Age of Mythology
Age of Mythology | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Ensemble Studios |
Distribuidora(s) | Microsoft Game Studios |
Director(es) | Tony Goodman |
Produtor(es) | David Rippy |
Deseñador(es) | Ian F. Fischer Bruce Shelley |
Artista(s) | Lance Hoke |
Compositor(es) | Stephen Rippy Kevin McMullan |
Lanzamento | 2002 |
Xénero | Estratexia en tempo real |
Modos de xogo | Un xogador e multixogador |
Clasificación | PEGI USK |
Plataforma(s) | Microsoft Windows,[1] macOS |
Na rede | |
Páxina oficial | |
[ editar datos en Wikidata ] |
- Para a serie de videoxogos, vexa Age of Empires.
Age of Mythology (comunmente abreviado como AoM) é un videoxogo para PC de estratexia en tempo real en base mitolóxica desenvolvida por Ensemble Studios e publicada por Microsoft Game Studios. Lanzado ó mercado o 1 de novembro de 2002 nos Estados Unidos e unha semana máis tarde en Europa. O xogo ten unha expansión coñecida como Age of Mythology: The Titans.
Forma parte da saga de videoxogos Age of Empires. Age of Mythology está inspirado nos mitos e lendas dos gregos, exipcios e nórdicos. Porén, moitos elementos do xogo son semellantes ós outros videoxogos de Age of Empires. As campañas están baseadas no almirante da Atlántida Arkantos, o cal se ve obrigado a viaxar polas terras das tres culturas do xogo á caza dun ciclope que se aliou con Poseidón en contra da Atlántida.
Opcións do xogo
[editar | editar a fonte]O xogo permite xogar individualmente (escenarios individuais), contra outros opoñentes vía Internet ou superar tódolos niveis dunha campaña. Nesta campaña, o heroe Arkantos, nado na Atlántida, terá que partir da súa patria por perder o favor dos deuses. Emprenderá unha aventura que o levará á Guerra de Troia, a recuperar as reliquias do deus exipcio Osiris e visitar o inframundo a fin de vencer ó principal antagonista do xogo (Gargarensis). Arkantos acada a inmortalidade como premio pola súa xesta.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "System Requirements". Microsoft Game Studios. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007. Consultado o 4 de outubro de 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Grecia antiga |