Nápoles

comuna italiana

Nápoles[1] (Napoli en italiano e Napule en napolitano) é a cidade máis poboada do sur de Italia, capital da rexión de Campania e da provincia de Nápoles, situada a medio camiño entre o monte Vesuvio e outra área volcánica, os Campos Flégreos. A cidade de Nápoles administrativa ten pouco menos dun millón de habitantes, que, unidos aos da súa área metropolitana, chegan a 3,7 millóns. Os seus habitantes reciben o xentilicio de napolitanos. É o principal porto marítimo do sur Italia e esténdese por unha área de 243 km², cunha poboación de 984.242 (2005) habitantes (a meirande do sur e a terceira maior de Italia) e ten unha densidade de poboación de 8.457 hab/km².[2]

Modelo:Xeografía políticaNápoles
Napoli (it) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°50′09″N 14°14′55″L / 40.8358, 14.2486
PaísItalia
RexiónCampania
Cidades metropolitanasCidade metropolitana de Nápoles Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación913.462 (2023) Editar o valor en Wikidata (7.674,86 hab./km²)
Lingua oficiallingua italiana Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie119,02 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porGolfo de Nápoles Editar o valor en Wikidata
Altitude17 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Neapolis (en) Traducir e Parthenope (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Evento clave
outubro de 536Siege of Naples (en) Traducir
542Cerco de Nápoles (542) (pt) Traducir
agosto de 1191Siege of Naples (en) Traducir
1437Siege of Naples (en) Traducir
marzo de 1438Siege of Naples (en) Traducir
novembro de 1441Siege of Naples (en) Traducir
agosto de 1528 (Gregoriano)Siege of Naples (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Santo padrónJanuário de Benevento (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataGaetano Manfredi (pt) Traducir (2021–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoNaples City Council (en) Traducir Circunscrición: sen valor, (Escano: 40) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal80121, 80122, 80123, 80124, 80125, 80126, 80127, 80128, 80129, 80131, 80132, 80133, 80134, 80135, 80136, 80137, 80138, 80139, 80141, 80142, 80143, 80144, 80145, 80146 e 80147 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico081 Editar o valor en Wikidata
Identificador ISTAT063049 Editar o valor en Wikidata
Código catastral italianoF839 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Gafsa (pt) Traducir
Saraxevo
Marsella Editar o valor en Wikidata../... 32+

Páxina webcomune.napoli.it Editar o valor en Wikidata
Instagram: comunedinapoli BNE: XX1045500 Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

A historia de Nápoles reflicte o crisol de culturas que conformou a urbe ao longo de case que tres milenios. Achados arqueolóxicos recentes confirman o poboamento da área da cidade incluso antes, no final do neolítico (IV milenio a.C.), e tamén foron descubertas a finais de 1943, durante a campaña de Italia (segunda guerra mundial), tumbas da Cultura de Gaudo, de finais do III milenio a.C.

Colonias gregas en territorio romano

editar

Aínda que é obxecto de controversia, puido existir un primeiro estabelecemento comercial de gregos de Rodas na pequena illa de Megaride (a poucos metros da costa, agora unida a terra, asento do Castelo do Ovo) xa no século IX a.C. O certo é que gregos de Eubea, no século VIII a.C., fundaron a colonia de Cumas (20 km ao oeste na costa do mar Tirreno) e un século despois, estableceron no 680 a.C. unha colonia de seu fronte a illa Megaride no outeiro Echia, ou Pizzofalcone, de boa defensa natural, á que chamaron Parténope,[3] polo nome dunha das tres sereas que cos seus cantos tentaron seducir a Ulises na Odisea.

 
A illa Megaride e o outeiro Pizzofalcone, lugar do nacemento de Nápoles (ao fondo da baía, o Vesuvio).

O intento dos etruscos de dominar o sur da península Italiana e o seu ataque a Cumas no 524 a.C. marcaron o final dun período de prosperidade comercial de Parténope, que mesmo foi destruída. Coa vitoria final dos gregos de Siracusa, da Magna Grecia, sobre os etruscos e a recuperación do dominio do golfo, fundouse unha nova cidade no 474 a.C., tamén por atenienses, sobre da chaira a carón de Parténope (esta redenominada Palépolis, "cidade vella"),[4][5] que recibiu o nome de Neápolis ("cidade nova"), trazada segundo unha planta hipodámica con tres rúas principais leste-oeste, coa ágora na central e a acrópole no máis elevado do ángulo noroeste e xa fortemente amurallada,[6] aínda que as murallas foron reforzadas no século seguinte.

O florecemento comercial baixo a hexemonía marítima ateniense, cun incremento de poboación ata os 30.000 habitantes, viuse ameazado polos pobos samnitas da rexión. Unha alianza coa potencia emerxente, os romanos, rematou coa incorporación das cidades xemelgas ao seu dominio no 327 a.C., inda que mantendo a súa idiosincrasia.

A bonanza da base naval continuou ata o século I a.C., pero xusto despois de lle ser concedida a cidadanía romana caeu en desgraza sucesivamente con Sila e Xulio César. A cidade entrou nun período de decadencia comercial agravada pola erupción do Vesuvio no 79 d.C. cuxos sismos a danaron, pero mantivo o prestixio da cultura grega que a convertía en atractiva para as elites do Imperio e alí tivo a súa residencia Virxilio [7].

O trazado urbano mantívose nas súas liñas principais, que serían a base da vila medieval, coa caracterización propia dunha cidade romana, con foro no canto da ágora, o templo dos Dióscuros,[8] termas, dous teatros (un deles cuberto ou odeón), acueduto, fontes e cloacas. Produciuse unha expansión progresiva cara ao porto dende o suroeste,[9] mesmo cunha ampliación das murallas en 556 d.C. polo xeneral bizantino Narsés.

Co final do Imperio e o ascenso do cristianismo apareceron os primeiros templos paleocristiáns coma o baptisterio de San Giovanni e a basílica de Santa Restituta, fundada polo emperador Constantino, que foron o xermolo ambos da primeira catedral de Neápolis.

Época medieval

editar

Despois do breve período baixo o poder dos ostrogodos, que confinaron no 476 ao último emperador Rómulo Augústulo no que fora a suntuosa vila de Lucullus, xa fortificada, na illa de Megaride, Nápoles pasou a órbita do Imperio Bizantino recuperando así a súa identidade grega, cuxa lingua volveu ser equiparada oficialmente co latín. Dende o século VII foi capital do Ducado de Nápoles que, co debilitamento do poder bizantino, rematou sendo independente no século IX. O pazo ducal sobre do antigo pretorio bizantino achábase no que sería o soar da futura universidade federicana. A cidade encheuse das moitas igrexas e mosteiros fundados neste tempo [10].

En 1139 foi conquistada polos normandos, que contaban co apoio papal, pasando a formar parte do seu Reino de Sicilia con capital en Palermo. Estes, ademais de iniciaren a fortificación definitiva do Castelo do Ovo na illa de Megaride, construíron o Castelo Capuano sobre dun anterior castrum bizantino no extremo leste da muralla e ampliaron esta inda máis ao suroeste,[11] a carón do porto, que adquiriu gran relevancia mesmo chegando a pertencer a Liga Hanseática no 1164.

En 1194, non habendo herdeiro normando, apoderouse do trono do reino o emperador do Sacro Imperio Henrique VI Hohenstaufen. O seu sucesor Federico II converteu o Castelo Capuano en residencia real e fundou en 1224 os Studi Generali, a Universidade de Nápoles, que é a universidade laica e estatal máis antiga do mundo.[12]

A capital do Reino de Nápoles

editar

No contexto das loitas entre güelfos e xibelinos, en 1266 a cidade pasou ás mans do partidario do papa, Carlos I de Anxou, que a converteu na capital dun Reino de Sicilia dividido, orixe do Reino das Dúas Sicilias do século XIX.

Os anxevinos emprenderon deseguida unha labor de ampliación e embelecemento da nova sede real. Como residencia da corte erixiron fóra das murallas e xunto ao porto (que tamén ampliaron cun gran peirao, o Molo Grande) unha nova fortaleza, o Maschio Angioino ou Castel Nuovo no 1282, onde serán invitados Boccaccio, Petrarca e Giotto. Entre o castelo e a muralla, coa nova Porta Petruccia, aparece o Largo delle Corregge, a actual Vía Medina, con pazos nobiliarios e edificios administrativos ademais de hospitais e o arsenal.

Outro castelo, o de Sant’ Elmo, sobre o outeiro do Vomero que domina a cidade, foi erixido no século seguinte. Ao seu carón áchase a Cartuxa de San Martiño.

As murallas foron refeitas na súa metade sur cunha ampliación ao sueste arredor da nova Praza do Mercado, trasladado dende o antigo foro e situado onde se erixe San Lorenzo Maggiore. Tamén dentro dos muros constrúense outras grandes igrexas: San Domenico Maggiore, Santa Chiara, con frescos de Giotto, e principalmente o Duomo, a nova catedral xunto a Santa Restituta e o baptisterio paleocristián ao leste da área do foro.[13]

 
Nápoles no fin do medievo (Tavola Strozzi, 1473): Castel Nuovo e o Molo (peirao) Grande a carón da vella cidade amurallada.

Desenvolvemento baixo o dominio español

editar
 
Castel Nuovo de Afonso I de Aragón.

En 1442 o Reino de Sicilia e Nápoles pasa ao poder da Coroa de Aragón. O humanismo renacentista vai ter un foco na corte de Afonso I quen refai o Castel Nuovo erixindo novas torres e cun magnífico arco triunfal de acceso.[14] Un novo recinto de murallas esténdese ata o castelo abarcando xa a área do Largo delle Corregge.[15] A poboación comeza a medrar por mor dunha inmigración continuada e acada os 110.000 habitantes cara a finais do século.

Nos dous séculos seguintes, baixo o goberno dos vicerreis do Imperio Español, Nápoles mantivo a tendencia de forte crecemento económico e de poboación que a levaron a se converter nunha das maiores cidades de Europa, con 300.000 habitantes, só por detrás de París e Londres. Tamén no cultural continuou a súa ascensión, con nomes coma os de Caravaggio e Ribera o "Spagnoletto", Giordano Bruno, T.Campanella ou Giambattista Vico asociados á Nápoles deste tempo.

 
Nápoles no século XVI.

O vicerrei Pedro Álvarez de Toledo (1532-1553) foi o artífice da cidade na nova época. Abriu a área urbana cunha nova expansión ao oeste da muralla, con bastións renacentistas, incrementando nun terzo a superficie arrodeada, ata o Castelo Sant’ Elmo, tamén refeito, e o Castelo do Ovo. Coma espiña dorsal da ampliación edificouse unha rúa rectilínea, chamada Vía Toledo na honra do vicerrei, que co tempo foi flanqueada por pazos, que, tanxente á vila medieval (de feito sobre o muro aragonés), serviu de base para a densa extensión reticular coñecida coma os Quartieri Spagnoli ("barrios españois"), en principio para aloxar ás tropas.[16][17][18] Ademais da pavimentación de rúas e a ampliación considerable dos arsenais erixiuse, no comezo da Vía Toledo preto do Castel Nuovo, o pazo do vicerrei onde no século seguinte se erixiría o futuro Pazo Real.[19]

En efecto, no 1600 por encargo do entón vicerrei Fernando Ruiz de Castro Andrade, Conde de Lemos, e con proxecto de Domenico Fontana comezou a obra que vai configurar un dos puntos focais da cidade moderna. Entre a Vía Toledo e o mar, enfrontando o outeiro Pizzofalcone, a fachada porticada do pazo real abriuse a occidente nun novo espazo público nomeado daquela Largo di Palazzo.[20][21][22] No canto dun proxecto tamén de Fontana para ampliar o porto cun segundo gran peirao, que non foi posto en funcionamento ata o século XIX, a fronte costeira por baixo do pazo foi acondicionada coma porto militar co arsenal do vicerrei no 1578 e unha dársena no 1666.

Capital borbónica

editar

No século XVIII a cidade vai seguir crecendo cara ao oeste, pola vía Chiaia que parte do Largo di Palazzo rodeando Pizzofalcone, ata o barrio burgués de Chiaia na ribeira; e tamén cara ao norte, co barrio popular ao pé do outeiro de Capodimonte.[23]

Antes de acceder ao trono español, Carlos III de Borbón era monarca dun Reino de Nápoles novamente independente trala Guerra de Sucesión Española e un breve período de goberno austríaco. Coma despois en Madrid, tamén foi un bo "alcalde" para Nápoles. Baixo o seu goberno a cidade acadou o seu cénit como capital europea.[24]

O rei freou a extensión dos bens eclesiásticos e desconxestionou a cidade abatendo parte das murallas. Construíu o xigantesco Albergue de Pobres e a Vila Real de Capodimonte na expansión da cidade cara ao norte.[25][26] mentres no conxunto do xa Pazo Real acaroou o Teatro de San Carlo [27]. Asemade impulsou as escavacións arqueolóxicas de Herculano e Pompeia que deron nacemento ao Neoclasicismo e á fundación polo seu sucesor do Museo Arqueolóxico.

 
Praza do Plebiscito cara ao outeiro Pizzofalcone; de diante S.Francisco de Paula e a columnata en exedra.
 
Praza do Plebiscito cara a V. Toledo o Pazo Real á dereita, Pazo da Prefectura en fronte e Castelo Sant’ Elmo no Vomero.

Foi no breve período de ocupación napoleónica, de 1805 a 1815, cando o Largo di Palazzo foi reorganizado coma unha verdadeira gran praza e centro representativo da capital, o Foro Murat, actual Praza do Plebiscito: un monumental hemiciclo columnado coa posterior igrexa de San Francisco de Paula, de estilo neoclásico segundo o Panteón de Roma, coma centro fronte á fachada do Pazo Real.[28][29] Noutro extremo da vila, o amplo baleiro da Praza do Mercado medieval fora reordenado xa a finais do século XVIII cunha proposta semellante inda que a escala moi modesta. Tamén de época napoleónica foi a continuación do eixo de Vía Toledo cara ao norte dende o Museo Arqueolóxico ata Capodimonte, chamada Corso Bonaparte.

O saneamento de Nápoles: os sventramenti

editar

No final do período borbónico, xa como Reino das Dúas Sicilias, houbo unha labor de modernización, co primeiro ferrocarril italiano en 1839, o novo gran peirao no porto, o Molo de San Vicenzo, a reconstrución do Teatro San Carlo na Praza Trieste e Trento adxacente á do Plebiscito, e unha incipiente industrialización coa cerámica de Capodimonte, que continuou xa dentro do Reino de Italia despois de 1860. As insalubres condicións do centro histórico levaron ao Plan de Risanamento ("resaneamento"), de 1885 a 1914, cuxos obxectivos non foron acadados, pois houbo moita especulación, con inxentes destrucións do patrimonio, os chamados sventramenti ("desventramentos, destripamentos"), e unha manifesta división clasista da cidade.

 
Galería Umberto I.
 
O Teatro S.Carlo e a entrada da galería dende a Praza Trieste e Trento.

Así no trazado consolidado abríronse novas estradas para desconxestionar o vello tecido: a Vía Duomo, no trazado grecorromano, e o Corso Umberto I, dende a Praza Garibaldi diante da estación ao leste ata a zona do Castel Nuovo.[30]. Outras arterias permitiron a expansión de novos barrios: o Corso Vittorio Emanuele, rodeando a cidade polo oeste ao pé dos outeiros, facilitou o desenvolvemento dos burgueses barrios de Vomero e Chiaia, coa ribeira entre Pizzofalcone e Mergellina.[31]. No leste, arredor da estación, nunha zona de sempre pantanosa, foron implementados os novos barrios obreiros, Vicaria, Arenaccia e Zona Industriale.[32]

Finalmente, na área nobre da urbe, foi reordenada a Praza Municipio, a carón do Castel Nuovo e o concello [33] e construída a monumental Galería Umberto I fronte ao Teatro San Carlo [34]. Na ribeira leste do Pizzofalcone, xunto ao Castelo do Ovo, en terreos gañados ao mar foi edificado o pequeno Borgo de Santa Lucía.[35][36]

Século XX

editar

No século XX Nápoles vai quedar relegada ao papel de capital do sur de Italia, o Mezzogiorno, converténdose con diferenza na zona máis atrasada do país, cunha emigración endémica e arraigados problemas de crime organizado que infiltran a vida civil e política.

O desenvolvemento da cidade continuou da man da importancia do seu porto, que experimentou unha constante expansión cara ao leste.[37] Durante o período fascista, precisamente co gallo das ambicións imperialistas do ditador, a cidade foi elixida para a construción da Mostra d’Oltramare (1937), un parque feiral permanente na periferia oeste, en Fuorigrotta, nos Campos Flégreos.

Nápoles resultou moi danada na segunda guerra mundial e a recuperación posterior foi lenta e chea de ilegalidades que incrementaron a conxestión. Dende os anos sesenta o plan de Kenzo Tange para un centro de negocios ao leste da estación que revitalizase a zona e tamén toda a cidade non foi posto en funcionamento ata os anos noventa (Centro Direzionale [38]), e simboliza a esperanza de futuro da vella Neápolis [39].

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para napolitano.
  2. Informe da ONU sobre aglomeracións urbanas (2005), (inglés).
  3. Recreación hipotética de Parténope sobre o Pizzofalcone; á dereita, Megaride [1] Arquivado 21 de decembro de 2010 en Wayback Machine.
  4. Planta de situación de Megaride, Parténope e Neápolis, cos barcos descubertos no porto grecorromano [2] Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
  5. Recreación de Palépolis (Parténope) e Neápolis no golfo co Vesuvio de fondo [3] Arquivado 21 de decembro de 2010 en Wayback Machine.
  6. "Planta de Neápolis sobre da cidade moderna; (C) a acrópole ". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2006. Consultado o 01 de marzo de 2011. 
  7. "Planta de Neápolis en época romana; B.Capasso". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 22 de novembro de 2019. 
  8. Páxina sobre da Neápolis grecorromana; Giulia Grassi
  9. "Recreación a vista de paxaro da cidade grecorromana". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 01 de marzo de 2011. 
  10. Mapa interactivo de Nápoles con información pormenorizada da época medieval [4]
  11. "Mapa de Nápoles no século XI; B.Capasso". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 22 de novembro de 2019. 
  12. Università degli Studi di Napoli - Federico II
  13. Conxunto do Duomo coa catedral gótica a carón dos templos paleocristiáns, á esquerda [5]
  14. Vista en contrapicado do acceso a Castel Nuovo baixo o arco triunfal [6]
  15. Planta de Nápoles coas murallas aragonesas; nótese na cidade vella os recintos das grandes igrexas medievais (rentes dos tres decumanos do trazado inicial) e a Praza do Mercado no extremo inferior dereito [7] Arquivado 03 de outubro de 2016 en Wayback Machine.
  16. ". Traza dos Quartieri Spagnoli". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 22 de novembro de 2019. 
  17. Vista de Nápoles cos Quartieri Spagnoli apoiados na Vía Toledo, entre a zona do Largo delle Corregge e o Castelo Sant’ Elmo xunto a Cartuxa de S.Martiño no Vomero[8] Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
  18. Idem detalle
  19. "O Pazo Vicerreinal ao comezo da Vía Toledo; Lafrey 1566, detalle". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 22 de novembro de 2019. 
  20. Traza do século XVII coa área do Largo di Palazzo e o aínda novo Pazo Vicerreinal; nótese o desenvolvemento en ámbolos dous flancos de Vía Toledo [9] Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
  21. "Vista do Largo di Palazzo cara á Vía Toledo". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 22 de novembro de 2019. 
  22. "Idem noutra vista, L.Coccorante 1739". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2014. Consultado o 05 de marzo de 2011. 
  23. "Mapa de Nápoles co desenvolvemento do s.XVIII". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2013. Consultado o 05 de marzo de 2011. 
  24. "Real Casa de Borbón de las Dos Sicilias". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2009. Consultado o 25 de setembro de 2014. 
  25. Planta de Nápoles de 1790; no extremo norte o grande edificio do Albergo dei Poveri e o Pazo de Capodimonte [10]
  26. Vista de Nápoles dende o leste: o Pazo di Capodimonte no centro arriba, a longa fachada do Albergue (354m) a media ladeira á dereita; Tavola Duca di Noja 1775 [11] Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
  27. Planta da área do Pazo Real no século XVIII xa co Teatro de San Carlo Arquivado 31 de agosto de 2021 en Wayback Machine.; nótese o arsenal vicerreinal e a dársena militar do XVII.
  28. Planta do conxunto da Praza do Plebiscito: pechando os laterais foron erixidos dous pazos de fachadas simétricas entre finais do XVIII e 1825 [12] Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
  29. Vista aérea do conxunto da Praza do Plebiscito
  30. Planta de detalle do trazado do Corso Umberto I 8coñecido coma Rettifilo) [13] Arquivado 11 de marzo de 2012 en Wayback Machine.
  31. Planta de Nápoles coas actuacións na ribeira (tamén trazado do Corso Umberto I e pódese apreciar a perpendicular da Vía do Duomo) [14] Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
  32. "Mapa do Plan de Risanamento de Nápoles cos novos barrios". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2014. Consultado o 20 de marzo de 2011. 
  33. "de época da Praza Municipio". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2013. Consultado o 02 de xullo de 2013. 
  34. Fotografía dende a Praza Trieste e Trento das fachadas enfrontadas da Galería Umberto I (esquerda) e do Teatro San Carlo; ao fondo Castel Nuovo [15]
  35. Planta da zona de Pizzofalcone co novo Borgo de Santa Lucía
  36. Mapa detallado do centro de Nápoles, 1893
  37. "Planta do Porto de Nápoles". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2012. Consultado o 28 de marzo de 2013. 
  38. "Variantes do Plano Xeral de 1939 (base do de 1958) ". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2006. Consultado o 27 de xullo de 2013. 
  39. Vista aérea do porto de Nápoles cos rañaceos do Centro Direzionale enriba das vías no centro da imaxe [16]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar