Saltar ao contido

Age of Mythology

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Age of Mythology
Desenvolvedor(es)Ensemble Studios
Distribuidora(s)Microsoft Game Studios
Director(es)Tony Goodman
Produtor(es)David Rippy
Deseñador(es)Ian F. Fischer
Bruce Shelley
Artista(s)Lance Hoke
Compositor(es)Stephen Rippy
Kevin McMullan
Lanzamento2002
XéneroEstratexia en tempo real
Modos de xogoUn xogador e multixogador
Clasificación PEGI
USK
Plataforma(s)Microsoft Windows,[1]
macOS
Na rede
Páxina oficial
editar datos en Wikidata ]
Para a serie de videoxogos, vexa Age of Empires.

Age of Mythology (comunmente abreviado como AoM) é un videoxogo para PC de estratexia en tempo real en base mitolóxica desenvolvida por Ensemble Studios e publicada por Microsoft Game Studios. Lanzado ó mercado o 1 de novembro de 2002 nos Estados Unidos e unha semana máis tarde en Europa. O xogo ten unha expansión coñecida como Age of Mythology: The Titans.

Forma parte da saga de videoxogos Age of Empires. Age of Mythology está inspirado nos mitos e lendas dos gregos, exipcios e nórdicos. Porén, moitos elementos do xogo son semellantes ós outros videoxogos de Age of Empires. As campañas están baseadas no almirante da Atlántida Arkantos, o cal se ve obrigado a viaxar polas terras das tres culturas do xogo á caza dun ciclope que se aliou con Poseidón en contra da Atlántida.

Opcións do xogo

[editar | editar a fonte]

O xogo permite xogar individualmente (escenarios individuais), contra outros opoñentes vía Internet ou superar tódolos niveis dunha campaña. Nesta campaña, o heroe Arkantos, nado na Atlántida, terá que partir da súa patria por perder o favor dos deuses. Emprenderá unha aventura que o levará á Guerra de Troia, a recuperar as reliquias do deus exipcio Osiris e visitar o inframundo a fin de vencer ó principal antagonista do xogo (Gargarensis). Arkantos acada a inmortalidade como premio pola súa xesta.

  1. "System Requirements". Microsoft Game Studios. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007. Consultado o 4 de outubro de 2007. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]