Poema en catro tempos
Poema en catro tempos é unha obra de poesía de Eduardo Blanco Amor publicada en Buenos Aires (Arxentina) en 1931[1]. Foi reeditada por Galaxia en 1980 en Poemas galegos.[2]
Poema en catro tempos | |
---|---|
Autor/a | Eduardo Blanco Amor |
Lingua | Lingua galega |
Xénero(s) | Poesía |
Data de pub. | 1931 |
[ editar datos en Wikidata ] |
En 2000 presentouse en Ourense unha edición de luxo con gravados de Correa Corredoira[3] (175 exemplares numerados[4])
Características
editarO autor explicoulle a Carlos Casares como xurdiu a obra[5]:
"Por aquel entón fixen a miña primeira experiencia do mar. Era un mes de novembre de moi mal tempo e embarqueime no "Norita", matrícula de Baiona, e alá fun baixo o patronato pesqueiro do tío Nartallo "O Puto", de setenta anos. "Puto" quere decir no linguaxe usual de aquela xente, "listo","asisado", "agudo", deses que son capaces de albiscar a pesca coma o tacto. No outro extremo do rol figuraba Pepiño, rapaz de abordo, que por aí tería uns trece anos. Algúns dos compañeiros daquela xeira, moi poucos meses despois, embarcados nun pesqueiro de Bouzas, morreron afogados."
Esa "experiencia do mar" lembra De catro a catro de Manuel Antonio, polas afinidades no tema e no título.[6]
Está escrito en forma de sinfonía, ten elementos vangardistas, unha tradición romántico-simbolista que considera a música como a arte por excelencia.
1º movemento: Adagio sostenuto
editarO adagio é un ritmo musical lento e o sostenuto indica que se empregan notas cun semitón máis alto que as que corresponden ao adagio.
- Comunión: imaxes musicais e pictóricas nas que a natureza estáhumanizada coma no hilozoísmo.
- Sino: predominan os hendecasílabos, ritmo lento, de adagio. Imaxes hilozoístas.
2º movemento: Scherzo adagio
editarO scherzo corresponde a un movemento vivo e gracioso.
- Mascato: rtimo curto e vivo, exclamacións. Elementos vangardistas.
- Ardora: noite, faenas do mar, ritmo lento, imaxes hilozoístas.
3ª movemento: Presto
editarO presto ten un só poema:
- Temporal: ritmo rápido, a treboada vaise achegando, a traxedia consúmase.
4º movemento: Andante maestoso
editarO andante maestoso ten un ritmo lento, nobre e maxestoso, é unha marcha fúnebre solemne.
- Marcha fúnebre: Blanco Amor comentoulle a Carlos Casares[5]:
"O poema é unha especie de estilización moi literaria, máis incapaz de encubrir cos seus artificios estéticos o latexar de cariño e de protesta que collen dende o agoiro do que nace pra a morte, anunciada no primeiro movemento, que se titula "Comunión", e consumado no cuarto, que é unha marcha fúnebre que se me ocurríu esactamente no Teatro Colón de Buenos Aires, vendo o Enterro de Sigfrido por unha gran compañía de Weimar."
Segundo Carlos L. Bernárdez: Poema en catro tempos conxuga a autenticidade da expresión vivida co tema poético a través dunha base musical que axusta ritmo e estrofas aos tempos, nunha estreita relación de contido, métrica e ritmo.[6]
Para o Diccionario da literatura galega[7]:
"elexía á morte dun pescador, insólita no noso panorama, orquestada á maneira dunha sinfonía, que exalta a entrega ó traballo e mitifica tanto o espacio, o mar, ámbito das transformacións e da plenitude das formas cósmicas, coma os protagonistas, os mariñeiros."
Notas
editar- ↑ "Ficha da obra". bvg.udc.es. Consultado o 2019-08-26.
- ↑ Blanco Amor, Eduardo (1980). Poemas galegos. Dombate. Galaxia. ISBN 84-7154-378-8.
- ↑ García, Jesús Manuel (2000-06-09). "Publicado en edición de lujo el «Poema en catro tempos» de Blanco Amor". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2019-08-26.
- ↑ "«POEMA EN CATRO TEMPOS « DE EDUARDO BLANCO AMOR". Galería Ansoar (en castelán). Consultado o 2019-08-26.
- ↑ 5,0 5,1 Casares, Carlos (1973). "Leria con Eduardo Blanco-Amor". Grial (41): 339.
- ↑ 6,0 6,1 "Blanco-Amor poeta, entre a tradición e a renovación", análise de Carlos L. Bernárdez.
- ↑ Vilavedra, Dolores (Coord) (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Autores. Ed. Galaxia. p. 80. ISBN 84-8288-019-5.