con Israel como parte do proceso de paz, no cal se acordou a retirada israelí dos territorios ocupados, o dereito ao autogoberno dos palestinos e a renuncia ao terrorismo contra Israel por parte da OLP. Permitíndose o regreso de Arafat do exilio en Tunisia.
A partir 1994, a dirección de Fatah fíxose cargo da Autoridade Palestina, sendo Arafat o seu presidente ata a súa morte, en 2004.
Acusacións de terrorismo
editarO movemento rexeitárono moitos países occidentais por supostas vinculacións co terrorismo árabe; pero tivo tamén momentos de aceptación, como o discurso de Arafat ante as Nacións Unidas (1974) en virtude do recoñecemento da OLP como lexítima representante do pobo palestino, ou a súa admisión como membro da Liga Árabe (1976).
Fatah designouse como terrorista baixo a lei israelí[4] e soia ser considerada como tal por Estados Unidos ata que rexeitou formalmente toda forma de terrorismo e recoñeceu o dereito do Estado de Israel a existir, en 1988.[5][6][7][8][9]
Por outra parte, agrupacións independentes nadas ao lado de Fatah, como as Brigadas dos Mártires de Al-Aqsa, perpetraron diversos ataques a partir da Segunda Intifada, sendo cualificadas como organización terrorista polos Estados Unidos e Israel. De acordo a fontes israelís, este grupo é o responsable de polo menos 32 ataques entre 2001 e 2007, 10 deles suicidas, cun saldo de ao redor de 130 vítimas mortais, entre civís e militares.[10][11][12]
Notas
editar- ↑ BBC News (2007). "Palestinian rivals: Fatah & Hamas".
- ↑ BBC News (2007). "Radiografía de Fatah".
- ↑ Benny Morris, Victimes. Histoire revisitée du conflit arabo-sioniste, Editions Complexes, 2003, p.400.
- ↑ Israel ministry of Defense
- ↑ Yassir Arafat - La historia política del líder palestino
- ↑ Kushner, Harvey W. (2003). Encyclopedia of Terrorism (illustrated ed.). SAGE. pp. 13-15, 281-83. ISBN 0761924086.
- ↑ Lubasch, Arnold H. (30 de xuño de 1988). "Judge Rules PLO Can Retain Office". New York Times.
- ↑ Palestine Information Office v. Shultz, 853 F.2d 932 (D.C.Cir. 1988).
- ↑ "United States Department of State Bulletin". United States Department of State. 15 de setembro de 1987. Arquivado dende o orixinal o 29-06-2012. Consultado o 23-02-2009.
- ↑ Partial list of terrorist attacks during the 1994-2005 period
- ↑ "The Al-Aqsa Martyrs Brigade". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2008. Consultado o 24 de decembro de 2012.
- ↑ "The Al-Aqsa Martys Brigade is considered as a terrorist organization by the US government". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2013. Consultado o 24 de decembro de 2012.