Portal de Bután

Bután (en dzongkha: འབྲུག་ཡུལ་; Druk Yul), oficialmente o Reino de Bután (en dzongkha: འབྲུག་རྒྱལ་ཁབ་; Druk Gyal Khap), é unha nación pequena e montañosa do sur de Asia, localizada na cordilleira do Himalaia oriental, entre a India e a China. Fai fronteira coa Rexión Autónoma do Tíbet da China polo norte, co estado indio de Sikkim e o val de Chumbi do Tíbet polo oeste, co estado indio de Arunachal Pradesh polo leste, e cos estados de Assam e Bengala Occidental polo sur. Bután atópase xeopoliticamente no sur de Asia e é a segunda nación menos poboada do continente, despois das Maldivas. Thimphu é a capital e a meirande cidade, mentres que Phuntsholing é o centro financeiro.

A independencia de Bután mantívose durante séculos e non foi colonizado nunca ó longo da súa historia. No século XVII estabeleceuse en Bután unha teocracia budista. En 1865, Gran Bretaña e Bután asinaron o Tratado de Sinchulu, baixo o cal Bután recibiría un subsidio anual a cambio de ceder algo de fronteiras. Baixo a influencia británica, estabeleceuse unha monarquía en 1907; tres anos despois, asinouse un tratado onde os británicos acordaron non interferiren nos asuntos internos butaneses e Bután permitiu a Gran Bretaña dirixir os seus asuntos exteriores. Este rol foi asumido pola India independente logo de 1947. Dous anos despois, un acordo formal indo-butanés devolveu as áreas de Bután anexadas polos británicos, formalizou os subsidios anuais que recibira o país, e definiu as responsabilidades da India na defensa e relacións exteriores.

Artigo destacado

editar

A lingua dzongkha (རྫོང་ཁ་; transliterado: rdzong-kha, Dzongkha), ocasionalmente Ngalopkha ("lingua do pobo ngalop"), é a lingua nacional de Bután. A palabra "dzongkha" significa a lingua (kha) falada en dzong "fortalezas". A arquitectura dzong a xeito de fortalezas é característica dos mosteiros creados a través de Bután polo seu unificador, Ngawang Namgyal, o primeiro Zhabdrung Rinpoche, no século XVII.
Lugar de interese

editar

O aeroporto de Paro (IATA: PBHOACI: VQPR) é o único aeroporto internacional dos catro que existen no Reino de Bután. Está situado a 6 quilómetros de Paro, nun profundo val na ribeira do río Paro Chhu. Con montes aos seus arredores de ata 5 500 m, está considerado un dos aeroportos máis desafiantes do mundo, e só un selecto número de pilotos está certificado para aterrar nel. Os voos en Paro só se permiten baixo condicións meteorolóxicas visuais e están restrinxidos ás horas nas que hai luz do día. Ata o ano 2011 o de Paro foi o único aeroporto do país.

Artigos de calidade (0)

Artigos bos (0)

Imaxe destacada

editar

Punakha Dzong
Vexa o artigo de Punakha Dzong.


...Arquivo
Biografía destacada

editar

Jigme Khesar Namgyel Wangchuck (en dzongkha: འཇིགས་མེད་གེ་སར་རྣམ་རྒྱལ་དབང་ཕྱུག་) (nado en 1980) é o actual rei de Bután. É o primoxénito do anterior monarca butanés Jigme Singye Wangchuck e da terceira esposa deste, Ashi Tshering Yangdon Wangchuck. A súa sucesión produciuse pola abdicación daquel o 14 de decembro de 2006. O Rei ten unha irmá e un irmán menores, catro medio irmás e tres medio irmáns.
Sabías que...?

editar

Cinema en Thimphu.

  • ...que Bután ten unha pequena pero emerxente industria do cinema que comezou a medrar a mediados dos anos 90?


...Arquivo
Portais relacionados
Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons

Wiktionary
Wiktionary

no Galizionario