Diabetes
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xullo de 2017) |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A diabetes é un grupo de enfermidades caracterizadas por unha excesiva secrección de urina (poliúria), así como por sede (polidpsia) e fame (polifaxía) intensas.
O termo diabetes emprégase en dous tipos de enfermidades bastante diferentes:
A máis común é a Diabetes mellitus que inclúe a diabetes tipo 1 (diabetes infantil), a tipo 2 (inicio en adulto) e a diabetes xestacional (diabetes durante a gravidez), e outra menos común que é a diabetes insípidus.
- Artigo principal: diabetes mellitus.
Día Mundial da Diabetes
[editar | editar a fonte]Celébrase o 14 de novembro, data na que naceu Frederick Banting, quen descubriría a insulina en 1921. A celebración foi promovida pola Federación Internacional da Diabetes e mais a Organización Mundial da Saúde en 1991, preocupados polo alarmante aumento dos casos de diabetes no mundo. Pero non foi ata 2006 cando a ONU aprobou a Resolución que establecía esa data para celebrar o Día Mundial da Diabetes [1].
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |