Saltar ao contido

Basilán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBasilán
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 7°N 122°L / 7, 122
EstadoFilipinas
RexiónBangsamoro Editar o valor en Wikidata
CapitalLamitan (pt) Traducir (2016–) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación426.207 (2020) Editar o valor en Wikidata (321,13 hab./km²)
Número de fogares73.419 (2020) Editar o valor en Wikidata
Lingua usadalíngua yakan (pt) Traducir
Chavacano
Língua tausug (pt) Traducir
Balangingih Sama (en) Traducir
Central Sama (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie1.327,23 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Cronoloxía
16 de xuño de 1948Cidade das Filipinas (pt) Traducir
27 de decembro de 1973Provincia de Filipinas Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Governor of Basilan (en) Traducir Editar o valor en WikidataHadjiman S. Hataman-Salliman (en) Traducir (2016–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal7300–7306 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico62 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2PH-BAS Editar o valor en Wikidata

Páxina webbasilan.gov.ph Editar o valor en Wikidata
BNE: XX6169249

Basilan (en chavacano: Provincia de Basilan) é unha illa provincia de Filipinas na Rexión Autónoma do Mindanao Musulmán. A illa de Basilán é a máis grande e máis setentrional das illas principais do arquipélago de Sulu. Atópase xusto á beira da costa sur da península de Zamboanga. Isabela City, é unha cidade de Basilán, pero adminístrase como parte da rexión da Península de Zamboanga (Rexións de Filipinas). A súa capital transferiuse á Lamitan City (cidade de Lamitan).[1][2]

Basilan é o fogar de tres principais nacións etnolingüísticas nativas da provincia antes da chegada doutras nacións etnoguísticas migrantes, a indíxena yakan, e máis tarde chegaro os pobos Tausug, e Zamboangueño. Os yakans e tausugs son predominantemente musulmáns, mentres que os zamboangueños son principalmente cristiáns. Hai tamén un número de nacións máis pequenas. O idioma principal é o Yakan e a lingua franca é o Chavacano (lingua creoula do español), pero outros idiomas están ben representados, incluíndo o Tausug, Cebuano e Samal.

Basilán, aínda que clasificada como unha provincia de terceira clase en termos de ingresos brutos provinciais, ten un dos índices máis baixos de pobreza en Filipinas (26´19% da poboación xeral), ocupando o posto 20 entre as 80 provincias de Filipinas (en comparación, Maguindanao que ocupa o último lugar no número 80 ten unha incidencia de pobreza do 44´24%). A brecha entre os residentes ricos e pobres de Basilán está entre o máis estreito do país (clasificado terceiro en todo o país), sinalando unha das distribucións máis equitativas da riqueza en calquera parte do país (coeficiente de Gini 0´2826, que é levemente mellor que o das Provincias de Pampanga, Bulacan, Nuevava Ecija, Tarlac, Cavite, Batanes e Batangas).

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Basilán en Mindanao, Filipinas (Rexións IX, X, XII e ARMM)

A illa está bordeada polo Estreito de Basilán ao norte, o Mar de Sulu ao noroeste e ao oeste, o Golfo Moro ao nordés e o Mar de Célebes ao sur, sueste e leste.

Basilán é a illa máis grande e máis setentrional do arquipélago de Sulu entre as illas Filipinas de Mindanao e Borneo que inclúe preto de 400 illas. O estreito de Basilán, preto do seu punto máis estreito, separa a illa de Basilán do continente de Mindanao e a cidade portuaria de Zamboanga. O terreo da illa é simple, con varias pendentes onduladas concentradas ao redor da cidade de Isabela ao longo das zonas costeiras e accidentada cara ao interior. As áreas urbanas teñen normalmente 2´5 m. sobre o nivel do mar e suavemente inclinadas con 300 m cara ao interior. zonas de madeira e vexetación forestal distribúese máis ou menos uniformemente por todas partes.

Mapa topográfico de Basilán e as illas periféricas
Mapa topográfico de Basilán e as illas periféricas

A provincia abarca a illa de Basilan, e todas as illas próximas da costa, xunto co grupo de illas de Pilas (agora concello de Hadji Muhtamad) ao oeste da illa, e os grupos de illas de Bubuan e de Tapiantana (agora concello de Tabuan-Lasa) no sur. Estas se enumeran entre as illas filipinas cun risco moderado de ser golpeadas por tsunamis. A provincia ten unha superficie de 132.723 ha. baixo a súa xurisdición. A illa de Basilán ten unha superficie de 1265´5 km² e un litoral de 169´8 km.[3]

O Parque Nacional de Basilán atópase na parte oriental do bosque público restante entre a cidade de Isabela e os municipios de Lamitan, Tipo-Tipo e Sumisip. O parque ten unha elevación de 971 m. sobre o nivel do mar, e o pico máis alto, Puno Mahaji ou Basilan Peak, domina a paisaxe do parque.

Datos climáticos para Basilan, Filipinas
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 39 42 37 41 37 42 40 38 41 37 37 38 42
Media máxima en °C 28 27 27 28 28 28 28 27 28 27 27 27 27
Media mínima en °C 24 23 23 24 24 25 24 24 24 24 24 23 23
Temperatura mínima en °C 17 17 20 13 21 20 17 21 15 13 21 20 13
Precipitación media cm 4 5 4 5 9 12 13 12 13 16 11 8 119
Fonte: Weatherbase[4]

O clima é similar a outras áreas na península de Zamboanga. A precipitación media anual é 1.100 mm e a temperatura media anual é de 26´6 °C. A fonte das precipitacións é o monzón do suroeste e a localización da illa na zona de converxencia intertropical. O clima clasifícase como clima tropical seco e húmido ou Aw usando o sistema da clasificación do clima de Köppen.

Basilán está fóra do cinto dos tifóns. Os ventos prevalecentes son do suroeste cunha velocidade de 4 km/h.

De marzo a maio é quente e seco, cunha media de temperatura de 22 °C. De xuño a outubro é chuvioso. De novembro a febreiro é fresco, con temperaturas que van desde os 22 °C aos 28 °C. A humidade media durante todo o ano é do 77%.

As vellas praza Rizal e praza Misericordia, fronte á catedral de Sta. Isabel, a antiga casa consitorial (Capitolio Provincial atópase sobre o outeiro ao fondo.

Varias vagas de Negritos e antigas migracións chinesas poboaron Filipinas. O pobo Yakan chegou á zona do arquipélago de Sulu, da cal Basilán forma parte, ao redor de 300 adC a 200 adC. Pouco se sabe deles antes da época da colonización española, pero aínda forman o grupo étnico máis grande na illa principal de Basilán.

A medida que o pobo de Tausug creceu no poder, os Yakans retiráronse cara ao interior, ata que a maioría das comunidades costeiras ao longo das costas do sur, oeste e noroeste da illa foron habitadas principalmente por Tausugs e as súas tribos vasallas, os Samals e Bajaus (Tau-Laut). A única excepción foron as relativamente prósperas comunidades Yakan de Lamitán.

A primeira vez que Basilán chamou a atención europea foi ao destacarse polos restos da expedición de Fernando de Magalláns en 1521. Foi colonizada eventualmente polos españois en 1636 e foi cedida formalmente polo sultanato de Sulu a España en 1726. a retirada dos Yakans cara ao interior foi acelerada polo establecemento de bases avanzadas españolas na costa noroeste da illa, traendo indios cristianizados de Zamboanga, Visayas e Luzón. Para entón, incluso as comunidades Yakan de Lamitan foron completamente invadidas. Os misioneiros da Compañía de Xesús levaron o catolicismo á rexión. Loitando co Sultanato, a Compañía Holandesa das Indias Orientais, piratas moros, e os franceses figuraron na historia de Basilán cos anos.

Coa súa vitoria na Guerra hispano-estadounidense de 1898, os Estados Unidos apoderáronse de Filipinas. Os americanos procederon a 'pacificar' Basilán, despexaron grandes extensións de terra e estableceron plantacións, principalmente para producir caucho e copra.

Logo da ocupación xaponesa do país durante a segunda guerra mundial, en 1946, Filipinas logrou a súa independencia. Comezando ao redor de 1970, estalaron fortes combates entre o goberno filipino e a Fronte Moura de Liberación Nacional, que estaba decidido a separarse e formar un novo país.

Entón o presidente Marcos fixo de Basilán unha provincia en 1973. Uniuse á Rexión Autónoma do Mindanao Musulmán en 2001, a última provincia en facelo. A súa capital anterior, a cidade de Isabela, con todo, optou por quedar fóra e segue sendo unha parte da rexión da península de Zamboanga (anteriormente Mindanao occidental, rexión 9).

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11/08/2017. Consultado o 09/09/2017. 
  2. http://www.philstar.com/nation/2016/02/28/1557698/armm-put-new-basilan-capitol
  3. "Islands of Philippines". Island Directory. United Nations Environment Programme. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2019. Consultado o 20 de agosto de 2014. 
  4. "Weatherbase: Historical Weather for Basilan, Philippines". Weatherbase. maio 2011. Consultado o 21 de xaneiro de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]