Guadi Galego
Guadalupe Cribeiro Galego, coñecida como Guadi Galego, nada en Cedeira en 1974, é unha cantante galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (gl) Guadalupe Cribeiro Galego 1974 (49/50 anos) Cedeira, España |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Instrumento | Voz, piano e gaita galega |
Familia | |
Irmáns | Santiago Cribeiro |
Sitio web | guadigalego.eu |
Traxectoria
editarGuadi Galego comezou a súa formación de música dende moi nova. Dende o ano 1997 foi gaiteira, pianista e vocalista no grupo Berrogüetto, co que gravou tres discos até xaneiro de 2008 (Viaxe por Urticaria, Hepta e 10.0). Tamén formou parte do dúo Espido e de Nordestin@s.
A súa carreira en solitario iniciouse co álbum Benzón, que se publicou en 2009.[1] Este disco foi moi aclamado pola crítica galega e a española, recibindo o Premio Opinión ao mellor disco folk do ano[2] e a candidatura á mellor canción en galego nos Premios da Música polo tema "Madama", no que colaboraban Pedro Pascual e Rosa Bugallo.[3]
En 2012 uniuse aos músicos Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero para formar o grupo aCadaCanto[4] que sacou un disco de igual nome ese ano e outro en 2013 titulado A rosa d'Adina, no que musicaron versos de Rosalía de Castro.[5][6]
Presentou o seu disco Lúas de outubro e agosto o 25 de novembro de 2014, Día Internacional da eliminación da Violencia contra a muller, no que inclúe a canción "Matriarcas" facendo unha homenaxe ás mulleres reais e a súa vida cotiá.[7] En 2016 presentou o seu terceiro álbum en solitario, titulado O mundo está parado.[8]
No mes de maio, con motivo das actividades do Día das Letras Galegas en 2017, participou nun acto organizado polo Centro de Formación e Recursos (CFR) co obxectivo de fomentar o canto coral nos colexios e institutos utilizando como base o repertorio de grupos e cantantes galegos actuais. Xuntáronse nunha nave do estaleiro Navantia uns mil estudantes de Primaria e Secundaria para gravar, xunto a Guadi Galego, o seu tema "Chea de vida" baixo a batuta de Ramón Bermejo.[9][10]
No ano 2018, colaborou con Iván Ferreiro na banda sonora da serie Fariña.[11] O 17 de maio, Día das Letras Galegas, actuou no programa televisivo Late Motiv de Andreu Buenafuente convidada expresamente como artista galega para actuar en directo nun programa estatal.[12][13] O 15 de outubro de 2018 foi recoñecida co premio do Día Internacional da muller rural[14] pola Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (FADEMUR) e a Deputación da Coruña.[15]
En outubro de 2019 publicou Immersion, un álbum no que interpretou temas dos seus tres discos anteriores, mais esta vez en sete linguas da Península Ibérica: catalán, éuscaro, aranés, asturiano, portugués, castelán e galego.[16] Contou con colaboracións de numerosos artistas como Iván Ferreiro, Vega, Lisandro Aristimuño, Germán Díaz, Andrés Suárez Otero, Mikel Urdangarin ou Abe Rábade.[17] En novembro de 2020 publicou Costuras, o seu sexto disco en solitario, formado por dez novos temas.[18]
Discografía
editarTraballos con Berrogüetto
editar- Viaxe por Urticaria (1999).
- Hepta (2002).
- 10.0 (2006).
- Espido (2005).
Traballos con Nordestin@s
editar- Nordestin@s (2006).
Traballos propios
editar- Benzón (2009).
- Lúas de outubro e agosto (2014).
- O mundo está parado (2016).[19]
- Bóla de cristal (2018).[20]
- Immersion (2019).[21]
- Costuras (2020).
Traballos con aCadaCanto
editarGalardóns
editar- Premio Opinión outorgado pola crítica especializada ao segundo mellor álbum galego do 2005, por Espido.[22]
- Premio Opinión outorgado pola crítica especializada ao mellor álbum galego do 2009, por Benzón.
- Premio da Crítica Galicia de Música no 2015.
- Premio Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal en 2015.
- Premio Martín Códax 2016 na categoría de canción de autor.[22]
- Premio Rebulir da Cultura Galega 2018 na categoría de Música Galega.[23]
- Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado 2020
Con Berrogüetto
editar- Premio Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2002.
- Finalista do premio ao mellor álbum en galego na VI Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2002.
- Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 2002.
- Nomeamento pola Academia Latina de Artes e Ciencias da Gravación á 3ª edición dos Premios Grammy Latinos no apartado de Mellor Álbum de Música Folk no 2002.
- Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor disco de World Music por 10.0 no 2007.
- Premio Opinión outorgado pola crítica galega ao segundo mellor álbum galego por 10.0 no 2007.
- Finalista do premio ao mellor álbum en galego na edición dos Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2007.
Con Nordestin@s
editar- Premio La Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego do 2006.
Notas
editar- ↑ anosaterraTV (2009-05-28). "Benzón, o novo disco de Guadi Galego". Consultado o 2019-02-19.
- ↑ "A 'Benzón' de Guadi Galego logra o triunfo nos IX Premios Opinión". La Opinión A Coruña. 1 de marzo de 2010. Consultado o 25 de outubro de 2019.
- ↑ "Luar na Lubre gana el premio al mejor álbum de música tradicional y Carlos Bau el de mejor canción en gallego" (en castelán). 17 de febreiro de 2010. Consultado o 25 de outubro de 2019.
- ↑ "Un cuarteto musical de luxo mais efémero: aCadaCanto". Sermos Galiza. 23 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2019. Consultado o 25 de outubro de 2019.
- ↑ "aCadaCanto envolve en intimismo a intensa emoción de Rosalía". La Voz de Galicia. 19 de decembro de 2013. Consultado o 25 de outubro de 2019.
- ↑ "Rosalía séntese aCadaCanto en Compostela". Sermos Galiza. 9 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2019. Consultado o 25 de outubro de 2019.
- ↑ "Guadi Galego presenta un canto de amor a la mujer y a la libertad este 25-N". La Opinión A Coruña. Consultado o 2019-02-19.
- ↑ "Guadi Galego presenta su disco «O mundo está parado»". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de decembro de 2016. Consultado o 25 de outubro de 2019.
- ↑ "Uns 1.000 alumnos cantarán con Guadi Galego no estaleiro de Navantia". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2019-03-11.
- ↑ CFR Ferrol (2017-05-15). "1000 nenas e nenos canta "Chea de vida"". Consultado o 2019-03-11.
- ↑ Valerio, Isidoro (29 de maio de 2019). "Guadi Galego e Iván Ferreiro, en Cedeira". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "Guadi Galego: "Estamos pasando por un dos momentos máis duros para a lingua galega" Praza.gal. 17/5/2018.
- ↑ https://www.youtube.com/watch?v=MrVvEH6BAOY
- ↑ "Día Internacional de las Mujeres Rurales, 15 de octubre". www.un.org (en castelán). Consultado o 2019-02-19.
- ↑ "La Diputación y Fademur reconocen a Guadi Galego en el día de la mujer rural". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2019-02-19.
- ↑ "Guadi Galego revisa o seu cancioneiro en 'Immersion'". Sermos Galiza. 24 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2019. Consultado o 25 de outubro de 2019.
- ↑ "«Inmersión», el nuevo disco de Guadi Galego". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de setembro de 2019. Consultado o 25 de outubro de 2019.
- ↑ "Guadi Galego: “A cultura é un ben esencial e necesario para que as vidas da xente se sintan cheas”". Diario de Ferrol. 20 de novembro de 2020. Consultado o 20 de novembro de 2020.
- ↑ "Guadi Galego presenta su disco «O mundo está parado»". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-12-14. Consultado o 2019-02-10.
- ↑ Pardo, Miguel (17 de maio de 2018). "Guadi Galego: "Estamos pasando por un dos momentos máis duros para a lingua galega"". Praza.gal. Consultado o 18 de maio de 2018.
- ↑ Dopico, Montse (8 de novembro de 2019). "Guadi Galego presenta ‘Immersión’: un disco de “catarse emocional” para situar as linguas peninsulares “á altura dos afectos”". Praza.gal. Consultado o 16 de novembro de 2019.
- ↑ 22,0 22,1 "Guadi Galego". culturactiva.org. Consultado o 17-04-2018.
- ↑ "Rebulir 2018 reúne a grupos de España, Portugal, México y Guinea". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-02-19.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guadi Galego |